gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 13°
10°
Martes 12°
Mércores 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. PRAIAS
  3. Beo

Beo

Praia de Beo

 

A praia de Beo está situada na aldea do mesmo nome, a uns 3 quilómetros de Malpica. Moi bonita e de branquísima area, está ademais moi resgardada do nordés polo que este lugar con encanto é un pequeno refuxio nos días de máis vento.

Aquí tamén é fácil ver a veciños e visitantes no merendeiro próximo para gozar dunha completa xornada estival.

Beo localízase nun dos extremos do cabo de Santo Hadrián e as vistas desde ese lado do promontorio son, como as de todo o litoral de Malpica, moi fermosas.

  • Servizos: Merendeiro
  • Acceso: En coche, pola estrada Malpica – Ponteceso (AC-4307)