IGUALDADE
IGUALDADE
Esta área depende do departamento de Servizos Sociais, que conta cun axente de Igualdade para traballar na prevención e erradicación da violencia de xénero. O Concello de Malpica pretende promover e integrar a dimensión da igualdade de oportunidades nas políticas municipais.
Os obxectivos que se perseguen son a sensibilización no ámbito educativo, a formación laboral e o fortalecemento do asociacionismo das mulleres, a prevención de situacións de desigualdade e a información sobre os recursos existentes para asistir ás mulleres que sofren algún tipo de violencia.
O Concello de Malpica está adherido á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero que se creou no ano 2012 a través dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e a Fegamp.
Áreas de intervención
- IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes
- Programas e accións
- Publicacións
- Recursos para a igualdade
O IV Plan de Igualdade de Oportunidades de Malpica de Bergantiños é o documento marco de actuación para o Concello en materia de igualdade para o período 2022-2026 e preséntase como un instrumento de traballo onde se recollen as actuacións a realizar desde distintos ámbitos da sociedade e departamentos municipais.
O Plan está composto por 20 obxectivos xerais e 30 específicos con 55 actuacións que se estruturan en 7 áreas de actuación: participación interna do Concello; educación; participación económica e laboral; cultura, ocio, deporte e espazos urbanos; violencia de xénero; a muller rural e saúde. Todas elas en consonancia co plan da Deputación Provincial da Coruña “Compartamos Plan”.
Desde a Área de Igualdade do Concello de Malpica de Bergantiños lévanse a cabo programas e accións a nivel de prevención, sensibilización e intervención en violencia de xénero e promoción da igualdade.
- Programa conectad@s: Obradoiros de alfabetización dixital para mulleres e persoas maiores.
- Programa construíndo igualdade: Obradoiros de educación en igualdade e prevención en violencia de xénero nos centros educativos do Concello.
- Programa “Non te escondas máis, por min e por todas as miñas compañeiras”: Programa de sensibilización e concienciación en contra da violencia de xénero. Enmarcado neste realizouse un Lip Dub de sensibilización contra a Violencia de Xénero.
- Programa Malpica Igualdade: Programa emblema onde se englobarán moitas das accións levadas a cabo desde a Área de Igualdade municipal.
- Lipdub de sensibilización contra a Violencia de Xénero
- Marcapáxinas “Non te escondas máis: Por min e por todas as miñas compañeiras”
- Chapa “Malpica Igualdade”
- Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre mulleres e homes
- Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero
- Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia
- Lei 39/1999, do 5 de novembro, para promover a conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras
- Lei Orgánica 2/2010, do 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo
Contacto
Centro Cívico
Rúa Ventorrillo s/n
15113 Malpica de Bergantiños
981 720 280
981 720 370
Horarios:
• De luns a venres de 9:00 a 14:00h
Enlaces de interese