Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Sábado 18°
14°
Domingo 17°
16°
Luns 17°
14°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas

Novas

14Dec 2023

O Concello de Malpica presentou hoxe o cartel do programa Malpica Nadal

O Concello de Malpica, en colaboración con  entidades de Malpica, xa ten conformado o programa completo de actividades para este Nadal que rematarán o 19 de xanerio do 2024.

As actividades que o integran son moi numerosas e variadas. Haberá artesanía, deporte, música, exhibicións, obradoiros, xogos, campamentos, contos e moito máis.

Por outra banda hoxe o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e a concelleira de Educación, Cultura, Patrimonio e deportes, Noelia Freijeiro, entregaron os agasallos aos alumnos e alumnas gañadores e gañadoras  do Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal.

Unha actividade que xa ven sendo unha tradición por estas datas.

Os premidados son os seguintes:

1º Lote Premio Cartel Nuno 3º Primaria CEIP JRO

2º Lote Premio Saúda da Prensa Erishel Mojica 3º de ESO IES Urbano Lugrís

3º Lote Premio Saúda Dixital Alexis Ramos Añón 6º Primaria CEIP MILLADOIRO

O 4º Lote Premio Pantalla Dixital entregarase o vindeiro luns, aos Alumn@s Escola de Mens do CRA A Nosa Señora do Faro, debido a que hoxe o colexio non podía.


A continuación deixamos aquí a candelización de actividades

Do 18 de novembro ao 18 de decembro

Concurso de Coplas e Debuxos de Nadal.

Requirimentos: en galego, relacionados co Nadal, a musica ou a natureza.

Lugar de entrega: Centro Sociocultural das Pozacas ou no mail: acraiganhas@gmail.com

Organiza: A.C. Raigañas.

Do 21 de novembro ao 1 de decembro

Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal

  • Premio: lote de libros e publicación da obra como motivo dos materiais gráficos de difusión das actividades de nadal
  • Premio: lote de libros e publicación da obra como motivo do saúda de nadal
  • Premio: lote de libros e publicación da obra nos saúdas dixitais de Nadal
  • Premio: lote de libros e publicación da obra na pantalla dixital

Colaboran: CEIP Milladoiro, CEIP Joaquín Rodríguez Otero, Escola de Mens do CRA A Nosa Señora do Faro e IES Urbano Lugrís

Do día 1 de decembro de 2023 ao 14 de xaneiro de 2024

Madeiras do Mar de Ruth Beltran

No Espazo Expositivo do Centro Cívico de Malpica

Do 8 de decembro ao 8 de xaneiro

En horario de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 21.00 Exposición de Belén de Amigurumis, de Marta Rojo Amigo no Fogar do Pensionista da Casa do Pescador de Malpica

Organiza: Fogar dos Pensionistas San Adrián do Mar

15 de decembro (venres)

Colocación do Buzón Real na Praza Anselmo Villar Amigo

15 de decembro (sábado)

Actuación de Sementeira no Auditorio do Centro Cívico, ás 20.30. Organiza: ANPA Orxeira

Día 20 de decembro (mércores)

Visita do Carteiro Real aos centros de ensino do Concello de Malpica:

11.00 visita á Galiña Azul de Cerqueda

11.30 visita ao CEIP J.R.O.

12.00 visita á Escola Unitaria de Mens

Caxoto, un paxe en apuros, ás 12.00 no Auditorio do Centro Cívico. Organiza: ANPA Ventorrillo.

Día 22 de decembro (venres)

Obradoiro de adornos de Nadal

No Salón de Actos da Casa do Pescador de 17.00 a 19.00. Inscricións, ata o 20 de decembro no teléfono: 616 753 103 / 616 817 389. Organiza: AC Malante

Exhibición de patinaxe,ás 19.00 no Pavillón Polideportivo de Malpica. Club Patín Velúa

Contos, Cantos e Bailes de Nadal. A partir das 20.00 no Centro Sociocultural das Pozacas. Organiza: AC Raigañas

Degustación de imposibles do Mago Joshua Kenneth, no Auditorio do Centro Cívico ás 20.30.

Día 23 de decembro (sábado):

Día da Convivencia das 10.30 ás 13.30. Percorrido de “maitines” pola parroquia de Cerqueda e visita do pendigueiro ao Centro Sociocultural das Pozacas. Organiza: A.C. Raigañas

Partido Benéfico. Un xoguete, un sorriso, no Campo de Fútbol de Pedra Queimada

16.15 Fut 7 Feminino Sporting Seaia – Cabana SD

17.30 Fut 7 Masculino Sporting Seaia – Cabana SD

 Organiza: Sporting Seaia C.F.

Día 24 de decembro (domingo)

Papa Noel recibirá ás crianzas a partir das 17.30, na Fonte de Anselmo Villar Amigo. Organiza: A.C. Malante.

Día 26 de Nadal (martes)

Obradoiro de Redeiras en Malpica

No Centro Cívico, de 16.30 a 18.00, para nenas/os de 3 a 12 anos

Inscricións de balde, ata o 22 de decembro no rexistro xeral do concello, información no teléfono 981 707 104 ou no correo electrónico auditoriodemalpica@gmail.com

Colabora: Asociación Profesional de Redeiras O Fieital

Días 26, 27, 28, e 29 de decembro, 2, 3 e 4 de xaneiro

Campus de Fútbol de Nadal TEC Cerqueda de 10.00 a 14.00

Para rapazada de 5 a 16 anos. Prezo: campus completo, 100,00 €, campus decembro, 60,00 €, campus xaneiro, 45.00 €, servizo madrugadores, +10,00 €. Inscricións: 689625529. Organiza: U.D. Cerqueda.

Días 26, 27, 28, e 29 de decembro, 2, 3, 4 e 5 de xaneiro

Campamento de Nadal en Seaia

Na Casa da Cultura de Seaia de 9.00 a 14.00. Destinado a crianzas a partir de 4 anos. Prazas limitadas. Inscricións: 611 747 756. Prezo: Socios 70,00 €, Non socios 80,00 €. Organiza: A.C.D. Carcaxía

Día 27 de decembro (mércores)

Festa infantil con inchables en Malpica

No Pavillón Polideportivo Municipal, de 17.00 a 20.00

Colabora: ANPA Ventorrillo

Día 28 de decembro (xoves)

Obradoiros de Ioga en familia, ás 17.00 no Auditorio do Centro Cívico. Duración 45 minutos. Inscricións: só por whatsapp no teléfono 647 803 407. Ate esgotar as prazas (10 parellas, adulto+neno). Organiza: ANPA Ventorrillo.

Conta contos KAMISHIBAI de Nadal de Juste Kamishibai papel e teatro. Historias, contos e lendas de Nadal, unha viaxe por culturas e países que viven o Nadal.  Ás 18.15 no Salón de Actos da Casa do Pescador

Día 29 de decembro (venres)

Obradoiro de adornos de Nadal

Na Casa do Pescador de 17.00 a 19.00. Inscricións, ata o 27 de decembro no teléfono: 616 753 103/ 616 817 389. Organiza: AC Malante

Días 29 de decembro e 5 de xaneiro (venres de Nadal)

Adestramento en circuíto. Masterclass para un inicio ao adestramento físico dunha forma amena. A sesión será adaptada a todos os niveis. Para maiores de 16 anos. Horario de 10.45 a 11.45 no Pavillón Municipal. Información e inscricións: no Ximnasio Deportivo Municipal ou no 690 047 448, de 8:15 a 15:00, ata as 12.00 do xoves anterior á sesión.

30 de decembro (sábado)

Presentación da reedición de Gundar o cabalo de oito patas de Xelucho Abella Chouciño, na Biblioteca Eduardo Blanco Amor (Centro Cívico de Malpica) ás 18.30.

III  Foliada de Cantos de Nadal

No Auditorio do Centro Cívico de Malpica,

Ás 20.30 III Foliada de Cantos de Nadal (AC Raigañas, ACD Carcaxía e AC Malante)

Ás 21.30 actuación de Caamaño&Ameixeiras.

Día 31 de decembro (domingo)

VI San Silvestre Malpicana

Prezo: 2,00 €. Requisito imprescindible ir disfrazado. Percorrido: Senior: Fonte – San Hadrián – Fonte (7 Km), Infantil: rúas de Malpica (500 m). Inscricións do 4 ao 26 de decembro nos whatsapps: 620 927 729 e 620 661 699. Organiza: AC Malante

Baile de Fin de Ano

No Auditorio do Centro Cívico, das 23.45 ás 4.00. Uvas, cava e cotillón, coa actuación do Dúo Nuevo Siglo. Organiza: Concellería de Servicios Sociais, Igualdade, Sanidade e Olería.

Día 2 de xaneiro (martes)

Obradoiro de Redeiras en Buño

Escolas Vellas CEIP JRO, de 16.30 a 18.00. Para nenas/os de 3 a 12 anos

Inscricións de balde, ata o 30 de decembro no rexistro xeral do concello, información no teléfono 981 707 104 ou no correo electrónico auditoriodemalpica@gmail.com

Colabora: Asociación Profesional de Redeiras O Fieital

Día 3 de xaneiro (mércores)

Festa infantil con inchables en Buño

De 17.00 a 20.00 no Pavillón do CEIP J.R.O.

Colabora: ANPA Xaviña

Día 4 de xaneiro (mércores)

Ás 18.00 no Salón de Actos da Casa do Pescador Os Contos de Atenea de Xarope Tulú.

Día 5 de xaneiro (venres)

Os Reis Magos de Oriente chegarán a :

Buño, ás 17.30, parada no Teleclube

Malpica, ás 19.00

Organiza: Concello de Malpica de Bergantiños

Colaboran: ANPA Ventorrillo, AC Malante, AC Raigañas, ACD Carcaxía, Veteranos de Leiloio, Buño SCD.

Leiloio, a partir das 18.30. Saída da Feira Nova, percorrendo todos os lugares da parroquia

Organiza: A.C. A Feira

Día 6 de xaneiro (sábado)

Os Reis Magos de Oriente chegarán a:

Cambre, ás 10.00 no campo da festa

Cerqueda, ás 10.30 no campo da festa

Santiso, ás 11.00 no campo da festa

Mens, ás 11.30 no campo da festa

Barizo, ás 12.00 no campo da festa

Beo, ás 12.30 na estrada xeral no cruce para a praia de Beo

Seaia, ás 13.45 no campo da festa

Ás 18.00 Inchables no campo da festa de Seaia

Colabora: ACD San Xulián

Día 7 de xaneiro (domingo)

Obradoiro de Regueifa con Lupe Blanco

De 17.00 a 18.30, no Centro Sociocultural das Pozacas. Organiza: AC Raigañas

Día 19 de xaneiro (venres)

Representación do “Principiño” da compañía Valverde, ás 18.00 no Auditorio do Centro Cívico. Organiza: ANPA Ventorrillo.

12Dec 2023

O Concello de Malpica presenta o tradicional concurso de escaparates de Nadal

Os establecementos interesados en participar poden anotarse ata ás 14.00 horas do 20 de decembro

O  Concello de Malpica dende a Concellería de Festexos e Turismo segue presentar propostas para este Nadal. Seguindo coa tradición dos anos anteriores Alfredo Cañizo volver a presentar o  concurso de escaparates, de temática propia do Nadal.  Os interesados teñen ata o próximo mércores, día 20 de decembro ata ás 14.00 horas para apuntarse no consistorio. Deberán cubrir un formulario que se pode descargar na páxina web ou solicitalo no Concello de Malpica. Os establecementos participantes deberán ter adornado o escaparate dende o día 20 de decembro ata o día 7 de xaneiro. Poderán participar aqueles negocios de Malpica que teñan locais con escaparates ao exterior. Para a valoración dos mesmos, terase en conta o traballo, a calidade artística, a composición, creatividades e orixinalidade.

Haberá premios a repartir entre os mellores. Un primeiro de 300 euros, un segundo  de 200, e sete terceiros de 100.

Para máis información pódese chamar ó teléfono 981720001

11Dec 2023

O Concello de Malpica pon en marcha a campaña “Merca Nadal Malpica”

Sesenta e seis  establecementos da vila adheríronse á campaña que dará inicio o 15 de decembro

O Concello de Malpica presentou hoxe a campaña “Merca Nadal Malpica” impulsada pola Concellaría de Promoción Económica que dará comezo o vindeiro 15 de decembro. O funcionamento é o seguinte: hai sesenta e seis negocios adheridos, nos cales por cada 5 euros de compra, os clientes recibirán unha rifa para optar a un vale de 100 euros para gastar nos mesmos. Sortéanse cinco tarxetas en total. A campaña remata o 5 de xaneiro. Trátase de fomentar a compra na vila nestas datas tan importantes para as empresas. O sorteo levarase a cabo en directo no Facebook do Concello de Malpica.

Lista dos negocios que forman parte desta campaña:

1. Floristería Maica

2. Floristería Lolita

3. Farmacia Atlántico

4. Farmacia Buño

5. Fisioterapia Onda Fisia

6. Estanco Casa Pardo

7. Estanco Vanesa de Carabel

8. Estanco Visi

9. Peluquería Isabel

10. Peluquería Ana Ures

11. Peluquería Cristal

12. Peluquería Luis

13. Peluquería Marta

14. Peluquería Lucía Esther

15. Peluquería Lorena

16. Peluquería Tamara

17. Peluquería Spellos

18. Alverixa

19. Fercal

20. Elemoba

21. Lotería Pedra de Ouro

22. Joyería Pallas

23. Joyería Díaz Antelo

24. Zapatería Lema Cachaldora

25. Zapatero Antonio Buño

26. O Obradoiro

27. Librería Miguens

28. Muxa

29. Lolas

30. Armas

31. A tienda de Vera

32. Teresiña de Facal

33. A tenda de Tía Carmen

34. Agro mMens

35. Falsete

36. Feituras

37. Alfarería Faya

38. Alfarería Aparicio

39. Alfarería Lista

40. Cerámica Creare

41. Súper Elías

42. Súper MM

43. Frutería Sandra

44. Frutería Cristina

45. Doces e Mecos

46. A tienda de Maria Luisa

47. Carnicería Moncho

48. Carnicería Lola

49. Forno Novo

50. Panadería Labrador

51. Pescados As Pilaras

52. Pescados Gente

53. Pescados O Botero

54. Comestibles Varela

55. Congelados Gloria

56. Ultramarinos Serafín

57. A de Vítaro

58. Gasolinera Cerqueda

59. Reales seguros

60. Asfeco

61. Asesoria Pardo

62. Gontad Seguros

63. Asesoría Buño

64. Aparejador Indelecio Arman

65. Floristería Ermitas

66. Peluquería Josefa

8Dec 2023

Entrega en Man, unha comedia en marabillou aos asistentes da XIX Mostra de Teatro de Malpica

As representacións teatrais finalizán o vindeiro venres 22 de decembro coa obra “Degustación de Imposibles”

Os asistentes á representación teatral da obra “Entrega en Man” de Contraproduciones viviron unha marabillosa actuación chea de risas, enerxía e entusiasmo.

A enxeñosa trama, protagonizada por un elenco de grandes actores como Evaristo Calvo, Santi Romay, María Vermella e Diego Saes, mergullaron ao espectador na comedia louca e denegrida cun humor mordaz e corrosivo.

A obra de 90 minutos non só entretivo, senón que tamén explorou con dureza temas socialmente relevantes como o racismo, o machismo e a xenofobia.

A obra “Degustación de imposibles” do meigo Joshua Kenneth pechará, o vindeiro venres 22 de decembro, a XIX Mostra de Teatro de Malpica. A representación xira na selección de imposibles a realidade do público distorsiónase con impactantes elementos visuais e poéticos como as pompas de xabón, panos de seda ou sombras chinesas.

Serán 70 minutos de asombro, humor e misterio. Unha experiencia interactiva, divertida e artística que deleita ao espectador invitándoo a entrar nun mundo onde todo preséntase susceptible a ser transformado, onde nada e imposible. A obra levarase a cabo non Auditorio do Centro Cívico de Malpica ás 20.30 horas. Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse ao departamento de Educación e Cultura no teléfono: 981 707 104 en horario de 10.30 horas a 14.00 horas.

Representación da obra “Entrega en Man” no Centro Cívico de Malpica

4Dec 2023

O Concello de Malpica presenta a Escola de Pais e Nais

O sábado 16 de decembro, ás 11.00 horas, o salón de actos do CAT (Antes o Centro Comarcal) acolle a presentación do proxecto Escola de Pais e Nais.

No evento darase a coñecer ás familias interesadas a duración, os horarios como anotarse.

O curso estará impartido por unha doutora en psicoloxía e neuropsicoloxía clínica e abordaranse temas sobre como conseguir xerar apegos seguros, vínculos afectivos e tódalas necesidades que estea vivido cada familia cos seus fillos e fillas.

1Dec 2023

Malpica dá a benvida ó Nadal

Hoxe, venres 1 de decembro, ás 20.00 horas, tivo lugar o encendido de luces de Nadal en Malpica.

O alcalde, Eduardo Parga, Alfredo Cañizo Garrido, concelleiro de Turismo e Festexos e Miguel Ángel Fernández, concelleiro de Obras e Servizos, veñen de asistir ao acendido simbólico do alumeado dando inicio ás festas do Nadal en Malpica.

Dende o Concello de Malpica animamos a todas as persoas a apoiar ó noso comercio e á nosa hostalaría nestas datas.

30Nov 2023

O Centro Cívico de Malpica acollerá a exposición «Madeiras do mar»

A mostra poderá visitarse dende o 1 de decembro do 2023 ata o 14 de xaneiro do 2024

O Concello de Malpica segue sendo referente na comarca en actividades culturais. O Centro Cívico de Malpica acollerá a exposición «Madeiras do mar» de Ruth Beltrán.

A inauguración será mañá venres, 1 de decembro, ás 19.00h.

Hai tres anos, naceu Madeira Zombi, un proxecto artístico que recupera madeiras abandonadas para dotalas dunha nova vida a través da súa conversión en pequenas obras de arte.

Estas son madeiras do mar. Madeiras recollidas nas praias e nas rochas que tiveron antes unha vida útil, vinculada a oficios e paisaxes. Son tamén unha homenaxe á tradición mariñeira e ás historias de persoas e empresas que co seu esforzo vital fortaleceron o vínculo de Galicia co mar.  Algunhas das fotos recollen momentos do pasado coma embarcacións , industrias , oficios. Outras son imaxes da propia vida mariña. Cada unha delas é transferida despois á madeira escollida de forma artesanal. Todas son únicas e irrepetibles.

A mostra poderá visitarse dende o 1 de decembro do 2023 ata o 14 de xaneiro do 2024. A actividade está organizada pola concellería de Cultura do Concello de Malpica.

25Nov 2023

O Concello de Malpica conmemora o 25N coa lectura dun manifesto e a publicación de dúas testemuñas de mulleres vítimas da violencia

Hoxe, a praza Villar Amigo, acolleu un acto polo Día Internacional da Violencia contra a Muller que comezou coa petición da Concelleira de Igualdade, Marisol Blanco Gorín, de gardar un minuto de silencio polas 52 vítimas. Despois procedeu a ler o manifesto institucional contra a violencia de xénero, baixo o lema “Muller na sombra. Podes saír da escuridade”.

Ao acto acudiron os membros da corporación municipal e veciños e veciñas da nosa vila que quixeron sumarse ao evento.

Nas redes socias o Concello de Malpica deuse a coñecer o duro testemuño de dúas mulleres que quixeron contar a experiencia para demostrar que se pode saír da sombra, que hai moitas maneiras de vivir pero que ningunha desas maneiras é soportando malos tratos, dá igual que sexan físicos ou psíquicos. Dende o consistorio queremos deixar constancia que para preservar a súa identidade os nomes son ficticios.

A concelleira de Igualdade do Concello de Malpica, Marisol Blanco Gorín, agradeceu a confianza depositada nela, para darlle voz e poder contar as súas historias, unha parte moi íntima das súas vidas.

Manifesto:

Belén, Eva, Natalia, Elisabeth, Paloma, Caterina, Beatriz, María del Carmen… e así ata chegar a 52. Estes que escoitan son os nomes dalgunhas das mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou ex parellas no que levamos de ano en España. Por desgracia, de aquí a que remate o 2023 a lista seguramente aumente.

51 só é un número. Detrás del hai 51 historias. Detrás del hai 51 menores que quedaron orfos. 51 mulleres ás que lle arrebataron a vida de maneira inxusta.

Son cifras moi preocupantes porque as mortes son a cima dunha montaña moi alta na que antes de chegar á violencia física, se pasa por outras estacións.

A violencia machista non só son os golpes: falamos do control que exerce a parella sobre a muller; do illamento da muller (que non saia coas amigas, que non vaia coa súa familia); de chantaxe e culpabilización para que pareza que ela sempre é a mala da película; de desvalorizar os seus logros, de humillala e insultala; de ameazala; de agredila sexualmente; de pegarlle e, por último, no peor dos casos, falamos de asasinala.

Soa duro, pero esta é a realidade e temos que facer algo para cambiala. A nosa sociedade non pode seguir permitindo que haxa homes que maltraten ás mulleres polo simple feito de selo. Debemos conseguir un mundo no que as mulleres poidan andar tranquilas, sen medo, e teñan as mesmas oportunidades que os homes. Debemos educar a todos os nenos e nenas dende o respecto e a educación para que se traten sempre ben independentemente do seu xénero.

Por iso hoxe estamos aquí, para recordar a todas e cada unha das 51 vítimas mortais de violencia machista que se contabilizaron este ano. Para apoiar a todas aquelas mulleres que están sufrindo neste preciso momento calquera tipo de violencia xa mencionada, incluso violencia económica ou violencia vicaria. Para recordarvos que tedes o concello á vosa disposición para axudarvos no que precisedes. Tamén tedes outros recursos como o teléfono 016, que é gratuíto e non queda rexistrado na factura de teléfono ou a aplicación AlertCops, que envía a dirección na que te atopas nese momento aos corpos de seguridade en caso de emerxencia. Calquera familiar, amigo, amiga que saiba dalgún caso que teñan preto: escóitea e teña paciencia. Conseguir saír dunha relación de maltrato é un camiño longo e lento.

Dende o concello, o día contra a violencia de xénero é todos os días. Conmemorámolo hoxe, pero loitamos día a día para conseguir que sexa un espazo libre de violencia machista. Non estades soas, estamos aquí con vós para o que precisedes.

María é unha muller próxima á cincuentena, a primeira vista é unha muller forte, con moito carácter e decidida.

Comeza a narrar a súa historia dunha maneira impersoal, con frialdade, pero segundo vai profundando e lembrando detense, pois, os recordos fana quedar calada e respirar fondo antes de proseguir.

A familia de María é de orixe humilde, sen problemas económicos, pero tampouco era que sobrase o diñeiro. Os seus pais foran emigrantes nos primeiros anos de matrimonio, pero María apenas é consciente desa época, era moi pequena cando decidiron retornar a España e reunir á súa familia, debido a que ela e os seus irmáns quedaran ao coidado dos avós, este feito era moi frecuente por aquel entón.

“ Cando os meus pais retornaron de Inglaterra os meus irmáns e eu fómonos a vivir con eles, estamos a falar de finais da década dos 70, naquel momento ninguén falaba dos malos tratos, non había ningún tipo de información respecto diso.

Lembro a primeira vez que oín berros na miña casa, na miña vida anterior, por dicilo dalgunha maneira, non oiramos un berro, unha palabra máis alta que outra, eramos nenos educados, que medráramos, ata aquel momento, rodeados de agarimo e porqué non dicilo, quizais algo consentidos por estar os nosos pais lonxe. Á fin e ao cabo, eramos unhas crianzas que despois do colexio xogabamos, faciamos as nosas tarefas e poida que fósemos algo travesos, pero nada fóra do normal, e menos para que nos berrasen ou pegaran, cousa que se fixo habitual no noso día a día. Daba igual, a labazada podíache vir por calquera motivo, hoxe en día penso que pagaban as súas frustracións connosco.

O meu pai era unha persoa moi irascible, que nos berraba, insultaba e menosprezaba continuamente, non só a nós, tamén o facía coa nosa nai. Lembro a primeira malleira que lle deu na nosa presenza, non tivo piedade; partiulle un beizo, tivo un lado da cara morado  e un ollo pechado que apenas podía abrir polos golpes que recibira, á vez que a insultaba chamándoa puta, que non servía para nada, que o único que facía era vivir á sopa boba. Ás poucas horas estaba a facerlle contos e mimos coma se non pasase nada. Este feito repetiuse moitas veces durante anos. Sabes, o peor? Miña nai, en lugar de tentar protexer, pagaba a súa frustración con nós, golpeándonos e insultando.

Hoxe en día seriamos considerados unha familia desestructurada, levaríannos os servizos sociais a unha casa de acollida ou poñeríanos baixo a protección dos nosos avós ou algún familiar, porque supoño, supoño, que algún veciño denunciaría estes feitos; por aquel entón non se denunciaba, aínda que realmente se soubese con certeza o que sucedía e cónstame que algún que outro veciño era coñecedor… pero, … que podían facer?

Marcáronnos de por vida, e , bastante ben saímos a pesar do ambiente tóxico no que nos criaron, todos fomos marchando da casa moi novos, sen mirar atrás o que máis e o que menos fuxindo desa vida.

Casei moi nova, pero tiña a seguridade que se algunha vez a miña parella me levantaba a man sería a primeira e última vez, se llo facía a un dos nosos fillos o mesmo. Xamais o fixo, ao contrario, creo que se algunha vez sentise ou sente a tentación de golpearme a min ou a un dos nosos fillos marcharía da casa, sen necesidade de botalo. Porque? Porque sempre soubo como fora a miña infancia e os meus primeiros anos de mocidade e a terapia que necesitei para quererme e sacar todos os demos que había no meu interior, e dende logo non ía permitir que a historia repetísese.

Aínda que da impresión de que son moi forte, non o son tanto, a día de hoxe creo que non os perdoei por foderme a vida dese xeito, por facerme sentir inferior, por non deixarme liberdade para poder medrar persoalmente, algo que fixen despois.  O meu pai faleceu hai uns anos e a relación coa miña nai, aínda que soe moi frío, é cordial e educada, simplemente así.

Hoxe son unha muller feliz, síntome realizada, orgullosa do que conseguín pola min  mesma, porque tardei moitos anos en darme conta da miña valía e sei certamente que calquera cousa que me propoña podo lograla e se dubido teño á miña familia para apoiarme e darme ánimo porque confían en que serei capaz “.

Carmen é unha muller que segundo camiña cara ti emana vida, alegría e forza. A primeira vista, sen coñecela, a súa actitude demostra que é unha loitadora, que non se rende con nada nin con ninguén.

Carmen, como calquera muller nova casou namorada da súa parella, nada lle facía pensar o que máis tarde acontecería na súa convivencia ata o día que dixo basta, ata que saíu daquela cárcere á que se condenou sen cometer ningún delito, tan só compartir a súa vida coa persoa equivocada.

“ Non quero falar mal de ninguén, tan só contar a miña historia e lanzar a mensaxe a todas as mulleres que están sufrindo calquera tipo de violencia. Non aguantedes, non vos manteñades caladas, canto antes acabedes con esa relación primeiro seredes capaces de rexurdir e reconducir a vosa vida.

Eu mantívenme calada demasiado tempo, oculteino a todo o mundo, aínda hoxe en día o sabe moi pouca xente, tan só un círculo moi reducido das miñas amizades e familiares son coñecedores do que sufrín durante varios anos. Sufrín malos tratos físicos, económicos e psicolóxicos, contábame ata o último céntimo, dábame o diñeiro xusto e eu tiña que darlle o que me sobraba e o recibo de compra, evitaba estar na casa cando el descansaba porque os nenos molestábanlle, evitaba enfrontarme con el para non recibir un empuxón, unha labazada ou un insulto, evitaba tantas cousas, tantas situacións, tantos enfrontamentos e todo para que os meus fillos non fosen conscientes de como era realmente o seu pai, vivía atemorizada. O día que dixen ata aquí foi porque me agrediu diante dos meus fillos, e un deles comezou a darlle puñadas e patadas para que me soltase, tentando defenderme da agresión que estaba a sufrir por parte do seu pai, e o pai o empurrou, aí, nese preciso momento tomei a determinación de deixalo e marchar, non quería que aquilo se repetise diante dos pequenos, non quería ese tipo de vida para eles. Ao día seguinte saín da vivenda conxugal para non volver, recollín todo o que puiden, só cousas persoais a miña roupa e a dos nenos, nada máis, e, pechei esa porta para sempre. ….Onde ía ir? Pois a casa da miña nai, onde estiven unha tempada ata que puiden alugar unha vivenda para min e os meus fillos. Como podes supoñer divorciámonos, por suposto tentou que volvese con el, pero tiña moi claro que non o faría; por rexeitalo tentou facerme a vida imposible durante anos, denuncias, avogados etc. Aínda así, xamais impedín que os nenos tivesen contacto co seu pai, ao contrario, sempre fun flexible co tempo que compartían, co réxime de visitas establecido, porque sempre antepuxen a súa felicidade e benestar ao meu, e se eles querían ir velo non ía ser eu quen llo impedise, non vou xulgar se é

Página 10 de 155« Primera...89101112...203040...Última »