Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 17°
15°
Luns 16°
14°
Martes 16°
12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas

Novas

5Dec 2025

O Concello de Malpica presenta a Programación de Nadal 2025-2026


O Concello de Malpica de Bergantiños dá a coñecer a súa Programación de Nadal 2025-2026, un calendario composto por actividades culturais, educativas, solidarias, deportivas e familiares que se desenvolverán entre os meses de novembro e xaneiro en distintos espazos do municipio. A programación inclúe actividades en colaboración coas asociacións culturais, deportivas, educativas e sociais do Concello.

Concursos e exposicións iniciais

Do 1 ao 15 de decembro, o Centro Cívico de Malpica acollerá a exposición Prestixe 20 anos, e entre o 8 de decembro e o 8 de xaneiro poderá visitarse no Fogar do Pensionista a Exposición de Belén de Amigurumis, obra de Marta Rojo Amigo.
Do 16 de decembro ao 18 de xaneiro, o mesmo espazo expositivo do Centro Cívico acollerá a mostra Letras cantadas, coa colaboración do Concello de Carballo.

Primeiros actos destacados

Hoxe 5 de decembro terá lugar a entrega de premios do Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal nos centros CEIP JRO Buño, CEIP Milladoiro, IES Urbano Lugrís e Escola de Mens do CRA A Nosa Señora do Faro.

O 7 de decembro, ás 19.30 horas, na Praza Anselmo Villar Amigo, celebrarase o acendido de luces, acompañado dunha chocolatada, a instalación da Caixa do Correo Real e a colocación dos adornos na árbore de Nadal.

Actividades de decembro

  • 13 de decembro (sábado): Charla e vieiro de etnomedicina O uso das herbas medicinais, a cargo da farmacéutica María Moure (María das herbas), dentro do proxecto ECO DE SOL. Ás 17.00 no Salón de Actos da Casa do Pescador.
  • 14 de decembro (domingo): Xornada benéfica de recollida de xoguetes no Campo de Fútbol de Pedra Queimada. Organiza: Sporting Seaia.
  • 17 de decembro (mércores): Visita do Carteiro Real aos centros de ensino:
    • 11.00 Galiña Azul de Cerqueda
    • 11.30 CEIP JRO
    • 12.00 CEIP Milladoiro
    • 13.00 Escola Unitaria de Mens
      Colabora: Sporting Seaia.
  • 19 de decembro (venres): Espectáculo A alfombra máxica de Títeres Babaluva, ás 17.00 no Auditorio do Centro Cívico. Para bebés ata 3 anos (prazas limitadas).
  • 20 de decembro (sábado):
    • Xornada benéfica de recollida de víveres no Campo de Fútbol de Xaviña (UD Cerqueda).
    • Ás 17.30, colocación dunha placa en homenaxe ás Pandereteiras de Mens, con actuacións da AC Raigañas, ACD Carcaxía e AC Malante.
    • Ás 19.00, na Igrexa de Mens, presentación do disco Mens de Icía Varela.
  • 21 de decembro (domingo): Contos arredor do lume, por Alba de Vales. Ás 17.00 no Salón de Actos da Casa do Pescador. Para público infantil desde 4 anos.
  • 22 de decembro (luns): Festa infantil con inchables no Pavillón do CEIP JRO, de 17.00 a 19.30. Colabora: ANPA Xaviña.
  • 22, 23, 24, 26, 29, 30, 31 de decembro e 2 de xaneiro: Campamento de Nadal en Seaia (Casa da Cultura de Seaia), de 9.00 a 14.00 para crianzas de 4 a 12 anos. Organiza: A.C.D Carcaxía.
  • 23 de decembro (martes):
    Torneo de bádminton e pickleball, desde as 10.30 no Pavillón Municipal.
    Obradoiro de Redeiras e visita ás instalacións portuarias, na Casa do Pescador, de 16.30 a 18.30, para nenas/os de 3 a 12 anos.
  • 24 de decembro (mércores):
    Papa Noel recibirá ás crianzas desde as 18.00 na Fonte de Anselmo Villar Amigo.
    • Recollida de agasallos de 10.00 a 13.00 na entrada das oficinas da Policía Local.
    Organiza: AC Malante.
  • 26 de decembro (venres):
    • Obradoiro de adornos de Nadal na Casa do Pescador, 17.00–19.00.
    Contos, Cantos e Bailes de Nadal no Centro Sociocultural das Pozacas, desde as 20.00. Organiza: AC Raigañas.
  • 27 de decembro (sábado):
    Día da Convivencia coa xente miúda con obradoiros, xogos e visita do Pendigueiro, de 11.00 a 13.30 no Centro Sociocultural das Pozacas.
    V Foliada de Cantos de Nadal no Auditorio do Centro Cívico:
    • 20.30: ACD Carcaxía e AC Malante
    • 21.00: Concerto dos Viqueiras
  • 28 de decembro (domingo):
    Obradoiro de Origami Tradicional, 11.00–13.00 no Centro Cívico.
    • Espectáculo Contamos contos de medo? ás 17.00 na Casa do Pescador.
  • 29 de decembro (luns): Festa infantil con inchables no Pavillón Polideportivo, 17.00–19.30. Colabora: ANPA Ventorrillo.
  • 30 de decembro (martes):
    Xogos multideportivos, de 10.30 a 13.30 no Pavillón Municipal.
    Obradoiro de Redeiras no CAT de Buño, de 16.30 a 18.00.
  • 31 de decembro (mércores):
    VIII San Silvestre Malpicana, con percorridos infantil e sénior.
    Baile de Fin de Ano, no Auditorio do Centro Cívico, de 23.45 a 4.00, coa actuación do Trío Rosel.

Programación de xaneiro

  • 2 de xaneiro (venres): Obradoiro de adornos de Nadal na Casa do Pescador, 17.00–19.00.
  • 3 de xaneiro (sábado):
    • Obradoiro de Origami Modular (11.00–13.00, Centro Cívico).
    • Representación teatral “Entre Dos”, ás 20.00 no Auditorio do Centro Cívico (a partir de 14 anos).
  • 4 de xaneiro (domingo): Contos para a primeira infancia por Cris de Caldas, ás 17.00 na Biblioteca Eduardo Blanco Amor.
  • 5 de xaneiro (luns): chegada dos Reis Magos a:
    • Buño, ás 17.30 (igrexa de Santo Estevo)
    • Malpica, ás 19.00
    Ademais, percorridos en Cerqueda e Cambre (desde as 16.00), e en Leiloio (desde as 18.30).
  • 6 de xaneiro (martes): Chegada dos Reis Magos a:
    • Santiso (10.30), Beo (11.00), Mens (11.30), Barizo (12.00) e Seaia (13.45).
  • 10 de xaneiro (sábado): Inchables no campo da festa de Seaia ás 17.30.
1Dec 2025

Malpica presenta as fotografías gañadoras do I Concurso “Malpica, natureza en olladas”

O Concello de Malpica de Bergantiños deu a coñecer as imaxes gañadoras do I Concurso Fotográfico “Malpica, natureza en olladas”, unha iniciativa destinada a poñer en valor a riqueza paisaxística e cultural do municipio. As obras seleccionadas polo xurado ilustrarán o Calendario Municipal de 2026.

A fotografía “Nai Carrexeira”, realizada por Javier Villaverde, foi escollida como gañadora da portada e recibirá o primeiro premio, dotado con 200 euros. Xunto a ela, outras doce imaxes foron premiadas con 60 euros cada unha e corresponderán aos meses do próximo ano.

As obras seleccionadas son:
• Xaneiro: “Cocendo os soños dos nosos alfareiros”, de Rafael Quintáns


• Febreiro: “O faro na noite”, de Antonio Fernández


• Marzo: “Malpica”, de Andrés García


• Abril: “O máxico percorrido do Rego dos Muíños”, de Juanpa Ameneiron


• Maio: “Torres de Mens”, de Eva Álvarez


• Xuño: “A fonte de Santo Hadrián”, de Laura Martínez


• Xullo: “A praia das Torradas desde unha cova”, de Jennifer Thompson


• Agosto: “Mans expertas”, de Martiño Pinal


• Setembro: “Pico de Navás”, de Lucía Cambeiro


• Outubro: “Temporal no porto”, de Manuel Gómez


• Novembro: “De cara aos Muíños”, de Pablo Briones


• Decembro: “Solpor desde as rochas”, de Josema F. Roel

O xurado, integrado por Noelia Freijeiro Novo, Rodrigo Mato Garrido e Irina Bastón Varela, destacou a calidade técnica das propostas, así como a súa capacidade para reflectir a identidade paisaxística e patrimonial de Malpica.

Desde o Concello expresouse un agradecemento especial a todas as persoas participantes pola súa implicación e pola contribución á difusión do patrimonio natural e cultural da localidade.

27Nov 2025

O Concello de Malpica organizará diversas actividades de educación ambiental na tempada de verán

O Concello de Malpica levará a cabo un programa de actividades orientadas á concienciación e protección do medio ambiente. A iniciativa inclúe accións de limpeza, obradoiros e propostas lúdico-educativas abertas á participación cidadá que se levarán a cabo na tempada de verán do 2026.

Actividade 1 -Limpeza do litoral (Malpica libre de plasticos) na praia Area Maior

Actividade 2- Limpeza do litoral (Malpica libre de plásticos) na praia de Canido

Actividade 3- Concurso de Barcanas e Castelos 2026 (Especial concienciación Medio Ambiente)

Actividade 4- Obradorio de concienciación ambiental (Asociación Ambiental Senda Nova)

Actividade 5- Roterio entre a praia de Area Maior (Bandeira Azul) e a Senda Azul (Sendeiro Santo Hadrián). Actividade de conceinciación ambiental.

22Nov 2025

Nuria Vil gaña o XX Certame Literario Illas Sisargas de Poesía Erótica con Desobedencia

Malpica de Bergantiños foi onte escenario da entrega do XX Certame Literario Illas Sisargas de Poesía Erótica, organizado pola Asociación Cultural Caldeirón, nun acto que reafirma a consolidación deste premio no panorama literario galego. A obra Desobedencia, da autora Nuria Vidal Prado (Núria Vil), resultou gañadora entre as 19 obras presentadas nesta edición.

A cerimonia celebrouse no Salón de Plenos do Concello de Malpica, onde a concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro, abriu o acto destacando o carácter participativo e a potencia expresiva da poesía erótica. “O noso agradecemento máis sincero vai para todas as persoas que enviaron as súas creacións. É un acto de xenerosidade compartir algo tan íntimo; é converter a experiencia en arte. Por suposto, grazas á Asociación Cultural Caldeirón, que un ano máis nos permite acompañarvos nesta viaxe. Parabéns á persoa premiada desta edición e tamén ao resto das participantes: sodes quen mantedes viva esta celebración e quen nos lembrades que a poesía é un lugar no que todos podemos arder un pouco sen queimarnos”.

A continuación, Paco de Tano deu lectura ao fallo e ás valoracións do xurado, do que tamén formaron parte María Lado e o crítico literario Francisco Fernández, resultando elixida como gañadora a obra Desobedencia, de Nuria Vidal Prado.

Tras recibir o galardón, Nuria Vil expresou a súa satisfacción polo recoñecemento e destacou a especial ilusión que lle produce este premio. Ademais, anunciou que “Desobedencia” incluirá imaxes dunha curtametraxe de Iria Silvosa, unha proposta que procura establecer un diálogo artístico entre a palabra poética e a linguaxe audiovisual.

19Nov 2025

O Concello convoca un acto de lembranza polo 25N con 36 velas en memoria das vítimas de violencia machista

O Concello convida á cidadanía a participar no acto conmemorativo que se celebrará mañá, 20 de novembro, ás 19:30 horas, na Praza Villar Amigo, con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Durante o encontro acenderanse 36 velas en memoria das mulleres asasinadas en 2025, un xesto simbólico co que se pretende honrar as vítimas da violencia machista e manter vivo o seu recordo. O acto estará acompañado do lema «Lémbrámolas con luz, non con silencio», que subliña a importancia de non calar ante esta realidade e reforza o compromiso público fronte a esta forma de violencia.

O Concello destaca que a convocatoria pretende visibilizar a dimensión social deste problema, promover a reflexión colectiva e reclamar a implicación de toda a comunidade na defensa da igualdade, da liberdade das mulleres e do dereito a vivir sen medo.

O Concello convida á cidadanía a participar no acto conmemorativo que se celebrará mañá, 20 de novembro, ás 19:30 horas, na Praza Villar Amigo, con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Durante o encontro acenderanse 36 velas en memoria das mulleres asasinadas en 2025, un xesto simbólico co que se pretende honrar as vítimas da violencia machista e manter vivo o seu recordo. O acto estará acompañado do lema «Lémbrámolas con luz, non con silencio», que subliña a importancia de non calar ante esta realidade e reforza o compromiso público fronte a esta forma de violencia.

O Concello destaca que a convocatoria pretende visibilizar a dimensión social deste problema, promover a reflexión colectiva e reclamar a implicación de toda a comunidade na defensa da igualdade, da liberdade das mulleres e do dereito a vivir sen medo.

Así mesmo, infórmase de que o martes 25 de novembro, ás 12:00 horas, terá lugar a lectura do manifesto institucional, como parte do compromiso político e social coa erradicación da violencia machista.

17Nov 2025

COMUNICADO OFICIAL: Adiamento da Cea das Letras

Por motivos alleos á nosa vontade, vémonos na obriga de adiar a Cea das Letras.

O nome da autora ou autor gañador, así como a obra premiada, farase público nun acto oficial que terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Malpica o venres 21 de novembro ás 19:00 horas.

Agradecemos a vosa comprensión e agardamos contar coa vosa presenza neste acto.

8Nov 2025

As palabras acenden Malpica na Cea das Letras 2025 e o fallo do XX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

O sábado 22 de novembro, ás 20.00 horas, Malpica de Bergantiños volve acoller unha das citas literarias máis queridas a Cea das Letras 2025. A Casa do Pescador será o escenario dun encontro que combina literatura e poesía. Durante o acto celebrarase o fallo do XX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, un dos eventos máis singulares do panorama literario galego. A continuación, terá lugar a tradicional cea, un momento perfecto para compartir conversa e celebrar as letras arredor da mesa.O prezo da cea é de 20 euros e as reservas poden facerse nos teléfonos 649 507 285 ou 981 707 104.Organiza a asociación Caldeirón, coa colaboración da Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio, Deporte e Turismo do Concello de Malpica de Bergantiños.

27Out 2025

Continúan as rutas de recollida porta a porta dos residuos urbanos especiais non voluminosos

O Concello de Malpica continúa co servizo de recollida porta a porta de residuos urbanos especiais non voluminosos, que se vén realizando periodicamente nas distintas parroquias e lugares do municipio.

Esta iniciativa, xa consolidada, ten como obxectivo facilitar á veciñanza a correcta xestión dos residuos especiais e fomentar boas prácticas ambientais contribuíndo á limpeza e sustentabilidade do concello.

A recollida é exclusivamente para residuos especiais non voluminosos, polo que non se recollen mobles, electrodomésticos grandes nin outros obxectos de gran tamaño.

Calendario de recollida

Mércores 29 de outubro: Aviño, Cambre, Pedrosa-A Tremoa, Rabuceiras, A Raxeira, Brión, O Castro.


Xoves 30 de outubro: Feira Nova, Vilar, O Empalme, A Camposa, O Piñeiro, Rúa Santa Catalina (vivendas con números pares ata A Plaza).

Luns 3 de novembro: Rúa Forno Novo, Rúa Mouróns, Rúa Santa Filomena, Rúa Xaviña, Canelas, Rúa Nova, Rúa Gaio, Praza Cruceiro, Rúa Costa, Rúa Boavista, Rúa Santa Catalina (vivendas con números impares).


Martes 4 de novembro: Zona Polígono Industrial, Buño, Aldeola, O Ceán, A Lagoa, Loroxo, Algadán, Ardeleiro, Pozacas-Leduzo, Taraio, Cerqueda.

Mércores 5 de novembro: Pasacondia, Cortés, Filgueira, A Fonte dos Bois, Seixas, Vilarnovo, Piñeiros, Rúa Ventorrillo, Pedra Queimada, As Neves, A Camuza, Travesía I A Camuza A, Rúa Ventorrillo, Escorial.


Xoves 6 de novembro: Rúa Emilio González López, Areal, Praza Santa Lucía, Igrexa, Agros, Praza Fonte Vella, Barreiro, Travesía Orxeira, Rúa Orxeira, Travesía 1 As Neves, Travesía 5 Río.


Luns 10 de novembro: Rúa As Neves, Travesía 2 Río, Travesía 3 Neves, Travesía 5 Neves, Rúa Neves B, Travesía 7 Río, Travesía 4 Río, Travesía 6 Río, Travesía 3 Río, Rúa Agra do Río, Travesía 2 Río, Travesía 1 Río, Rúa Camiño do Río, Eduardo Vila Fano.


Martes 11 de novembro: Praza do Cruceiro, Rúa Tío Paz, Rúa San Ramón, Travesía 1 San Ramón, Travesía 2 San Ramón, Atalaia, Altamira, Rúa Ramona Criado, Rúa Mestra, Rúa Caldeirón, Rúa Eduardo Pondal, Rúa Patria Galega, Rúa Campo, Rúa Areal, Rúa Carreixo do Muíño, Rúa Antonio Montero, Rúa Praia.


Mércores 12 de novembro: Rúa Guardia Pardines, Rúa Areal, Rúa Doctor Fleming, Canido, Rúa A Camuza C, Estrada DP-4307 (desde Malpica ata o desvío cara a Santiso), Travesía 2 A Camuza, Travesía 3 A Camuza, A Camuza C, Cancela de Areas, Vista, Pedrediña, Camiño da Vista, Rúa Agra de Lucas, Rúa Arnado.


Xoves 13 de novembro: Estrada DP-4307 (desde o desvío cara a Santiso ata Beo), Estrada DP-4305 cara a Santiso, Santiso, Pontella, Cova, Castiñeiro, Sorrio, A Fonte Dorta, O Petón, Rúa A Horta Nova, O Seixo, A Orxeira, Estrada Santo Hadrián.


Luns 17 de novembro: Beo, Vigo, Estrada DP-4307 (desde Beo ata Seiruga), Seiruga.


Martes 18 de novembro: Campelo, Barizo, Porto de Barizo, Avenida Agra de Lamas, Porto do Fondo, As Casas Novas, Mens.


Mércores 19 de novembro: Mens, O Miñón, Asalo, Bocelo, Badarra.

26Out 2025

O Concello de Malpica presenta a XXI Mostra de Teatro de Malpica de Bergantiños

Malpica de Bergantiños, 25 de outubro de 2025
O Concello de Malpica presenta a XXI Mostra de Teatro de Malpica de
Bergantiños O Concello de Malpica de Bergantiños pon en marcha unha
nova edición da Mostra de Teatro, que se celebrará entre o 31 de outubro e
o 13 de decembro no Auditorio do Centro Cívico de Malpica.
A XXI Mostra de Teatro reunirá nove espectáculos que achegarán ao público
diferentes propostas escénicas galegas, desde o teatro familiar ata o adulto.
Todas as representacións serán con entrada libre e gratuíta, sen necesidade
de reserva previa.
A programación comezará o venres 31 de outubro ás 20.00 h coa obra A
teteira de Kabul da compañía Xarope Tulú, finalista na categoría de mellor
proposta de monicreques nos Premios María Casares 2024.
O programa será o seguinte:
Venres 31 de outubro, ás 20.00, A teteira de Kabul. Xarope Tulú
Fondo Galego de Cooperación
Finalista a mellor proposta de monicreques nos Premios María
Casares 2024
​ A Teteira de Kabul fala sobre o valor da paz. A súa protagonista, Mina, é
unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar como consecuencia da
guerra. Ela e a súa familia emprenden unha longa viaxe na que a pesar das
duras condicións irá descubrindo a beleza do tránsito grazas ás historias
que lle conta súa nai e que ela garda nunha teteira.
Elenco: 
Atenea García
Xosé Manuel Esperante
Dirixe: Nicolás Zamorano e Atenea García
Duración: 45 minutos
Xénero: teatro de obxectos

Público preferente: familiar, a partir de 6 anos
Venres 7 de novembro, ás 20.00 Wombo Combo. Galeatro
Rede Cultural 2025

Finalista a mellor proposta para público familiar nos Premios María
Casares no 2023
Wombo Combo reflexiona sobre as vidas virtuais e a soidade na
adolescencia. A súa protagonista, Sara, ten a sensación de que podería
desaparecer e ninguén se decataría. Ten outra vida na que xoga en liña con
ducias de persoas e na que cada vez pasa máis tempo. Deixa de falar, de
comer, de durmir… ata que entra nun videoxogo que lle propón retos que
debe cumprir na vida real.
Elenco: 
Alba Bermúdez
Toné Martínez
Mario Rodriguez

Dirixe: Davide González

Duración: 50 minutos
Xénero: familiar e infantil
Público preferente: recomendado a partir de 6 anos
Venres 14 de novembro, ás 20.00, A nena e o grilo camiño das cores.
Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos
Rede Cultural 2025

Nesta ocasión, os tres Ghazafelhos descubrirán o mundo desde a mirada
dos nenos e as nenas e interactuarán cos músicos Magín Blanco e Pablo
Vidal e tamén co público. Esta última produción consolida e expande os
obxectivos cos que A Nena e o Grilo se iniciou hai dezaseis anos: contribuír
a descubrir, valorar, a amizade, o compañeirismo, os afectos, a diversidade
e a igualdade.
Elenco:
Teatro Ghazafelhos
Magín Blanco

Dirixe: Pepablo Patinho
Duración: 60 minutos
Xénero: infantil-familiar
Público preferente: a partir de 3 anos

Venres 21 de novembro, ás 20.30, Coreografías dun demente. Fran
Sieira, cía danza
Coreografías dun DeMente é unha obra de baile e música tradicional galega
para público adulto. A fisicalidade e a estética contemporánea, dentro do
baile e a música tradicional galega, preséntase a través dos ollos da
bailarina e coreógrafa catalá Carla Diego Luque como directora artística.
Programada no Festival Internacional de Teatro de Manizales (Colombia), a
Fira Mediterrània de Manresa (Catalunya) e a Red Acieloabierto, a rede
estatal de festivais de danza contemporánea en espazos non
convencionais…
Intérpretes:

Fran Sieira
André Adrio
Artur Puga
Martín Mondragón
Adela Otero
Patricia Sánchez

Dirección artística: Carla Diego Luque

Duración: 45 minutos
Xénero: danza
Público preferente: adulto
Venres 28 de novembro, ás 20.30, Mulleres que viven soas .
Berrobambán
Rede Cultural 2025
Protagonizada polas tres bruxas que profetizan o ascenso de Macbeth ao
trono na peza de Shakespeare. Tres bruxas que encarnan os males deste
mundo e que nos serven de referencia para rirnos da diferenza entre como
nos ven (ou nos contan) e como nos sentimos nós dentro das nosas casas.
Elenco:

Paula Carballeira
María da Pontragha
Vero Rilo

Dirixe: Nuria Sanz e Chiqui Pereira
Duración: 75 minutos
Xénero: teatro documental e comedia
Público preferente: adulto
Venres 5 de decembro, ás 20.30, Chegar e encher. Bea Campos
Rede Cultural 2025
Chegar e encher é un canto ao fracaso, un divertido monólogo teatral de
Bea Campos onde conviven a improvisación, a narración oral e o cabaré.
Chegar e encher é unha ácida e divertida reflexión sobre a imposibilidade de
controlar as nosas vidas e a dificultade de encaixar nos roles de xénero
marcados.

Elenco: Bea Campos
Dirección: Bea Campos

Duración: 60 minutos

Xénero: narración oral
Público preferente: adulto

Sábado 6 de decembro, ás 20.00, De algo hai que morrer. Malasombra
producións

Premio FETEGA 2023. Compañía gañadora do premio do público da
Mostra de Teatro de Malpica, no ano 2024 co espectáculo
Testosterona

Dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor
Hide, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao cen por
cen da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou
condición: a morte. Ao longo da conferencia os dous profesores disertan,
dramatizan e dan resposta a preguntas sobre diversos temas relacionados

co asunto principal. A vida. Vivir é bonito ou está sobrevalorado? A
inmortalidade. Como sería o mundo se fósemos inmortais?

Elenco: Jouse García e Xoque Carbajal
Dirección: Marcos Orsi
Duración: 70 minutos
Xénero: comedia
Público preferente: adulto (maiores de 16 anos)

Xoves 11 de decembro, ás 20.30, Sol Fuerza. Aantena S.C. Premio da
Deputación da Coruña a Proxectos Culturais Singulares para a Mellora
Social. Proxecto ECO DO SOL
Un espectáculo que mestura humor e reflexión.
Nos anos 90, Heliodoro Vicente soñaba cun futuro radiante: Galicia
iluminada grazas ao Sol Fuerza. Un invento prometedor que pretendía
substituír o petróleo pola enerxía do sol. Pero o soño de Heliodoro apagou
antes de brillar. E agora, no presente, entre muíños de vento, placas
solares e promesas ecolóxicas, atopámonos cunha Galicia que dubida:
progreso ou colonización? É isto o futuro ou unha boa mentira ben contada?
Elenco: 
Lucía Veiga
Manu Fernández
Virxinia Bermúdez

Dirixe: Xosé Leis

Duración: 80 minutos
Xénero: comedia
Público preferente: adultos e maiores de 14 anos

Sábado 13 de decembro, ás 20.00, As Desterradas. Carme Varela
(Producións Excéntricas)
Outono das Artes da Deputación da Coruña

No século XVI unha pequena comunidade de monxas á beira do
Miño vese ameazada pola cobiza da xerarquía eclesiástica. Os
señores da Igrexa, para rematar coa resistencia das freiras non dubidan en
difamalas e ameazalas por todos os medios, desde o tribunal da inquisición
á violencia das mesnadas señoriais. Carme Varela reconstrúe nun thriller
conventual aqueles tempos de resistencia das comunidades de mulleres
autosuficientes e poderosas.

Elenco:
Belén Constenla
Melania Cruz
Rocío González
Rebeca Montero
Patricia Vázquez
Víctor Mosqueira

Dirixe: Quico Cadaval

Duración: 95 minutos
Xénero: drama
Público preferente: adulto

As funcións realizaranse sempre no Auditorio do Centro Cívico de Malpica.
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co
Departamento de Educación e Cultura do Concello de Malpica de
Bergantiños, no teléfono 981 707 104, en horario de 9.30 a 14.00 horas.