gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 13°
10°
Martes 12°
Mércores 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. PRAIAS
  3. Seaia

Seaia

Praia de Seaia

 

Entre a vila de Malpica e a ermida e o cabo de Santo Hadrián sitúase a pequena praia de Seaia á que podes chegar por estrada ou polo sendeiro peonil que discorre polo bordo litoral partindo da praia de Canido. É a mesma ruta que fai a procesión de Santo Hadrián. Durante o camiño duns 2 km, as vistas de Malpica e das illas Sisargas son espectaculares.

Un pequeno sistema dunar darache a benvida a esta praia con forma de enseada, duns 250 metros de ancho e situada nunha zona virxe e acondicionado con duchas, merendeiro, grellas e fontes.

A area é branca, moi fina e a ondada, moi apropiada para os amantes do surf. Nas inmediacións tamén se practica a pesca deportiva.

  • Servizos: Merendeiro, grellas, fonte, duchas
  • Acceso:
    • A pé desde o centro urbano de Malpica (senda peonil)
    • En coche, pola estrada a Seaia e Malpica – Ponteceso (AC-4307)