Ruta desde Malpica a Santo Hadrián
Ruta desde Malpica a Santo Hadrián
Aínda que cada 16 de xuño os romeiros peregrinan a Santo Hadrián, este non é o único día que os malpicáns percorren o sendeiro que une a ermida e o paseo marítimo. É moi habitual ver xente paseando por este litoral, por ser unha ruta curta á vez que atractiva pola paisaxe.
Podes comezar este camiño no paseo marítimo, desde as praias de Area Maior e Canido. Unha vez aquí, o camiño guiarate por esta costa e terás unhas bonitas vistas da vila que vas deixando atrás. Enfronte, a Atalaia. O sendeiro levarate, tras pasar o areal de Seaia, ata un miradoiro irrepetible, xusto en liña coas illas Sisargas. Continuarás moi preto ao mar ata chegar á ermida de Santo Hadrián. Sen dúbida, esta é unha ruta moi recomendable para aqueles que queiran desconectar e gozar da paisaxe pero sen camiñar moitos quilómetros.