gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 18°
15°
Sábado 20°
16°
Domingo 19°
16°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. A VILA
  3. SANTO HADRIÁN

SANTO HADRIÁN

SANTO HADRIÁN

Cada 16 de xuño ou o domingo seguinte se o día cae pola semana, as praias de Area Maior e Canido son o primeiro lugar polo que discorre a procesión de Santo Hadrián, de gran devoción.

Fieis e veciños, algúns ofrecidos van descalzos, acompañan a primeira hora da mañá a imaxe do santo durante uns catro quilómetros polo sendeiro que une Malpica co santuario, situado no cabo do monte Beo e xusto enfronte da “Illa”, nome co que as tres Sisargas son coñecidas en Malpica. A 182 metros sobre o nivel do mar, as vistas son inmellorables.

Ultimate Responsive Image Slider Plugin Powered By Weblizar

A procesión, que volve á tardiña para a igrexa parroquial, pasa por Seaia, lugar onde naceu en 1738 o franciscano Pedro Cambón. Sabías que este misioneiro foi un dos cofundadores (1776) da Misión San Francisco de Asís (ou Misión Dolores), xermolo da cosmopolita cidade dos Estados Unidos do mesmo nome?

A romaría está declarada Festa de Interese Turístico Galego. Anímaste a coñecer máis sobre a festa de Santo Hadrián?