O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o deputado de Contratación, Xosé Penas, asinaron o convenio para cofinanciar a adquisición dun tractor de rozadoira e un camión grúa que darán servizo ao municipio.A achega económica da Deputación será de 173.000 euros, que supón o 78,24 % do custo total dos vehículos, que ascende a 221.087 euros.Debido á gran superficie de infraestruturas viarias e terreos municipais que se teñen que rozar dentro dos labores que realiza de xeito habitual a brigada municipal de servizos e medio rural, Malpica precisa dun vehículo tractor con apeiro de rozadoira de brazo, así como tamén un camión con caixa basculante e grúa, que son obxecto deste convenio.Con estas dúas novas ferramentas increméntase así a maquinaria dispoñible para o Concello de Malpica á hora de reforzar distintos servizos como as rozas de maleza no seu municipio. Así mesmo, ambos vehículos servirán para aumentar as funcionalidades das brigadas de servizos ao longo de todo o ano.
A Concellería de Cultura presentou unha extensa programación para o período do 3 ao 31 de maio baixo o título “Malpica Nun Mar de Letras”. A continuación, detallamos as actividades planificadas:
Do venres 3 de maio ás 19.00 levarase a cabo a presentación da Exposición Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872). Facer no século da Fundación Juana de Vega – Espazo Expositivo do Centro Cívico.
O sábado 4 de maio ás 18.00 Presentación dos resultados do xeorradar e novos traballos na Croa do Castro co arqueólogo Antón Fernández Malde – Salón de Actos do CAT (Buño).
O luns 6 de maio ás 11.00 Representación escolar para o alumnado de primaria do espectáculo Lingoreteira de Xarope Tulú – Auditorio do Centro Cívico.
Do martes 7 ao venres 31 de maio: Exposición Luisa Villalta – Biblioteca Municipal Eduardo Blanco Amor, no Centro Cívico de Malpica.
O venres 10 de maio ás 18.00 Recital Poético con Emma Pedreira. Colabora: Biblioteca Manuel María do IES Urbano Lugrís – Biblioteca Municial Eduardo Blanco Amor, no Centro Cívico de Malpica.
O sábado, 11 de maio ás 19.00 Presentación da obra gañadora do XVIII Certame de Poesía Erótica “Illas Sisargas”: Masaxe con argán mal pronunciada de Clara Vidal López. Organiza A.C. Caldeirón – 1º andar da Casa do Pescador.
O mércores 14 de maio ás 11.30 Presentación do libro As crebas da memoria de Olga Rodríguez – CEIP Joaquín Rodríguez Otero.
Os venres 16, 30 de maio e 13 de xuño: Das 11.30 ás 12.30 Visita teatralizada ao Ecomuseo do Forno do Forte. Das 12.30 ás 13.00 Charla-coloquio con actrices/actores da treatralización e o persoal técnico do Ecomuseo do Forno do Forte.
O sábado 17 de maio: A partir das 20.30 II Ruada nun mar de letras. Actuacións de A.C.D. Carcaxía, A.C. Raigañas e Xisco Feijóo: Traede Ferrallada. No Parque Luciano García Alén. Colabora: Asociación de Veciños Socio-cultural O Quinteiro de Buño.
Habera cantina con servizo de comida. En caso de mal tempo trasladarase a ruada ao Salón de Actos do CAT.
O domingo 18 de maio ás 17.30 Representación do espectáculo Moby Dick de Pedras de Cartón – Área Recreativa de Río de Vaa. Ás 18.30 h Ruta guiada polos muíños do Río de Vaa.
O mércores 21 de maio ás 11.00 Presentación do libro As crebas da memoria de Olga Rodríguez – IES Urbano Lugrís.
O sábado 24 de maio ás 19.00 Presentación do livro Médicos e medicina rural na Costa da Morte” de Braulio Pérez Astray – Salón de actos da Confraría de Pescadores de Malpica.
O domingo 25 de maio ás 18.00 Presentación do libro Os peidos máxicos de Sultán de Marta Villar – Biblioteca Eduardo Blanco Amor, no Centro Cívico de Malpica. Haberá zurullos para todas/os e sortearanse exemplares entre os asistentes.
O venres 31 de maio ás 12.00 Presentación das bases e convocatoria do XIX Certame de Poesía Erótica “Illas Sisargas”. Organiza A.C. Caldeirón. O acto será no salón de Plenos do Concello de Malpica.
O sábado 1 de xuño: I Foro do Mar. Presentación de Corpos no Mar de Héctor Pose. Mesa redonda relacionada co mar e as súas xentes. Organiza: ACD Mallas de Area e Cofradía de Pescadores de Malpica.
O Ecomuseo Forno do Forte acolleu a visita teatralizada dirixida a estudantes de instituto co obxectivo de familiarizalos coa olaría Tradicional de Buño dunha maneira entretida e atractiva.
Nesta visita participaron oitenta alumnos dos Institutos Maximmio Romero de Lema de Baio e Urbano Lugrís de Malpica. A representación teatral, debidamente documentada polos actores, centrouse en mostrar as vivencias dunha familia durante a posguerra, unha época caracterizada pola incerteza cara ao futuro.
Un animado coloquio final culminou a visita teatralizada do Ecomuseo Forno do Forte. As preguntas formuladas polos alumnos centráronse en aspectos históricos relacionados coa época na que se desenvolve a obra ata detalles técnicos vinculados á produción e a montaxe.
Sinopse: Anos corenta. Dous irmáns e quinta xeración de oleiros. Ou día antes dá que cren que vai a ser a súa última fornada, nacerá unha reflexión sobre ou oficio como xeito de vida. Esta peza é un relato sobre as orixes, ao pasado máis recente e ó presente e futuro da relación dunha terra alimentada polo barro; que a través dous personaxes nos fala da felicidade, as intimidades do ser humano e ou camiño cara as nosas propias verdades. Todo isto executado nun espazo tan real como o Ecomuseo Forno do Forte, que acompaña ao público a mergullarse na historia.
As visitas teatralizadas para os institutos nas seguintes datas:
Xoves 16 de maio ás 11:30 h Xoves 30 de maio ás 11:30 h Xoves 13 de xuño ás 11:30 h
O vinderio domingo 28 de abril, ás 11:30 horas, levarase a cabo unha xornada de Voluntariado Corporativo para facer unha limpeza do lixo mariño. Unha actividade organizada por limpOcean e a Concellería de Medioambiente do Concello de Malpica.
As persoas interesadas poden anotarse en eventos@limpocean.com
O Concello de Malpica adquiriu unha nova furgoneta destinada á área de Augas, cun investimento de 17.000 euros.
O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, destacou que a adquisición desta nova furgoneta “é unha mostra máis do compromiso do Concello coa mellora dos servizos públicos”. “Este investimento permitirá á traballadores da área de Augas desempeñar o seu traballo con maior eficiencia e rapidez, o que redundará nun mellor servizo para a veciñanza”, sinalou.
O vindeiro 4 de maio, ás 18.00 hora, no salón de actos do CAT (antigo Centro Comarcal) presentarase os resultados do xeorrádar e os novos traballos proxectados na Croa do Castro. No evento intervirá Antón Fernandez Malde, arqueólogo director encargado dos traballos e o alcalde de Malpica, Eduardo Parga. Unha actividade organizada pola concellería de Patrimonio do Concello de Malpica.
Dende o departamento de Servizos Sociais organizase unha viaxe a MURCIA, para os maiores de 55 anos ou pensionistas, co seguinte itinerario: Sábado, 1 de Xuño: MALPICA – TORDESILLAS – MADRID Saída pola mañá cara Tordesillas (Valladolid) onde comeremos e daremos un pequeno paseo pola cidade. Seguiremos a viaxe ata Madrid ou arredores onde pernoctaremos. Domingo, 2 de xuño: MANGA DEL MAR MENORAlmorzo e saída cara o hotel Entremares onde nos aloxaremos ata o regreso da viaxe,reparto das habitacións, xantar e tarde libre.Luns, 3 de xuño: MURCIA Almorzo e saída para visitar Murcia, onde percorreremos varios lugares de interese turístico acompañados por un guía local, Regreso ao hotel, xantar e tarde libre.Martes, 4 de xuño: SAN PEDRO DEL PINATAR- CABO DE PALOSDespois do almorzo visitaremos San Pedro del Pinatar, famoso pola súa tradición pesqueira, os seus lodos curativos, as salinas e os seus areais. Xantaremos no hotel e pola tarde visitaremos Cabo De Palos, pobo pesqueiro pintoresco coñecido polo seu histórico faro que data do século XIX. Retorno ao hotel. Mércores, 5 de xuño: CARTAGENA Despois de almorzar visitaremos Cartagena, localidade que percorreremos acompañados por un guía local. Cada una das súas calles ofrece testemuño do seu esplendoroso pasado. Tarde libreXoves, 6 de xuño: LORCAÁ primeira hora da sairemos para Lorca, onde daremos un paseo para coñecer esta poboación e visitaremos o Museo de Bordados do Paso Blanco, situado no Conxunto Monumental de Santo Domingo ( séculos XVI-XVII). Alí alberga o Patrimonio desta confraría que é a máis antiga da cidade.Retorno ao hotel e tarde libre.Venres, 7 de xuño: LA MANGA DEL MAR MENOR- MADRID Sairemos a primeira hora cara Madrid, onde xantaremos no hotel no que nos aloxaremos e á tarde daremos un pequeno paseo por Madrid. Sábado, 8 de xuño: RETORNO A MALPICAAlmorzo e continuaremos a viaxe de retorno a Malpica con breves paradas e xantar no camiño.O prazo de inscripción ábrese o día 2 ata o 16 de maio (ou ata cubrir as prazas). Para obter máis información ou realizar a inscrición os interesados poden dirixirse ao Departamento de Cultura no Centro Cívico. Nota: Prazas Limitadas (por rigorosa orde de inscrición).
Unha actividade dirixia para persoas maiores de 55 anos e pensioandas do Concello de Malpica.
O alcalde, Eduardo Parga, reuniuse na xornada de onte co presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, a quen lle trasladou os problemas que afectan á rede viaria e de iluminación desta zona
O rexedor fixo especial fincapé na súa preocupación por incrementar a seguridade na dársena
O primeiro edil tamén propuxo a creación dun convenio para facer uso da zona do travelift como aparcadoiro e pequenos eventos
O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, reuniuse na xornada de onte co Presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, para abordar diferentes cuestións sobre a situación actual do porto do municipio. O obxectivo do encontro foi, fundamentalmente, proxectar diferentes actuacións que permitan mellorar a súa actividade.
En concreto, o rexedor trasladoulle a necesidade de mellorar a rede viaria, xa que presenta deficiencias importantes, o que aumenta os riscos e a perigosidade na zona. O presidente anunciou o proxecto atópase en estado de licitación de mantemento, estando xa contempladas as melloras e a reparación destas deficiencias, así como o aglomerado da zona sur, que contará cun orzamento de 67.000 euros.
Do mesmo xeito, Álvarez asegurou que están traballando tamén na licitación do alumeado dos portos, entre as que se atopa a mellora da liña enerxética do porto de Malpica, que foi outra das peticións realizadas por Parga durante o encontro. Por outra banda, está tamén para licitar, por valor de 200.000 euros, a modificación de todas as lámpadas deste espazo, que pasarán a ser led, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética do lugar.
Solicitudes pendentes
O rexedor aproveitou o encontro para preguntar sobre o estado no que se atopa actualmente a proxecto de mellora da seguridade do porto, que, segundo asegurou Álvarez, está en proceso de estudo, avaliándose a posibilidade de levar a cabo a proposta que xurdiu na última reunión coa Confraría de Pescadores de Malpica.
Por último, Parga propúxolle ao Presidente de Portos a realización dun convenio entre o Concello e a entidade para poder facer uso da zona do travelift como aparcadoiro e para a realización de pequenos eventos.
Tras a xuntanza, o alcalde sinalou que “seguimos buscando investimento e traballando para mellorar as condicións do noso porto, tan importante para o avance económico de Malpica e para a súa xente, polo que tamén teño solicitada unha entrevista co Conselleiro de Pesca”.
A Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes do Concello de Malpica organiza un roteiro de peregrinación xacobea pola Vía Céltica, un camiño histórico. O percorrido total é de 80 km dividido en catro etapas de dificultade media-baixa, apto para camiñantes de todos os niveis.
Datas:
14 de abril: 1º etapa Malpica-Verdes (17,5 km) 28 de abril: 2º etapa Verdes-Xallas de Castriz (22 km) 12 de maio: 3º etapa Xallas de Castriz-Páramos (16,5 km) 26 de maio: 4º etapa Páramos-Santiago de Compostela (24 km)
Inscrición: Podes inscribirte a partir de mañá xoves 21 de marzo no Rexistro Xeral do Concello de Malpica
Do 25 ao 30 de marzo, en Malpica poderás gozar dunha Semana Santa chea de actividades: actos litúrxicos, campamentos de conciliación, torneos deportivos, exposicións e concertos, entre outros.
Toma boa nota do programa e non te perdas nada:
DO LUNS 25 AO MÉRCORES 27 DE MARZO
CAMPAMENTO CONCILIACIÓN
NO AUDITORIO DO CENTRO CÍVICO
DE 9.00 A 14.00
Para nenas e nenos de 3 a 12 anos (DE BALDE)
Inscricións ata o 21 de marzo nas oficinas xerais do Concello
Información no DEPARTAMENTO DE CULTURA e no teléfono 981707104
DO LUNS 25 AO MÉRCORES 27 DE MARZO
XORNADAS DE PASCUA
NA CASA DA CULTURA DE SEAIA
A PARTIR DE 4 ANOS
DE 9.00 A 14.00
CONTACTO: 611747756
Organiza: ACD Carcaxía
DO MARTES 26 AO SÁBADO 30 DE MARZO
OBRADOIRO DE BARRO
NO ECOMUSEO FORNO DO FORTE
DE 16.30 A 18.30
A partir de 3 anos (DE BALDE)
Sen inscrición previa, máximo 15 persoas ( Por orde de chegada)
MARTES 26 DE MARZO
TORNEO DE VOLEI
NO PAVILLÓN MUNICIPAL
DE 10.00 A 13.30 (En función do número de equipos)
Nivel Iniciación A partir de 11 anos (DE BALDE)
Inscricións ata o 21 de marzo nas oficinas xerais do Concello
Información no teléfono 690047448
MÉRCORES 27 DE MARZO
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN CEO, MAR E TERRA de DREWKORME
NO CENTRO CÍVICO
ÁS 19.00
CONCERTO JESTER DAY
NO CORNECHO DE TANO
A PARTIR DAS 21.00
Organiza: AC Caldeirón
XOVES 28 DE MARZO
X FESTA DA XUVENTUDE
Sesión Vermu + tardeo con LAURA AÑÓN, ÁNGEL SEVILLA, JJ COMPOTA + DJ ROY
A PARTIR DAS 13.00
Verbena con GRUPO LA BAMBA + DICOMÓBIL ELATION BY DJ ROY
Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario - Ocultar detalles
• Social media Facebook, Twitter e outras Redes Sociais precisan utilizar cookies para recoñecerte.
• Analytics Os datos recollidos polas cookies de Google Analytics son anónimos e só se usan para valorar a experiencia do usuario no nosa web.
• Anuncios Este sitio pode albergar publicidade propia, de afiliados, ou de redes publicitarias.
• Cookies propias Este sitio utiliza cookies propias para facilitar o acceso e mellorar a navegación e experiencia ao usuario Aviso Legal ACEPTOLeer más