gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 13°
10°
Martes 12°
Mércores 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. A VILA
  3. ILLAS SISARGAS

ILLAS SISARGAS

ILLAS SISARGAS

Aínda que os veciños de Malpica sempre lle chamaron “a Illa”, as Sisargas son un arquipélago formado por tres illotes independentes: a Grande, a Chica e a Malante. Para chegar ata alí podes contratar o servizo dun barco privado xa que non hai transporte público.

Desde o pequeno embarcadoiro da Sisarga Grande, ao lado da praia, parte un sendeiro duns 2 quilómetros ata o faro. Pola súa situación, é o primeiro da Costa da Morte, ou o último, se se vai cara ao Norte. Construído en 1853, é un dos faros máis antigos da Costa da Morte xunto co de Fisterra. En 1912 aprobouse unha ampla remodelación. O funcionamento está automatizado desde 2002. Fíxate pola noite: emite 3 fulgores de luz branca cada 15 segundos.

Ultimate Responsive Image Slider Plugin Powered By Weblizar

Paraíso de gaivotas

As Sisargas son un importante refuxio para as aves mariñas, algunhas delas en perigo de extinción, e zona de paso para aves migratorias. De feito, o arquipélago está declarado Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) dentro do LIC Costa da Morte – Rede Natura 2000. Tamén son moitas as especies de flora endémicas como varios tipos de Armeria maritima que tinguen de rosa as illas durante a floración estival.

A importancia das illas Sisargas está nas súas colonias de gaivota escura (Larus fuscus), gaivota tridáctila (Rissa tridactyla), gaivota patiamarela (Larus cachinnans) e o arao común (Uria aalge).