A concelleira de Deportes entregou medallas a todos os deportistas
Este xoves 23 de decembro levouse a cabo o Torneo de Nadal de raqueta organizado polo Concello cunha ducia de participantes de máis de 7 anos. A concelleira de Deportes entregou medallas a todos os deportistas e houbo agasallos para os campións. Dous foron os deportes a practicar: tenis de mesa e bádminton. A festa iniciouse ás 10:30 horas no polideportivo municipal. Houbo categorías por niveis.
Valoraron los que ya están en marcha y propusieron otros para someter a estudio
El delegado territorial de la Xunta de Galicia en el área de A Coruña, Gonzalo Trenor, y el alcalde de Malpica, Eduardo Parga, se reunieron este lunes para abordar numerosos proyectos para el Ayuntamiento. Fue una reunión matinal que duró más de dos horas.
El objetivo no fue otro que poner varios proyectos sobre la mesa para realizar un estudio en profundidad y ver su viabilidad. De igual manera, se analizaron otros que ya están en marcha.
Los dos representantes destacaron la importancia de que haya una comunicación fluida entre ayuntamientos y Junta para poder dotar de infraestructuras a cada municipio según sus necesidades. Del mismo modo, el regidor agradeció la atención recibida por parte del delegado y le brindó la suya para abordar cualquier tipo de actuación que pueda mejorar el pueblo y la calidad de vida de sus vecinos.
Así o afirma o Sergas tralo último comunicadosemanal
Segundo a última información facilitada pola Consellería de Sanidade, Malpica rexistra 17 casos activos de covid-19 a día de hoxe, 21 de decembro.
Dende o Concello recordamos que as persoas contaxiadas que precisen axuda poden poñerse en contacto coa área de Servizos Sociais no teléfono 981 720 280, ou con Protección Civil a través dos números 661 626 166 e 693 400 673. Contamos coa Concellaría de Sanidade.
Haberá 900 euros en xogo e o prazo para inscribirse remata o próximo luns, día 27, inclusive, no Concello
A programación de Nadal do Concello de Malpica para este 2021 aínda trae unha sorpresa máis: seguirase organizando o concurso de escaparates, de temática propia destas datas. Organizan as concellarías de Turismo e Promoción Económica.
Os interesados teñen ata o próximo luns, día 27, inclusive, para apuntarse no consistorio. Deberán cubrir un formulario, que se adxunta nesta nova.
Unha nova recollida de residuos urbanos especiais levarase a cabo esta semana en Malpica. O Concello segue a fomentar boas prácticas co medio ambiente.
Dende o luns, 20 de decembro, ata o xoves 23 recolleranse porta a porta este tipo de residuos, que inclúen ata oito tipoloxías:
Aceite de cociña usado: de fritura, de conservas…
Graxas e manteigas: animal, de roxóns…
Pilas e baterías: de botón, AAA, alcalinas, electrónicas e de vehículos a motor…
Bombillas: de baixo consumo, LED e fluorescentes…
Electrodomésticos e electrónicos pequenos do fogar: microondas, tostadores, secadores, radios, teléfonos, ordenadores, ferramentas eléctricas…
Consumibles de impresoras: tóner, cartuchos e tambores…
Residuos téxtiles e roupa: non importa o seu estado (roto, destinguido…), só se solicita que estea limpo.
Restos metálicos pequenos do fogar: tixolas, moldes, potas, enxoval do fogar, bandexas…
A continuación, relátanse as rutas que se farán cada un dos días:
Luns 20: estrada DP-4307 dende Malpica ata Seaia, Travesía 2 A Camuza, Travesía 3 A Camuza C, Cancela de Areas, Vista, Pedrediña e Camiño da Vista.
Martes 21: estrada DP-4305 cara Santiso, Santiso, Pontella, estrada DP-4307 dende Seaia ata Beo, Cova, Castiñeiro, Sorrío, A Fonte Dorta, O Petón, R/ A Horta Nova, O Seixo, A Orxeira e estrada Santo Hadrián.
Mércores 22: Beo, Vigo, estrada DP-4307 dende Beo ata Seiruga e Seiruga.
Xoves 23: Seiruga, Campelo e Barizo.
A empresa Collecting Oil é a encargada de realizar este traballo. O día da recollida, os residuos deberanse deixar nun lugar accesible antes das 9:00 horas. Podes contactar cos responsables a través do número de teléfono 639 920 936 (tanto por chamada como mediante WhatsApp) ou no correo electrónico info@collectingoil.com. O Concello de Malpica anima ós veciños e ás veciñas a participar nesta iniciativa.
Mañá, domingo, continúa a programación municipal en colaboración con outras entidades
Malpica viviu unha xornada moi intensa este sábado co arranque da programación de Nadal, que organiza a Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, en colaboración con outras entidades.
Destacou o Mercado Artesán de Nadal no mercado municipal, de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:00 horas. Tivo moi boa acollida cos diferentes postos, ademais de coa actuación de Meigallo Pandereteiras, un obradoiro de instrumentos musicais con Percusións Lobera, outro taller coas redeiras O Fieital, unha chocolatada e a visita do Apalpador Cía Pajarito.
Esta proposta continuará mañá, domingo, de 12:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:00, coas seguintes actividades:
• 12:00: Apertura do mercado
• 12:30: Os Viqueiras e Cabezudos
• 16:30: Obradoiro de macramé con Vivo Macramé (para adultos). Inscricións no teléfono 698129203
• 16:30: Obradoiro de cestería con O Son das Varas (para cativos)
• 18:00: Chocolatada
• 18:30: Cé Orquestra Pantasma (Home Orquestra)
Outras máis iniciativas levaranse a cabo este día, 19 de decembro:
Festa infantil de Nadal, a partir das 16:00, na Casa da Cultura de Seaia. Durante a festa recolleranse xoguetes para doar á Cruz Vermella e á Asociación Mirabal. Organiza ACD Carcaxía.
Festa infantil con inchables, visita de Papá Noel e chocolatada, de 16:00 a 20:00 na Casa dos Veciños de Leiloio. Organiza AVV de Leiloio.
Consulta todas as iniciativas que se levarán a cabo nesta nova
O Nadal 2021 vén cargado de actividades na nosa localidade! A Concellaría de Deportes, con Noelia Freijeiro á fronte, ten preparado un Nadal moi deportivo. Velaquí as propostas:
• Control marcas atletismo: 22 de decembro, dende as 10:30 horas. De 7 a 13 anos. Inscricións ata o día 20.
• Torneo de Nadal de raqueta (tenis de mesa e bádminton): 23 de decembro, a partir das 10:30 horas no pavillón municipal. É para nenos e nenas a partir de 7 anos. Haberá categorías por niveis, agasallo de participación e premios para os campións en cada categoría. Os interesados teñen de prazo para anotarse ata o día 20.
• Campamento deportivo: 27, 28 e 29 de decembro, de 10:30 a 13:30 horas. De 7 a 13 anos. Inscricións ata o día 21.
• Torneo de Nadal de fútbol 3×3: día 30 de decembro, ás 10:00 horas, no polideportivo. As inscricións rematan o día 27. De novo, a actividade é para cativos e cativas de máis de 7 anos (incluídos) e de xeito totalmente gratuíto. Tamén haberá categorías por niveis, agasallo de participación e premios para os campións en cada categoría.
• Campamento deportivo: 3, 4 e 5 de xaneiro, de 10:30 a 13:30 horas. De 7 a 13 anos. Inscricións ata o día 28.
Consulta máis información e anótate no departamento de deportes ou no teléfono 981 72 00 01.
A maiores, haberá as seguintes exhibicións de patinaxe artístico, a cargo das escolas deportivas municipais e do club Patín Velúa:
• Día 18 de decembro, no polideportivo, ás 18:00 horas.
• Día 29 de decembro, no paseo da praia, ás 18:00 horas.
Consulta, aquí, as propostas para este sábado, 18 de decembro
Arranca a programación de Nadal en Malpica con moitas propostas para mañá, sábado 18 de decembro. Toma nota!
Día da Convivencia: de 11:00 a 14:30 horas, no Centro Sociocultural das Pozacas. Organiza AC Raigañas.
Curso monográfico sobre a Ribeirana: na Casa da Cultura de Seaia. Organizan A Central Folque e a Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes.
Presentación das publicacións “Infinito no pé. Ribeirana” e “Pandereteiras de Mens”, coa participación de Mar da Bouzas e Pandereteiras da AC Raigañas, a partir das 18:00 no Auditorio do Centro Cívico. Organizan A Central Folque e a Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes.
Exhibición de patinaxe da escola deportiva do Concello de Malpica e do club Patín Velúa, no pavillón municipal ás 18:00.
Mercado Artesán de Nadal no mercado municipal, de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:00. Ás 13:00 actúa Meigallo Pandereteiras. Ás 16:30 haberá un obradoiro de instrumentos musicais con Percusións Lobera (para cativos). Ás 18:30 será a quenda do obradoiro coas redeiras O Fieital (para cativos). Ás 18:00 levarase a cabo unha chocolatada. A xornada rematará coa visita do Apalpador Cía Pajarito.
O Concello segue a fomentar boas prácticas co medio ambiente
Unha nova recollida de residuos urbanos especiais levarase a cabo a próxima semana en Malpica. O Concello segue a fomentar boas prácticas co medio ambiente.
Dende o próximo luns, 13 de decembro, ata o venres 17 recolleranse porta a porta este tipo de residuos, que inclúen ata oito tipoloxías:
Aceite de cociña usado: de fritura, de conservas…
Graxas e manteigas: animal, de roxóns…
Pilas e baterías: de botón, AAA, alcalinas, electrónicas e de vehículos a motor…
Bombillas: de baixo consumo, LED e fluorescentes…
Electrodomésticos e electrónicos pequenos do fogar: microondas, tostadores, secadores, radios, teléfonos, ordenadores, ferramentas eléctricas…
Consumibles de impresoras: tóner, cartuchos e tambores…
Residuos téxtiles e roupa: non importa o seu estado (roto, destinguido…), só se solicita que estea limpo.
Restos metálicos pequenos do fogar: tixolas, moldes, potas, enxoval do fogar, bandexas…
A continuación, relátanse as rutas que se farán cada un dos días:
Mércores 15: Rúa Agra do Río, Travesía 2 Río, Travesía 1 Río, Rúa Camiño do Río, Eduardo Vila Fano.
Xoves 16: Praza do Cruceiro, Rúa Tío Paz, Rúa San Ramón, Travesía 1 San Ramón, Travesía 2 San Ramón, Atalaia, Altamira.
Venres 17: Rúa Ramona Criado, Rúa Mestra, Rúa Caldeirón, Rúa Eduardo Pondal, Rúa Patría Galega, Rúa Campo, Rúa Real, Rúa Carreixo do Muíño, Rúa Antonio Montero, Rúa Praia, Rúa Guardia Pardines, Rúa Doctor Fleming, Canido, Rúa A Camuza C.
A empresa Collecting Oil é a encargada de realizar este traballo. O día da recollida, os residuos deberanse deixar nun lugar accesible antes das 9:00 horas. Podes contactar cos responsables a través do número de teléfono 639 920 936 (tanto por chamada como mediante WhatsApp) ou no correo electrónico info@collectingoil.com. O Concello de Malpica anima ós veciños e ás veciñas a participar nesta iniciativa.
Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario - Ocultar detalles
• Social media Facebook, Twitter e outras Redes Sociais precisan utilizar cookies para recoñecerte.
• Analytics Os datos recollidos polas cookies de Google Analytics son anónimos e só se usan para valorar a experiencia do usuario no nosa web.
• Anuncios Este sitio pode albergar publicidade propia, de afiliados, ou de redes publicitarias.
• Cookies propias Este sitio utiliza cookies propias para facilitar o acceso e mellorar a navegación e experiencia ao usuario Aviso Legal ACEPTOLeer más