gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
10°
Martes 14°
Mércores 14°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. Barizo

Barizo

Praia de Barizo

 

Esta é a última praia do concello de Malpica antes de chegar a Ponteceso e encontrarte coa de Niñóns. Dista pouco máis de 7 km da capital municipal.

Con forma de enseada, ofrece preto de 250 metros de area branca e fina. Está situada nun contorno virxe e protexida por grandes rochas e, polo tanto, do vento. O nivel de ocupación non é moi alto.

Dispón dunha zona de fondeo de embarcacións, aparcamento e a menos de 500 metros, varios restaurantes que ofrecen pescados e mariscos da zona.

O faro de punta Nariga, o máis moderno de Galicia construído en 1995, está moi preto de aquí. Ao seu redor hai unhas curiosas rochas con forma de animais e persoas. Tamén é habitual ver afeccionados ao bouldering (escalada en paredes de ata 8 metros).

  • Acceso: En coche, pola estrada Malpica – Ponteceso (AC-4307)