gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 13°
10°
Martes 12°
Mércores 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. LUGARES PARA VISITAR
  3. Dolmen Pedra da Arca

Dolmen Pedra da Arca

Dolmen Pedra da Arca

Ultimate Responsive Image Slider Plugin Powered By Weblizar

Pedra da Arca data do período en entre o 3500 e o 2700 a. de C., a fase de máximo esplendor da cultura megalítica. Aínda se conserva parte da mámoa (terra que recubría o dolmen), na que se aprecian os restos dunha coiraza de pedras.

É un dos dolmens máis grandes de Galicia, con cámara poligonal e corredor orientado cara ao leste. Consta dunha pedra de cuberta, que está partida á metade (o negativo do barreno aínda é visible no centro da liña de fractura) e seis chantos verticais que lle serven de soporte.

A cuberta ten unha lonxitude de 4 metros por un ancho de 1’80 metros, cun grosor medio de 70 cm. En canto aos chantos, o máis alto mide 2’5 metros por 1’90 metros de ancho e o máis pequeno, 1’90 metros de alto por 1 metro de ancho.

Se es máis de lendas e de misterio, has de saber que a tradición conta que unha moura construíu Pedra da Arca. Fíxoo carrexando as pedras na cabeza mentres fiaba e daba de mamar a un neno.