O 2 de maio abrese o prazo para inscribirse na viaxe organizada polo Concello de Malpica a Murcia
Dende o departamento de Servizos Sociais organizase unha viaxe a MURCIA, para os maiores de 55 anos ou pensionistas, co seguinte itinerario: Sábado, 1 de Xuño: MALPICA – TORDESILLAS – MADRID Saída pola mañá cara Tordesillas (Valladolid) onde comeremos e daremos un pequeno paseo pola cidade. Seguiremos a viaxe ata Madrid ou arredores onde pernoctaremos. Domingo, 2 de xuño: MANGA DEL MAR MENORAlmorzo e saída cara o hotel Entremares onde nos aloxaremos ata o regreso da viaxe,reparto das habitacións, xantar e tarde libre.Luns, 3 de xuño: MURCIA Almorzo e saída para visitar Murcia, onde percorreremos varios lugares de interese turístico acompañados por un guía local, Regreso ao hotel, xantar e tarde libre.Martes, 4 de xuño: SAN PEDRO DEL PINATAR- CABO DE PALOSDespois do almorzo visitaremos San Pedro del Pinatar, famoso pola súa tradición pesqueira, os seus lodos curativos, as salinas e os seus areais. Xantaremos no hotel e pola tarde visitaremos Cabo De Palos, pobo pesqueiro pintoresco coñecido polo seu histórico faro que data do século XIX. Retorno ao hotel. Mércores, 5 de xuño: CARTAGENA Despois de almorzar visitaremos Cartagena, localidade que percorreremos acompañados por un guía local. Cada una das súas calles ofrece testemuño do seu esplendoroso pasado. Tarde libreXoves, 6 de xuño: LORCAÁ primeira hora da sairemos para Lorca, onde daremos un paseo para coñecer esta poboación e visitaremos o Museo de Bordados do Paso Blanco, situado no Conxunto Monumental de Santo Domingo ( séculos XVI-XVII). Alí alberga o Patrimonio desta confraría que é a máis antiga da cidade.Retorno ao hotel e tarde libre.Venres, 7 de xuño: LA MANGA DEL MAR MENOR- MADRID Sairemos a primeira hora cara Madrid, onde xantaremos no hotel no que nos aloxaremos e á tarde daremos un pequeno paseo por Madrid. Sábado, 8 de xuño: RETORNO A MALPICAAlmorzo e continuaremos a viaxe de retorno a Malpica con breves paradas e xantar no camiño.O prazo de inscripción ábrese o día 2 ata o 16 de maio (ou ata cubrir as prazas). Para obter máis información ou realizar a inscrición os interesados poden dirixirse ao Departamento de Cultura no Centro Cívico. Nota: Prazas Limitadas (por rigorosa orde de inscrición).
Unha actividade dirixia para persoas maiores de 55 anos e pensioandas do Concello de Malpica.