Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 14°
11°
Venres 13°
10°
Sábado 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. As últimas análises da auga de Malpica arroxan melloras pero aínda non está autorizada para o seu consumo

18Ago 2022

As últimas análises da auga de Malpica arroxan melloras pero aínda non está autorizada para o seu consumo

  • O alcalde reuniuse hoxe con representantes da Consellería de Sanidade e de Augas de Galicia, ademais dos técnicos municipais, para avaliar o estado actual da rede de auga municipal.
  • Nas mostras extraídas por Sanidade os parámetros melloraron nalgunhas zonas, nas que se repetirán mañá para comprobar se continúa a tendencia positiva.
  • O Concello de Malpica está a traballar nun Plan de Acción con diferentes melloras na ETAP para evitar que este tipo de incidencias volvan a suceder.

Malpica, 18 de agosto de 2022 – O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, reuniuse hoxe en Santiago de Compostela con representantes da Consellería de Sanidade e de Augas de Galicia para analizar as últimas análises da auga da rede municipal. Estas arroxan melloras nalgunhas zonas pero aínda non pode autorizarse o seu consumo.

No encontro participou, ademais do rexedor, a xefa territorial de Sanidade, Cristina Pérez; a directora xeral de Sanidade Pública, Carmén Durán; o xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosquera; o xefe de sección Ambiental, Francisco Malvido; o xefe de servizo, Álvarez Cortiñas; e os técnicos municipais encargados do control de calidade do servizo de auga de Malpica.

O obxectivo desta reunión era coñecer o estado actual situación da rede de auga municipal, tras decretarse o pasado sábado que non era apta para o consumo por detectarase valores de trihalometanos máis altos do recomendable.

Melloras nalgunhas zonas

Onte, mércores 17 de agosto, Sanidade colleu unhas tomas de auga para analizala. Hoxe, cos datos na man, pode apreciarse que os valores de trihalometanos xa están dentro do recomendable nalgunhas zonas e noutras seguen a estar por enriba do permitido, polo que aínda non pode autorizarse o seu consumo.

Agora, nas zonas nos que os parámetros melloraron, volveranse a facer mañá, venres 19 de agosto, as análises para comprobar se continúa a dar valores correctos cando xa teña o cloro suficiente, xa que estes días estivo purgándose a rede e, ao volver a dar subministro para tomar as mostras, o cloro non era suficiente. Despois, se todo está correcto, valorarase a posibilidade de ir abrindo a auga por zonas.

Plan de Acción do Concello de Malpica

Ao mesmo tempo, e para evitar que volvan a ocorrer este tipo de situacións, no encontro estudáronse diferentes actuacións que incluirá o Concello de Malpica no Plan de Acción no que xa está a traballar. Inclúen melloras na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP): cambiar o areeiro para mellorar a filtración, substituír o equipo de cloración, facer limpezas máis frecuentes dos depósitos e, a longo prazo, reformar o decantador ou construír un máis grande a maiores.