San Miro
Praia de San Miro
Esta é unha pequena praia en forma de media cuncha, situada nun ámbito virxe e a uns 9 quilómetros da capital municipal. De area branca e fina, é unha praia ventosa e con forte ondada demanda polos surfistas que buscan unha alternativa a Area Maior ou a Seaia.
Os habituais atopan tranquilidade e unha tarde de sol xa que polas condicións do mar non se recomenda o baño.
Por estrada pódese chegar desde a localidade de Buño e tamén percorrendo a Ruta dos pinos no mar que parte de Malpica e discorre baixo esta especie arbórea a carón do litoral ata o límite coa praia de Razo (Carballo).
- Servizos: Senda peonil
- Acceso: En coche, pola estrada Buño – Razo e Buño – Malpica (AC-414)