gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Sábado 18°
14°
Domingo 17°
16°
Luns 17°
14°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. A VILA
  3. A ATALAIA

A ATALAIA

A ATALAIA

balcon-marinheiro

O barrio da Atalaia, xunto co do Areal, é un dos máis antigos de Malpica. O topónimo alude a un lugar elevado desde o que vixiar o territorio e a extensión de mar.

Para visitar a Atalaia, desde a praza do Cruceiro, busca o camiño entre as casas sempre co mar á dereita. Irás atopando varios miradoiros. Desde o primeiro, o coñecido como o da Atalaia, tes excepcionais vistas ao porto e á actividade portuaria. O miradoiro do Bufadoiro ofréceche unha boa panorámica do golfo Ártabro e o que está a continuación, o do Picote da Atalaia, a visión de todo o golfo Ártabro e das illas Sisargas.

O estreito camiño que rodea a Atalaia (zona sen urbanizar) chega ata o miradoiro da Cerca, con vistas ás Sisargas e ás praias de Area Maior e Canido. A entrada a este sendeiro non está indicada polo que se non a atopas, pregunta aos veciños. No paseo acompañarante a vista dos vertixinosos cantís, as Sisargas e a costa leste ata o cabo Santo Hadrián.

Ultimate Responsive Image Slider Plugin Powered By Weblizar