Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
10°
Martes 14°
Mércores 14°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. SERVIZOS
  3. EMPREGO E PROMOCIÓN ECONÓMICA
  4. PARQUE EMPRESARIAL

PARQUE EMPRESARIAL

PARQUE EMPRESARIAL DE MALPICA

O Parque Empresarial de Malpica, situado en Buño, posibilita a implantación de empresas para xerar emprego e favorecer o investimento no municipio.

O parque conta cunha superficie bruta de 55.000 m2 e unha neta duns 31.000 m2, cun espazo edificable de máis de 32.000 m2. Deste, case 14.000 m2 son para a edificación industrial e 19.000 m2 para o sector terciario.

Situado a 46 km da Coruña, conéctase coa dita cidade a través da AC-414 Carballo – Malpica, que enlaza coa AG-55. Ademais, conta coa proximidade de infraestruturas portuarias, coa posibilidade de comunicar o porto de Malpica co da Coruña ou o novo porto exterior de Arteixo.

Contacto

Sociedad Empresarial del Atlántico, S.L.

981 575 469

Horarios:
• De luns a xoves de 8:00 a 15:00h e de 16 a 18:00h
• Venres de 8:00 a 15:00h

parque-empresarial