gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 13°
10°
Luns 13°
10°
Martes 13°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. PRAIAS
  3. Os Riás

Os Riás

Praia do Riás

 

Entre as rochas atoparás a praia dos Riás. Con case medio quilómetro de extensión e 20 metros de ancho, é un bo lugar para dar un paseo e apreciar o valor natural desta costa recortada situada nun contorno rural.

Á praia dos Riás, situada a uns 13 km da vila de Malpica, chégase desde o lugar de Cambre. Despois de pasar o núcleo de casas, tes dous camiños: se segues de fronte, vas á praia de San Miro, frecuentada por surfistas, e á dereita atopas unha baixada que dá a un merendeiro e finalmente, á praia dos Riás. Neste punto hai tamén un bo miradoiro sobre a costa.

Con marea chea, a praia dos Riás desaparece e escóndese baixo as ondas, pero con baixamar, únese á praia das Torradas formando conxuntos de piscinas naturais. Sen dúbida, un lugar a descubrir na Costa da Morte.

A carón dos Riás discorre a Ruta dos pinos no mar, un sendeiro especialmente acondicionado para ciclistas que parte da vila de Malpica (30 km ida e volta) e acaba na praia de Razo (Carballo).

  • Servizos: Merendeiro, miradoiro e senda peonil
  • Acceso: En coche, pola estrada Buño – Malpica (AC-414)