26Abr 2024
O Concello de Malpica adquiriu un vehículo destinado ao departamento de Augas
O Concello de Malpica adquiriu unha nova furgoneta destinada á área de Augas, cun investimento de 17.000 euros.
O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, destacou que a adquisición desta nova furgoneta “é unha mostra máis do compromiso do Concello coa mellora dos servizos públicos”. “Este investimento permitirá á traballadores da área de Augas desempeñar o seu traballo con maior eficiencia e rapidez, o que redundará nun mellor servizo para a veciñanza”, sinalou.