O balcón das Sisargas
O balcón das Sisargas
Queres descubrir as illas Sisargas desde terra firme? Esta ruta do proxecto “Malpica O mar das Sisargas” guiarate a través dos códigos QR que atoparás en diversos puntos do paseo marítimo. Só precisas un smartphone para poder acceder a todos os contidos mentres camiñas.
A ruta comeza no miradoiro do Caldeirón xusto na zona rochosa do comezo da praia de Area Maior. Aquí descubrirás a historia do paseo marítimo. Podes ir percorréndoo ata Canido e irás descubrindo un pouco máis sobre as illas Sisargas.
O percorrido remata no miradoiro de Canido, onde o punto de información recolle a historia da romaría de Santo Hadrián. Desde aquí terás unha perspectiva diferente da vila que mira ao mar e do paseo que acabas de percorrer.