Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 17°
11°
Sábado 17°
11°
Domingo 17°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello de Malpica organiza unha viaxe a Malpica de Tajo, en Toledo, para afianzar a súa irmandade.

26Ago 2022

O Concello de Malpica organiza unha viaxe a Malpica de Tajo, en Toledo, para afianzar a súa irmandade.

As persoas interesadas poden inscribirse nas oficinas xerais do consistorio antes do próximo martes 30 de agosto.

Hai varios anos o Concello de Malpica acordou a irmandade co seu homólogo toledano Malpica de Tajo. Para non perder eses lazos, a concellaría de Turismo organiza a próxima semana unha viaxe ata alí, onde hai varios actos programados para celebrar esa irmandade.

A viaxe será do 1 ao 4 de setembro. O bus sairá o xoves 1 a primeira hora da mañá con destino Malpica de Tajo (Toledo). O venres (2 de setembro) está prevista unha excursión a Toledo. Xa o sábado (3 de setembro) terán lugar os actos de celebración da irmandade entre Malpica de Bergantiños e Malpica de Tajo. O domingo (4 de setembro) poderán visitar a cidade de Ávila pola mañá e, xa pola tarde, o autobús partirá cara Galicia.

Todas as persoas que queiran apuntarse poden facelo nas oficinas xerais do Concello antes do martes 30 de agosto. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición.

A viaxe ten un custo de 170 euros e inclúe: o traslado en autobús (Autocares Pedro Pombo), os almorzos do 1 e 4 de setembro; o día 2 en Toledo: a entrada ó tren turístico, a entrada ó Parque Puy du Fou e o almorzo e, por último, o seguro de asistencia en viaxe.

Para obter máis información poden chamar ao 981 72 03 19 ou 981 72 00 01.