gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 13°
10°
Luns 13°
10°
Martes 13°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. RUTAS
  3. Ruta dos Faros

Ruta dos Faros

Ruta dos Faros

Seaia

As illas Sisargas son un dos atractivos da ruta

Seiruga

Porto de Barizo

Punta Nariga, o faro da primeira etapa do Camiño dos Faros pola Costa da Morte

Ultimate Responsive Image Slider Plugin Powered By Weblizar

O Camiño dos Faros percorre a Costa da Morte á beira do mar desde Malpica ata Fisterra. A paisaxe é espectacular entre dunas, praias, acantilados e, por suposto, faros. Esta ruta de sendeirismo comeza en Malpica e faise en 8 etapas ata chegar ao faro de Cabo Fisterra.

A primeira etapa da Ruta dos Faros percorre parte do litoral malpicán, desde o pequeno faro do porto ata a praia de Niñóns (xa no concello de Ponteceso). O camiño atravesa as estreitas rúas e o paseo marítimo ata Santo Hadrián, cunha boa panorámica da vila que deixas atrás e das illas Sisargas. Desde aquí, os sendeiristas pasarán polas praias de Seaia, Beo, Seiruga e Barizo antes de comezar o tramo máis difícil, que os levará ata o faro de punta Nariga, construído en perfecta harmonía coa paisaxe. A contorna de Nariga é máxica, con formacións rochosas que deixan paso á imaxinación.

O final da etapa discorre por un tramo complicado, que guía aos camiñantes ata a praia de Niñóns, pasando pola enseada do Lago.

Punto de inicio

Porto de Malpica: 43.323830, -8.807452

Punto final

Niñóns: 43.295922, -8.905677

Dificultade

Media

Distancia

22 km

Tempo

9h 30 min (a pé, paso moderado)