gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 13°
10°
Luns 13°
10°
Martes 13°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. PRAIAS
  3. San Miro

San Miro

Praia de San Miro

 

Esta é unha pequena praia en forma de media cuncha, situada nun ámbito virxe e a uns 9 quilómetros da capital municipal. De area branca e fina, é unha praia ventosa e con forte ondada demanda polos surfistas que buscan unha alternativa a Area Maior ou a Seaia.

Os habituais atopan tranquilidade e unha tarde de sol xa que polas condicións do mar non se recomenda o baño.

Por estrada pódese chegar desde a localidade de Buño e tamén percorrendo a Ruta dos pinos no mar que parte de Malpica e discorre baixo esta especie arbórea a carón do litoral ata o límite coa praia de Razo (Carballo).

  • Servizos: Senda peonil
  • Acceso: En coche, pola estrada Buño – Razo e Buño – Malpica (AC-414)