gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
10°
Martes 14°
Mércores 14°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. PRAIAS
  3. Ceiruga

Ceiruga

Praia de Ceiruga

 

Tamén coñecida como Esteiro, trátase da praia de máis extensión de Malpica despois da urbana de Area Maior. Situada a uns 6 km do centro urbano, os accesos están moi ben indicados na estrada Malpica – Ponteceso.

É unha praia salvaxe e está moi resgardada do vento. Sitúase na enseada de Esteiro, na desembocadura do río de Vaa, ao redor da cal se formou un sistema dunar, unha marisma convertida en pradería e outros espazos de interese ecolóxico. A braña do Xuncal do Martelo é un lugar escollido por londras, patos y garzas para aniñar ou descansar das súas viaxes migratorias. A zona de marismas é tamén un criadeiro natural para numerosas especies de peixes como robalizas.

Aquí tamén atoparás diferentes especies vexetais coma o feo de praia (Ammophilia arenaria), que axuda a fixar as dunas coas súa raíces, e o rabo de lebre (Lagurus ovatus). A forma en espiga desta última planta decora algunhas ánforas de barro de Buño.

Ceiruga é unha praia apropiada para o ocio en familia xa que a pequena ría é moi segura para os nenos. Na marxe dereita verás unhas furnas e, dependendo da hora do día, pescadores de cana na procura de robalizas.

  • Acceso: En coche, pola estrada Malpica – Ponteceso (AC-4307)