gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 13°
10°
Luns 13°
10°
Martes 13°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. RUTAS
  3. Ruta dos Pinos no Mar

Ruta dos Pinos no Mar

Ruta dos Pinos no Mar

Capela das Neves ou de Santo Antón, punto de partida

A ruta está sinalizada e acondicionada para ciclistas

Muíños da Ribeira

Vista aérea do sendeiro ao seu paso pola praia de San Miro

Nas Torradas remata a ruta na costa malpicá

Ultimate Responsive Image Slider Plugin Powered By Weblizar

Cara á dereita do porto sitúase o monte da Plancha. Case no seu cumio está a capela das Neves ou de Santo Antón, punto de partida da Ruta dos pinos no mar, un sendeiro acondicionado sobre todo para bicicletas e moi coñecido entre os afeccionados polas súas características e beleza.

O sendeiro percorre ao longo duns 30 quilómetros a costa oeste de Malpica ata a praia das Torradas pasando polos pintorescos Muíños da Ribeira, que están situados xusto a carón do mar (na parroquia de Ardeleiro). Moi preto dos muíños atoparás unha cruz de pedra que recorda o tráxico naufraxio do barco de cerco malpicán “Os Tonechos” en 1991 no que morreron os seus 9 tripulantes, varios dos cales pertencían á mesma familia.

A partir dese punto pasarás polas aldeas de Loroxo e O Ceán, antes de chegar ás Torradas, o punto final dentro dos límites do municipio de Malpica. Podes continuar a ruta ata Santa Mariña (xa no concello de Carballo), preto da fermosa praia de Razo.

Punto de inicio

Capela das Neves: 43.318709, -8.809527

Punto final

Santa Mariña: 43.292113, -8.725014

Dificultade

Media

Distancia

30 km

Tempo

3 horas (en bicicleta)

Ligazóns

Sen ligazón dispoñible