Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Sábado 13°
Domingo 13°
Luns 15°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Os nenos e nenas que elaboraron “Sáhara” recibe o Primeiro Premio na categoría Amateur do XXI Concurso de Barcanas e Castelos de Area

26Ago 2022

Os nenos e nenas que elaboraron “Sáhara” recibe o Primeiro Premio na categoría Amateur do XXI Concurso de Barcanas e Castelos de Area

Os trofeos do concurso foron feitos a man polos oleiros de Buño


Esta mañá celebrouse na Praia de Area Maior o XXI Concurso de Barcanas e Castelos de Area.
Ao final do evento e tras a votación do público, diferentes personalidades do municipio repartíronlle os galardóns aos premiados. Cabe destacar que os trofeos foron un encargo especial por parte do Concello aos oleiros de Buño, posto que a olería é patrimonio do
Concello de Malpica de Bergantiños.
Na categoría Infantil de barcanas, recibiu o Premio Infantil o grupo número 1, “Excursión polo mar”. O trofeo foi entregado pola presidenta de Amas de Casa de Malpica, Carmen Trigo.
Nuria Loureiro, en representación das atadoras Mar da Illa, entregoulle o Premio Especial á Mellor Barcana ao grupo 12, “A Barca dos Malpicáns”.
O grupo 4, “A Fortaleza Fantástica” recibiu o Premio Especial do Público. Neste caso foi o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, o encargado de entregarllo.
Na categoría Amateur, os premiados co Terceiro Premio foron os membros do grupo 3, “Libro Máxico”. O concelleiro de Obras, Miguel Fernández, deulles un trofeo feito polos oleiros de buño e un vale de 50 €.
O Segundo Premio tocoulle entrégalo á concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro. Os integrantes do grupo número 7, “Futbolín”, fixéronse cun trofeo feito polos oleiros de Buño e un vale de 70 euros.
Por último, o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, entregoulle o Primeiro Premio ao grupo 15, “Sáhara”. Parga fíxolles entrega dun trofeo da olería de Buño e un vale de 130 € por ser a figura con mellor calidade técnica: nela podíase ver uns hipopótamos saíndo da auga.
Os vales dos gañadores son válidos para trocar nos comercios do Concello de Malpica.

Ao final do evento Eduardo Parga, Miguel Fernández e Noelia Freijeiro entregaron agasallos a todos os participantes do evento.

Os nenos e nenas gañadores do primeiro premio coa súa obra “Sáhara”
Os nenos e nenas gañadores do primeiro premio coa súa obra “Futbolín”
Os nenos e nenas gañadores do terceiro premio coa súa obra “Libro Máxico”

Os nenos e nenas gañadores do premio do público coa súa obra “A Fortaleza Fantástica”

Os nenos e nenas gañadores do premio infantil coa súa obra “Excursión polo mar”