Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 13°
10°
Martes 12°
Mércores 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. CONCELLO
  3. ALCALDÍA

ALCALDÍA

SAÚDA DO ALCALDE

Nesta páxina web os veciños e veciñas de Malpica de Bergantiños teñen ao seu dispor todo tipo de información municipal, acceso a formularios para realizar trámites ante o Concello e as últimas noticias do noso municipio. Tamén poderán atopar unha completa axenda de servizos e actividades na que seguir o pulso da actualidade do Concello así como vías de contacto para formular as súas inquedanzas.

Malpica de Bergantiños mantén unha eterna comuñón co mar. Somos xente mariñeira, que ama o mar sobre todas as cousas e que encontra no salitre a súa esencia de vida. Tamén levamos a terra no peito, esa que coidan labradores e gandeiros ou que converten en arte as sabias mans dos oleiros de Buño. Somos terra acolledora, con espírito alegre, que recibe ao visitante coa súa paisaxe máis fermosa e o sorriso máis sincero.

Malpica de Bergantiños é unha vila turística, chea de historias de mar custodiadas polo faro das Illas Sisargas. Aquí tes unha cita coa gastronomía de calidade, coa artesanía, coa tradición e coa pesca artesanal máis activa do litoral. Percorre as nosas rúas, descubre as parroquias, sinte o mar en punta Nariga, acaricia o barro de Buño, surfea nas ondas das nosas praias, namórate dos nosos roteiros…

Convídote a que descubras a través desta páxina web o máis fermoso da nosa terra e desexo que a túa visita virtual se converta moi pronto nunha realidade no noso municipio, bo e xeneroso. Benvido a Malpica de Bergantiños, vila da vida na Costa da Morte.

Eduardo J. Parga Veiga
Alcalde de Malpica de Bergantiños

Fala co alcalde

Envía a túa mensaxe