O Centro Cívico de Malpica foi escenario da presentación do libro do periodista Alex Centeno. Ao acto acudiu o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, o concelleiro, Miguel Ángel Mirás, e a concelleira de Deportes Noelia Freijeiro impulsora da realización do evento. Ante un auditorio moi concorrido, no que estaban numerosas xogadoras dos equipos femininos de Malpica, o periodista Alex Centeno, autor do libro, fixo una extensa explicación sobre o mesmo e respondeu as preguntas das xogadoras e do público. María Bardanca, técnica de deportes do Concello, e xogadora de fútbol referente a nivel galego, foi unha das condutoras do evento e tamén quixo compartir a súa experiencia no mundo do deporte. Ao finalizar a presentación Alex Centeno firmou numerosos exemplares do seu libro. O evento foi presentado por J.M. Ferreiro.
A Asociación Española contra o Cancro de Malpica e a concellería de Cultura, Deportes e Patrimonio organizan a andaina solidaria “En marcha contra o cancro”, que se desenvolverá este domingo 16 de abril. Os interesados poden inscribirse nesta iniciativa solidaria que partirá ás 10.30 horas da Praia Area Maior de Malpica para logo realizar o percorrido ata a ermida de San Hadrián. Unha convocatoria para todas as idades, cun custe de 5 euros para os maiores de 12 anos e 3 euros para nenos e nenas ata os 12 anos.
As persoas que non poidan vir e queiran colaborar poden adquirir o dorsal solinario na web da Asociación do Cancro.
Inscricións As persoas interesadas en participar e colaborar con esta causa poden apuntarse nos seguintes puntos presenciais:
Leiloio: Mª Carmen do Vilar
Buño: Casa de Lexi do Correo.
Cambre: Rosa María.
Cerqueda: U.D. Cerqueda.
Malpica: Jofra, Peluquería Ana Ures e Peluquería Cristal, Peluquería Marta, Oficina de Reale Seguros Santi Abelenda e no Centro de Beleza Alverixa. Ademais poden contactar telefonicamente co Concello no 981.720.001; con Carmen Teresa no 625.117.730; con Ma José Veiga no 628.094.299, e con Ma José Prieto no 686983670.
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Malpica organiza a “I Xuntanza de Maiores”O evento levarase a cabo o 1 de abril no CEIP Milladoiro e constará dunha comida con música en directo amenizada polo Dúo Marineda. As persoas interesadas poden inscribirse no departamento de Servizos Sociais ou chamando ao 981720280 dende o 20 ao 29 de marzo ou ata completar aforo
O vindeiro sábado 8 de abril a área recreativa do Río Vaa acolle unha actividade de diversión en familia coma son os xogos do Paporrubio.
Unha xornada de música, xogos e moita diversión dende as 16.30 ata as 19.00 horas.
Os xogos do Paporrubio son un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna. O noso paporrubio, calzado cuns zoquiños, guía a nenos e maiores por unha eira chea de xogos. Os participantes nesta aventura terán que ir descubrindo como se xoga a algúns dos xogos, mentres que se sorprenderán noutros deles grazas ás pequenas historias contadas e cantadas polos animais e habitantes da granxa, elaborados con xoguetes, marionetas e xigantes. A pretensión é facerlle accesible, a través da diversión en familia, unha cultura agraria que de por si adoita fascinar e marabillar.
Dende o departamento de Servizos Sociais organizase unha viaxe a PORTUGAL co seguinte itinerario:
Domingo, 16 de abril:MALPICA-LEIRIA
Saída pola mañá, pequenas paradas en ruta. Chegada ao hotel, reparto de habitacións, comida. Tarde libre.
Luns, 17 de abril: NAZARÉ- FÁTIMA
Almorzo e saída para visitar Nazaré, poboación pesqueira por excelencia e outrora centro de peregrinación de Portugal, o seu Santuario, composto pola Igrexa de Nosa Señora de Nazaré a pequena Ermida, desde onde se poden apreciar excelentes vistas panorámicas, recibiu unha gran afluencia de peregrinación ata que foi desbancada por Fátima no 1917 cando se levantou alí a Capela das Aparicións. Nazaré tamén é famosa por ser berce de surfistas. Tempo libre e retorno ao hotel para a comida.
Despois de comer achegarémonos ao Santuario de Fátima, un dos máis importantes santuarios marianos do mundo. Retorno ao hotel, cea e aloxamento.
Martes, 18 de abril: LISBOA
Despois de almorzar no hotel sairemos cara a capital de Portugal, alí pasaremos o día completo. Primeiro faremos unha visita panorámica en autobús, despois percorreremos os sitios e barrios máis emblemáticos e de interese: Alfama, Mouraria, Barrio Alto, Belem ou o Parque das Nación. A última hora da tarde, retorno ao hotel para a cea e aloxamento.
Mércores,19 de abril: COIMBRA
Almorzo e saída cara Coimbra, cidade de orixe romana, foi un lugar estratéxico entre o norte cristián e o sur árabe. Cidade universitaria famosa polas súas rúas sinuosas e casas colgantes. Gozaremos da súa Universidade (entrada incluída) e das rúas comerciais. Regreso ao hotel para o xantar e tarde libre. Cea e aloxamento.
Xoves, 20 de abril: AVEIRO- MALPICA
Almorzo e emprenderemos camiño de regreso a Malpica. Parada en Aveiro, cidade coñecida como “A Venecia do Norte” polas súas canles e coloridos barcos chamados moliceiros. Comida en ruta, continuaremos a viaxe de retorno e fin da viaxe.
O prazo de inscrición é dende o día 20 ata o 31 de marzo (ou ata cubrir as prazas)Para obter máis información ou realizar a inscrición os interesados poden dirixirse ao Departamento de Servizos sociais ou chamando ao teléfono seguinte: 981 720 280Nota: Prazas Limitadas (por rigorosa orde de inscrición)
O Ecomueso do Forno do Forte acollerá obradoiros de barro os día 3, 4, 5, e 7 de abril de 16.30 a 18.30 para todos os públicos a parir dos tres anos. A persoas que desexen acudir non deberán inscribirse, poderán participar en cada quenda, por orde de chegada ata completar un máximo de 15 persoas. A actividade é de balde. O evento está organizado pola Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes. Colabora nesta actividade a Deputación da Coruña
A concellería de Servizos Sociais e a concellería de Cultura, Patrimonio e Deportes do Concello de Malpica lanza o campamento gratuíto de Semana Santa para fomentar a conciliación. Nenos e nenas de entre 3 e 12 anos poderán gozar de múltiples actividades os días 3, 4 e 5 de abril de 10.00 a 13.00 horas, no pavillón de Malpica. As persoas interesadas xa se poden anotar ata o 29 de marzo. Para máis información poden chamar ao departamento de deportes no 981720001
Nome, apelidos e idade?Lili Arcay Carbajales, 41 anos.
Porque abriches o teu negocio aquí, en Malpica?Porque era o negocio familiar, eu nacín dentro da barra ao igual que meus irmáns, somos 4 mulleres e 3 homes. Todos traballamos na hostalería, na miña casa traballaba hasta o canario, daquela, queiras ou non, eu que son a pequena fun quedando, meus irmáns foron casando e formando familias e a que quedou co negocio son eu. Despois coas outras irmás fomos emprendendo. Fai moito que abriches o teu negocio ?Meus pais tiñan 2 negocios, un bar de comidas, o Ybarra e outro de copas, o Jofra. Con 19 anos, ao casarse meu irmán collín o Jofra, estiven sola 7 anos, aos 26 anos asocieime cunha irmá máis vella, reformamos o local para darlle un aspecto máis moderno. Estivemos xuntas 14 anos e hai 7 asociámonos con outra irmá e collemos o bar de comidas de meus pais, eles xa estaban retirados e seguimos co negocio familiar.
Canta xente traballa na vosa cafetería e no voso pub? Supoño que as 3 irmás sodes autónomas?Si, as tres somos autónomas, no Ybarra temos 2 cociñeiras a xornada completa e os fin de semana varias camareiras para o apoio das comidas e ceas.
Equipazo de mulleres no teu negocio, casualidade ou apostaches polo emprego feminino?A ver, hai traballo para homes e mulleres, tampouco é discriminar a nadie, ti pides alguén para un posto de traballo e o que mellor corresponde e responde é o que queda.
Crees que os homes, polo simple feito de ser home a día de hoxe o teñen máis fácil (refírome á igualdade salarial, aos postos de relevancia ou os ascensos dentro dunha empresa) ou logramos a igualdade neste sector?Bueno, neste sector a verdade hoxe en día están mais igualadas as cousas, incluso hai moitos homes cociñeiros. Ao mellor noutros sectores é máis complicado e tiran máis polo home, pero na hostalería creo que estamos ao 50% que da igual home que muller.
Conciliación familiar e laboral, como levas este tema?Como se pode (sorrí), dáslle a todo, estás aquí e de repente vas para a casa e segues….tes os fillos….
Tarefas compartidas no fogar, ou, a maior parte do peso recae sobre ti?No, no, gracias a Dios compártoas co meu home.
E xa para rematar, como anécdota, recordas o primeiro cliente que tiveches? Continúa séndoo? Buff! Non, non o recordo, hai 22 anos xa; pero sigo tendo clientes dos de sempre.
Sopesando pos e os contras, volverías a arriscarte a emprender pola túa conta ou irías ao “seguro” e traballarías por conta allea? No, eu emprendería, aparte que aquí en Malpica as mulleres ían a ribeira, coser ou senón tiñas que marchar fóra para traballar, despois xa comezou o da hostalería. En Malpica emprendéronse moitos negocios con mulleres e eu non me arrepinto de nada.
Nesta semana conmemórase o día da muller e, desde o noso concello, queremos render un pequeno e humilde homenaxe ás mulleres emprendedoras, mulleres que tiveron a coraxe de montar o seu propio negocio e con moito tesón e esforzo conseguiron non só crear o seu posto de traballo, ao tempo dan emprego a outras mulleres.Ao longo desta semana iremos publicando testemuños de diferentes mulleres emprendedoras da nosa vila con motivo do 8M. O que non debemos esquecer é que xa as nosas avoas, cando se descoñecía o significado do termino emprender, foron mulleres emprendedoras. Quen non lembra ás pescantinas coa caixa na cabeza que viña polas parroquias vendendo peixe?, ás labradoras coas patacas, a verdura de tempada ou os ovos?, á leiteira co seu cántaro de leite e a medida de latón colgada?, ou ás mulleres dos oleiros cos cestos cheos de potas de barro vender a súa obra nas feiras?Aínda que nos pareza mentira, elas, dunha forma calada sen facer ruído foron abrindo un pouco o camiño ás novas xeracións. As nosas avoas tiveron que aprender a conciliar, cando nin sequera se falaba diso, a vida familiar e laboral, eran súper mulleres na sombra, invisibles aos ollos do mundo porque todo o que elas facían non tiña ou polo menos non se lle dada o valor que realmente tiña.Quen non lembra algo do que estou a falar?Pois por elas, polo seu esforzo, pola súa valentía, por dar pequenos pasos cara á súa independencia económica temos conseguido ser máis fortes, facernos visibles e darlle valor ao noso traballo.É certo que percorremos un longo camiño cara a igualdade e aínda nos queda un bo treito por andar…pero, xuntas, apoiándonos unhas ás outras, o conseguiremos.
Nome, apelidos e idade?Isabel Ceán García, 49 anos.
O salón de peiteado montáchelo en Buño por continuar no pobo? Foi porque lle cadrou, coincidencia. Estudei en Carballo e despois fun para Coruña facer unha ampliación do estudio e en Buño naquel momento había moita xente e púxena, xa che digo cadroulle.
Fai moito que abriches o teu negocio?No mes de agosto fará 32 anos.
Cantas persoas traballades?Neste momento somos dúas persoas, Ángela, que xa leva comigo 12 anos e máis eu.
Equipo de mulleres no teu negocio, casualidade ou apostaches polo emprego feminino? Pois nunca se me ocorreu pedir un home, tiven varias empregadas e todas mulleres ao longo deste anos pero todas foron mulleres nunca un home, pero dicindo a verdade sempre que necesitei xente as que viñan eran mozas e se te pos a pensalo cando empecei as que iamos aprender esta profesión eramos as mulleres. Agora que tamén che digo que encantada con calquera das rapazas que pasou por aquí.
Crees que os homes, polo simple feito de ser homes a día de hoxe o teñen máis fácil (refírome á igualdade salarial, aos postos de relevancia ou os ascensos dentro dunha empresa) ou logramos a igualdade neste sector?Quero crer e pensar que desempeñando o mesmo posto de traballo, que os soldos sexan iguais, da igual que sexas perruqueir@, mecánic@…. Si tes o mesmo traballo e a mesma responsabilidade o soldo que se pague debe de ser o mesmo independentemente de que sexas home ou muller.
Conciliación familiar e laboral, como levas este tema? Pois como se pode e con moito esforzo, porque cando traballas tes que ser traballadora, nai, muller tes que ser perfecta en todo; para facer de comer…..hai que ser unha “súper muller”. Levar os fillos ao pediatra, que si aprobaron esta ou aquela asignatura, se mañá teñen un exame, se hai que levalos a inglés, á piscina, ao fútbol… hai que estar en todo. Agora que son maiores, e menos mal (dálle a risa), é máis fácil pero mentres son pequenos….é moi difícil.
Tarefas compartidas no fogar, ou, a maior parte do peso recae sobre ti?Compartidas, aínda que claro cando o teu home traballa dende as 7 da mañá ata as 8 da tarde como non o faga o sábado e o domingo.Que eu tamén traballo todo o día, pero penso que o maior peso o levamos nós porque logo lle dicimos “deixa xa o fago eu” (sorrí); e sendo autónoma teño máis liberdade, como por exemplo acudir a unha reunión da escola, levalo ao médico, etc. e daquela xa vas ti.Teño 2 fillos, unha muller e un home e eduquei aos 2 por igual nin a rapaza lle ten que recoller nada ao rapaz, nin o rapaz á rapaza a non ser que un estea fregando e o outro recollendo.
E xa para rematar, como anécdota, recordas o primeiro cliente que tiveches? Continúa séndoo?Sinto dicir que non recordo o primeiro cliente, pero si que teño xente que continúa vindo despois de 32 anos. Algunhas persoas finaron, en 30 anos a poboación foi moito a menos, pero si clientes que levan vindo estes 32 anos.
Sopesando pos e os contras, volverías a arriscarte a emprender pola túa conta ou irías ao “seguro” e traballarías por conta allea? Volvería a emprender, iso seguro, pero non con 18 anos. Primeiro traballaría 4/5 anos por conta allea para coller máis técnica, ter outra visión das cousas e aprender doutras profesionais e ao mesmo tempo no asumiría tantas responsabilidades tan nova, ser autónomo conleva moitas dores de cabeza, facturación, impostos, tratar con provedores, moita responsabilidade.Primeiro “rodar” un pouco e despois poñerme de autónoma, que ten as súas cousas boas e malas como todo, pero si que volvería a emprender.
Nome, apelidos e idade?- Carmen Villar Barca, 46 anos (Aclara que nuns días cumprirá os 47). A pesar de non ser nada no noso concello ten raíces malpicás, o pai é de Seixas, nai de Leiloio e o seu home tamén é de Leiloio. Porque te decidiches abrir o negocio en Buño? Foi un pouco de casualidade, hai vinte anos cando me casei tomando un café con Don Francisco, mestre moi coñecido xa finado, comentarame que estaba en venda a farmacia, como me interesaba contactei co dono e naquel intre díxome que a farmacia non estaba en venda que era para o seu fillo.Hai uns oito anos aproximadamente Raquel, referíndose a unha das chicas que forma parte do seu equipo, me comenta que a farmacia de Buño está en venda a través dunha axencia e aí fomos a por todas, é un sitio que me gusta e que me aportaba moita tranquilidade.
Cando abriches as portas do teu negocio por primeira vez? – O día un de xullo farán sete anos xa.
Cantas persoas traballan na túa farmacia?- Agora mesmo somos cinco en plantilla e temos unha chica en prácticas de FP dual.
Equipazo de mulleres no teu negocio, casualidade ou apostaches polo emprego feminino?- No, nese caso foi casualidade, realmente tampouco hai moita xente que se oferte.
Crees que os homes, polo simple feito de ser home a día de hoxe o teñen máis fácil (refírome á igualdade salarial, aos postos de relevancia ou os ascensos dentro dunha empresa) ou logramos a igualdade neste sector?- Si, eu penso quedo si, aínda quedan as trabas dos embarazos; da maternidade de que pensan que se tes fill@s non vas aportar á empresa todo o que debes, penso que si que aínda sigue existindo.
Conciliación familiar e laboral, como levas este tema?- A ver, agora mesmo levo mellor, debemos de ter en conta que os meus fill@s son maiores, 19 e 15 anos. Tamén as condicións laborais son moi boas porque estamos a quendas de mañá ou tarde, daquela sempre dispós de un pouco máis de tempo.
Tarefas compartidas no fogar, ou, a maior parte do peso recae sobre ti?- No meu caso teño moita sorte e son compartidas, por exemplo podo poñerme ao fronte da limpeza ou da compra pero a cociña e recoller a Mateo, refírese ao seu fillo, iso xa é cousa do meu home.
Como anécdota, recordas o primeiro cliente que tiveches? Continúa séndoo? – Si, recórdoa como se fose hoxe; unha señora de Cambre que segue sendo clienta, pero por motivos de saúde non acude ao establecemento persoalmente. (Carmen sorrí e medio se emociona ao lembrar este detalle). Xa para rematar, volvendo a vista atrás e sopesando pos e contras, volverías a arriscarte a emprender pola túa conta ou irías ao “seguro” e traballarías por conta allea?- A día de hoxe, si se me volta a presentar esta oportunidade a cegas, sen pensalo. Terceira entrevista Xa está aquí a 3ª entrevista con motivo da Conmemoración do 8 de Marzo día Internacional da Muller.
Nome, apelidos e idade?- Mª. Noelia Álvarez Suárez
Porque te decidiches abrir o teu negocio en Malpica? Hai moito que colliches a libraría?- Tíñamos idea de ter un fillo na parella e queríamos crialo no pobo, no sitio onde nacemos e xusto de desfacían da libraría cando decidimos mudarnos e era un sector que me gustaba moito. Isto foi hai uns 11 ou 12 anos.
Cantas persoas traballades na libraría?- Traballamos dúas persoas, María que agora está a media xornada por conciliación e máis eu.
Equipo de mulleres, casualidade ou apostaches polo emprego feminino?- Neste caso coñecía á persoa e sabía que era moi traballadora, xa traballaramos xuntas e levabámonos ben e fun sobre seguro. Pero, cando tiven que cubrir a baixa de María tamén busquei unha muller, entendémonos ben.
Crees que os homes, polo simple feito de ser home a día de hoxe o teñen máis fácil (refírome á igualdade salarial, aos postos de relevancia ou os ascensos dentro dunha empresa) ou logramos a igualdade neste sector? – A todo si, definitivamente si, menos para a conciliación familiar que o teñen igual de difícil, pero para o demais téñeno máis fácil.
Conciliación familiar e laboral, como levas este tema? – Pois pagándolle a unha empregada (sorrí)
Tarefas compartidas no fogar, ou, a maior parte do peso recae sobre ti?- Agora vivo sola co pequeno e daquela tócame todo a min, el nalgunha cousiña vai axudando, pero … (a modo de broma comentamos que son tarefas compartidas “eu fago e el desfai”).Cando vivía en parella recaia todo sobre min tamén.
E xa para rematar, como anécdota, recordas o primeiro cliente que tiveches? Continúa séndoo? – O primer cliente non o lembro, pero si dos primeiros abonados ao periódico e algúns continúan vindo a diario.
Sopesando pos e os contras, volverías a arriscarte a emprender pola túa conta ou irías ao “seguro” e traballarías por conta allea?- Iría traballar por conta allea ou opositaría, non volvería a emprender nunca. Isto ten cousas moi bonitas pero, se volvera atrás non me complicaría tanto a vida.
O vindeiro 18 de marzo, ás 18.00 hora, o salón de actos do CAT (antigo Centro Comarcal) acollerá a presentación do proxecto dos novos traballos arqueolóxicos na Croa do Castro. No evento intervirá Antón Fernandez Malde, director científico da colección do Castro das Travesas e o alcalde de Malpica, Eduardo Parga. Unha actividade organizada pola concellería de Patrimonio do Concello de Malpica.
Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario - Ocultar detalles
• Social media Facebook, Twitter e outras Redes Sociais precisan utilizar cookies para recoñecerte.
• Analytics Os datos recollidos polas cookies de Google Analytics son anónimos e só se usan para valorar a experiencia do usuario no nosa web.
• Anuncios Este sitio pode albergar publicidade propia, de afiliados, ou de redes publicitarias.
• Cookies propias Este sitio utiliza cookies propias para facilitar o acceso e mellorar a navegación e experiencia ao usuario Aviso Legal ACEPTOLeer más