O Concello repartirá trampas entre a veciñanza para reducir a presenza desta especie invasora e protexer a biodiversidade local.
O Concello de Malpica de Bergantiños puxo en marcha unha nova campaña de trampeo da avespa velutina co obxectivo de reducir a súa presenza no municipio e protexer tanto á poboación como á biodiversidade local. A iniciativa desenvolverase durante as próximas semanas e busca implicar á veciñanza no control desta especie invasora.
As persoas interesadas en participar poderán solicitar unha trampa anotándose nas oficinas xerais do Concello, onde recibirán o material necesario para colaborar na campaña.
O Concello anima á cidadanía a sumarse a esta iniciativa colectiva, considerada unha medida clave para limitar a expansión da velutina e reducir o seu impacto no medio natural e na actividade apícola. Con esta campaña, o Concello reforza as accións de prevención e control fronte a unha especie que nos últimos anos incrementou a súa presenza en Galicia. A colaboración veciñal resulta fundamental para mellorar a eficacia do trampeo e protexer o equilibrio ambiental do municipio.
O Concello aprobou no pleno extraordinario celebrado hoxe ás 13:15 horas a súa participación e adhesión ao POS + Adicional 1/2026, unha liña de financiamento destinada a facer fronte aos gastos sociais extraordinarios do exercicio 2026.
A proposta saíu adiante con 5 votos a favor do Partido Popular e 6 abstencións correspondentes a 2 do BNG, 1 de AIM e 3 do PSOE.
Grazas a esta adhesión, o municipio contará cunha achega total de 64.535,60 euros, que se destinarán a reforzar e ampliar distintos programas de carácter social, co obxectivo de mellorar a atención ás persoas e familias en situación de maior vulnerabilidade.
O reparto da contía realizarase do seguinte xeito: • 23.000 euros para a ampliación das axudas de emerxencia e atención ás necesidades sociais das unidades de convivencia en risco de exclusión social. • 8.987,63 euros para a creación ou ampliación do Servizo de Axuda no Fogar en servizos específicos, como comida sobre rodas, Xantar na Casa e/ou lavandería. • 16.000 euros destinados á creación ou ampliación de servizos complementarios, mantendo un ano máis a aposta polo servizo de fisioterapia a domicilio. • 9.250 euros para programas de respiro e conciliación familiar. • 7.300 euros para outras medidas extraordinarias que os servizos sociais consideren urxentes e imprescindibles para atender a persoas especialmente vulnerables.
Desde o Concello destácase que este reparto responde a criterios de equidade e equilibrio, permitindo mellorar a cobertura dos servizos sociais municipais e contribuíndo ao benestar dos veciños e veciñas.
A Concellería de Promoción Económica fai públicos os gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal 2025, unha iniciativa posta en marcha co fin de promover o comercio local e incentivar a participación dos establecementos durante o período de Nadal.
O xurado acordou conceder o primeiro premio a Fercal, o segundo premio á Perruquería Ana Ures e o terceiro premio a A de Visi, aos que lles corresponden dotacións económicas de 300 €, 200 € e 100 €, respectivamente.
No concurso participaron os seguintes comercios: Elemoba, Perruquería Ana Ures, Fercal, A de Visi, O Botero, A Tenda da Tía Carmen, Óptica Avelino, Doces e Mecos, A Tenda de Vera e Cerámicas Creare.
Dende o Concello de Malpica queremos expresar o noso agradecemento a todos os establecementos participantes pola creatividade e o esforzo amosados, así como ao presidente da Asociación San Xulián e á presidenta da Asociación Malpica Felina pola súa colaboración no proceso de deliberación do xurado.
O municipio de Malpica de Bergantiños celebrou o luns 5 de xaneiro a chegada das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente cunha xornada de actividades dirixidas especialmente ao público infantil, que tivo unha primeira parada na parroquia de Buño e continuou coa tradicional cabalgata pola vila de Malpica.
Durante a tarde, Buño acolleu a recepción dos Reis Magos organizada pola AVSC O Quinteiro, cun programa que incluíu un obradoiro infantil para a elaboración de carteis de benvida, cantos dedicados ás súas Maxestades, a recepción oficial e unha chocolatada popular no Parque Luciano García Alén.
Xa pola tarde-noite, ás 19.00 horas, deu comezo en Malpica a cabalgata dos Reis Magos, que saíu desde o Centro Cívico. A comitiva estivo formada por un vehículo de Protección Civil, dous pasarrúas con zancudos, un malabarista, tres músicos de ASACOCIRCO, catro pingüíns xigantes de Boneca Lareta e un segundo vehículo de Protección Civil con carroza real e carromato musical.
O percorrido discorreu pola rúa Ventorrillo, rúa Emilio González López, praza Anselmo Villar Amigo, rúa Eduardo Vila Fano, Cruceiro, Porto, Dársena e Casa do Pescador, onde tivo lugar a recepción oficial das súas Maxestades.
Á chegada á Casa do Pescador, o alcalde de Malpica recibiu aos Reis Magos na porta principal e acompañounos ata o balcón do ISM, desde onde tivo lugar o saúdo institucional. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, deu a benvida ás súas Maxestades destacando o carácter mariñeiro da vila: “Chegades a unha vila mariñeira, rodeada polo mar, polo son das ondas e polo traballo de xente valente. Chegades a un pobo que mira cada día cara ao océano, onde os barcos buscan o abrigo do porto e as redes se preparan co mimo, e onde as Sisargas nos lembran o orgullosos que estamos da nosa terra”.
O rexedor deulle a palabra a Melchor, que se dirixiu ás nenas e nenos de Malpica, lembrando a importancia de manter a ilusión e sinalando que “a ilusión é unha luz pequeniña, pero moi poderosa, que vos acompañará sempre”.
A xornada pechouse co encontro das súas Maxestades coa infancia na praza Anselmo Villar Amigo, antes de continuar a súa viaxe nocturna polos fogares do municipio.
A visita das súas Maxestades continuará mañá, martes 6 de xaneiro, con paradas noutras parroquias do municipio segundo o seguinte programa:
Santiso – 10.30 h, no campo da festa
Beo – 11.00 h, na estrada xeral, no cruce
Mens – 11.30 h, no campo da festa
Barizo – 12.00 h, no campo da festa
E Seala – 13.45 h, no campo da festa
Esta xornada conta coa colaboración da ACD San Xulián. A veciñanza poderá seguir desfrutando da visita dos Reis Magos nas distintas parroquias do concello.
O Concello de Malpica vén de executar actuacións de mellora en camiños municipais nas zonas de O Campelo (Barizo) e A Xesteira (Cambre), cun investimento total de 76.360,66 euros.
Estas actuacións están incluídas no Plan de Camiños Rurais 2025-2026 da Xunta de Galicia, un programa destinado a reforzar as infraestruturas viarias no medio rural e a garantir unhas comunicacións máis seguras e eficientes para a veciñanza.
Os traballos realizados permitiron mellorar o estado do firme, incrementar a seguridade viaria e facilitar o acceso ás vivendas e parcelas destas zonas, contribuíndo así á mellora da calidade de vida da poboación e ao mantemento do territorio.
Desde o Concello de Malpica destácase a importancia deste tipo de investimentos para seguir avanzando na conservación e modernización da rede de camiños municipais, especialmente nas áreas rurais, fundamentais para a actividade diaria da veciñanza e para o desenvolvemento económico e social do municipio.
O Concello de Malpica ven de rematar as obras de mellora do firme existente nos accesos aos núcleos de Loroxo e Algadán, situados na parroquia de Cerqueda, unha actuación que permite optimizar a seguridade viaria e as condicións de tránsito nestas vías de uso diario para a veciñanza.
Os traballos consistiron na rehabilitación do pavimento, solucionando o deterioro existente e garantindo unha circulación máis cómoda e segura, especialmente en épocas de choiva e maior desgaste do firme.
Esta actuación contou cun investimento total de 126.256,99 euros e está incluída no POS+ Adicional 2/2024, dentro do plan de cooperación cos concellos da Deputación da Coruña.
Dende o Concello de Malpica destácase a importancia deste tipo de intervencións, que contribúen a mellorar as infraestruturas básicas no rural e a calidade de vida da veciñanza, reforzando o compromiso municipal coa conservación e mantemento da rede viaria en todas as parroquias do municipio.
O Concello de Malpica de Bergantiños dá a coñecer a súa Programación de Nadal 2025-2026, un calendario composto por actividades culturais, educativas, solidarias, deportivas e familiares que se desenvolverán entre os meses de novembro e xaneiro en distintos espazos do municipio. A programación inclúe actividades en colaboración coas asociacións culturais, deportivas, educativas e sociais do Concello.
Concursos e exposicións iniciais
Do 1 ao 15 de decembro, o Centro Cívico de Malpica acollerá a exposición Prestixe 20 anos, e entre o 8 de decembro e o 8 de xaneiro poderá visitarse no Fogar do Pensionista a Exposición de Belén de Amigurumis, obra de Marta Rojo Amigo. Do 16 de decembro ao 18 de xaneiro, o mesmo espazo expositivo do Centro Cívico acollerá a mostra Letras cantadas, coa colaboración do Concello de Carballo.
Primeiros actos destacados
Hoxe 5 de decembro terá lugar a entrega de premios do Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal nos centros CEIP JRO Buño, CEIP Milladoiro, IES Urbano Lugrís e Escola de Mens do CRA A Nosa Señora do Faro.
O 7 de decembro, ás 19.30 horas, na Praza Anselmo Villar Amigo, celebrarase o acendido de luces, acompañado dunha chocolatada, a instalación da Caixa do Correo Real e a colocación dos adornos na árbore de Nadal.
Actividades de decembro
13 de decembro (sábado): Charla e vieiro de etnomedicina O uso das herbas medicinais, a cargo da farmacéutica María Moure (María das herbas), dentro do proxecto ECO DE SOL. Ás 17.00 no Salón de Actos da Casa do Pescador.
14 de decembro (domingo): Xornada benéfica de recollida de xoguetes no Campo de Fútbol de Pedra Queimada. Organiza: Sporting Seaia.
17 de decembro (mércores): Visita do Carteiro Real aos centros de ensino:
11.00 Galiña Azul de Cerqueda
11.30 CEIP JRO
12.00 CEIP Milladoiro
13.00 Escola Unitaria de Mens Colabora: Sporting Seaia.
19 de decembro (venres): Espectáculo A alfombra máxica de Títeres Babaluva, ás 17.00 no Auditorio do Centro Cívico. Para bebés ata 3 anos (prazas limitadas).
20 de decembro (sábado): • Xornada benéfica de recollida de víveres no Campo de Fútbol de Xaviña (UD Cerqueda). • Ás 17.30, colocación dunha placa en homenaxe ás Pandereteiras de Mens, con actuacións da AC Raigañas, ACD Carcaxía e AC Malante. • Ás 19.00, na Igrexa de Mens, presentación do disco Mens de Icía Varela.
21 de decembro (domingo):Contos arredor do lume, por Alba de Vales. Ás 17.00 no Salón de Actos da Casa do Pescador. Para público infantil desde 4 anos.
22 de decembro (luns): Festa infantil con inchables no Pavillón do CEIP JRO, de 17.00 a 19.30. Colabora: ANPA Xaviña.
22, 23, 24, 26, 29, 30, 31 de decembro e 2 de xaneiro:Campamento de Nadal en Seaia (Casa da Cultura de Seaia), de 9.00 a 14.00 para crianzas de 4 a 12 anos. Organiza: A.C.D Carcaxía.
23 de decembro (martes): • Torneo de bádminton e pickleball, desde as 10.30 no Pavillón Municipal. • Obradoiro de Redeiras e visita ás instalacións portuarias, na Casa do Pescador, de 16.30 a 18.30, para nenas/os de 3 a 12 anos.
24 de decembro (mércores): • Papa Noel recibirá ás crianzas desde as 18.00 na Fonte de Anselmo Villar Amigo. • Recollida de agasallos de 10.00 a 13.00 na entrada das oficinas da Policía Local. Organiza: AC Malante.
26 de decembro (venres): • Obradoiro de adornos de Nadal na Casa do Pescador, 17.00–19.00. • Contos, Cantos e Bailes de Nadal no Centro Sociocultural das Pozacas, desde as 20.00. Organiza: AC Raigañas.
27 de decembro (sábado): • Día da Convivencia coa xente miúda con obradoiros, xogos e visita do Pendigueiro, de 11.00 a 13.30 no Centro Sociocultural das Pozacas. • V Foliada de Cantos de Nadal no Auditorio do Centro Cívico:
20.30: ACD Carcaxía e AC Malante
21.00: Concerto dos Viqueiras
28 de decembro (domingo): • Obradoiro de Origami Tradicional, 11.00–13.00 no Centro Cívico. • Espectáculo Contamos contos de medo? ás 17.00 na Casa do Pescador.
29 de decembro (luns): Festa infantil con inchables no Pavillón Polideportivo, 17.00–19.30. Colabora: ANPA Ventorrillo.
30 de decembro (martes): • Xogos multideportivos, de 10.30 a 13.30 no Pavillón Municipal. • Obradoiro de Redeiras no CAT de Buño, de 16.30 a 18.00.
31 de decembro (mércores): • VIII San Silvestre Malpicana, con percorridos infantil e sénior. • Baile de Fin de Ano, no Auditorio do Centro Cívico, de 23.45 a 4.00, coa actuación do Trío Rosel.
Programación de xaneiro
2 de xaneiro (venres): Obradoiro de adornos de Nadal na Casa do Pescador, 17.00–19.00.
3 de xaneiro (sábado): • Obradoiro de Origami Modular (11.00–13.00, Centro Cívico). • Representación teatral “Entre Dos”, ás 20.00 no Auditorio do Centro Cívico (a partir de 14 anos).
4 de xaneiro (domingo):Contos para a primeira infancia por Cris de Caldas, ás 17.00 na Biblioteca Eduardo Blanco Amor.
5 de xaneiro (luns): chegada dos Reis Magos a: • Buño, ás 17.30 (igrexa de Santo Estevo) • Malpica, ás 19.00 Ademais, percorridos en Cerqueda e Cambre (desde as 16.00), e en Leiloio (desde as 18.30).
6 de xaneiro (martes): Chegada dos Reis Magos a: • Santiso (10.30), Beo (11.00), Mens (11.30), Barizo (12.00) e Seaia (13.45).
10 de xaneiro (sábado): Inchables no campo da festa de Seaia ás 17.30.
O Concello de Malpica de Bergantiños presenta a programación de actividades culturais e deportivas para o curso 2025-2026. Unha oferta variada que inclúe propostas para todas as idades, co obxectivo de promover a práctica deportiva, a creatividade e a formación ao longo de todo o ano.
O prazo de inscrición comeza o luns 8 de setembro.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS ADULTOS/AS
Ximnasia terapéutica (+50 anos)
Buño (Casa do Oleiro): martes e xoves de 10.30 a 11.15
Malpica (Pavillón): martes e xoves de 11.30 a 12.15 Inicio: 2 de outubro
Ioga (+18 anos)
Buño (Casa do Oleiro): mércores de 10.30 a 11.30
Malpica (Centro Cívico): mércores de 11.45 a 12.45 Inicio: 1 de outubro
Pilates (+18 anos)
Buño (Casa do Oleiro): martes e xoves de 18.10 a 19.05
Malpica (Centro Cívico): Grupo I: 19.20 a 20.15 Grupo II: 20.20 a 21.15 Inicio: 2 de outubro
Zumba (+16 anos)
Buño (Casa do Oleiro): luns e mércores de 18.15 a 19.10
Malpica (Centro Cívico): luns e mércores de 19.30 a 20.25 Inicio: 1 de outubro
Cota: 10,85 €/mes por actividade Información e inscricións: Departamento de Deportes – Tel. 981 720 001 Horario: 9.00 a 14.00 – A partir do 8 de setembro
ESCOLAS CULTURAIS
Obradoiro de Arte – 12 €/mes
Malpica (Centro Cívico) – Inicio 7 de outubro Grupo I (3-6 anos): martes de 16.00 a 17.00 Grupo II (7-12 anos): martes de 17.00 a 18.00 Grupo III (+13 anos): martes de 18.00 a 19.00
Buño (CEIP JRO) – Inicio 6 de outubro Grupo IV (3-6 anos): luns de 16.00 a 17.00 Grupo V (7-12 anos): luns de 17.00 a 18.00
Animación teatral – 15 €/mes
Malpica (Centro Cívico) – Inicio 2 de outubro Grupo I (6-8 anos): xoves de 17.30 a 18.30 Grupo II (9-11 anos): xoves de 18.30 a 19.30 Grupo III (+12 anos): xoves de 19.30 a 20.30
Buño (CEIP JRO) – Inicio 2 de outubro Grupo IV (6-11 anos): xoves de 16.00 a 17.00
Robótica – 15 €/mes
Malpica (Centro Cívico) – Inicio 1 de outubro Grupo I (4-8 anos): mércores de 18.00 a 19.00 Grupo II (9-14 anos): mércores de 19.00 a 20.00
Buño (CEIP JRO) – Inicio 1 de outubro Grupo III (4-8 anos): mércores de 15.30 a 16.30 Grupo IV (9-14 anos): mércores de 16.30 a 17.30
Obradoiro de Coiro (+18 anos) – 18 €/mes
Casa da Cultura de Seaia Inicio: 2 de outubro Xoves de 18.00 a 20.00
Obradoiro de Barro
Taller de olería da Casa do Oleiro, Buño Grupo I (Modelado 6-12 anos): 12 €/mes – venres de 19.30 a 20.30 – inicio 3 de outubro Grupo II (Torno e modelado +13 anos): 15 €/mes – sábados de 10.00 a 11.30 – inicio 4 de outubro
Información e inscricións: Oficinas xerais – Tel. 981 720 001 Horario: 9.00 a 14.00 – A partir do 8 de setembro Máx. 15 prazas e mín. 10 por grupo (excepto Obradoiro de Coiro: máx. 10, mín. 8)
EMEF (Escola Municipal de Educación Física)
Patinaxe – Inicio 2 de outubro
Grupo I (nados 2017-2020): xoves de 17.15 a 18.10
Grupo II (nados 2011-2016): xoves de 18.15 a 19.10
Atletismo – Inicio 3 de outubro
Nados entre 2012 e 2017: martes e venres de 16.00 a 16.55
Ximnasia rítmica – Inicio 1 de outubro
Nados entre 2014 e 2020: mércores de 16.00 a 16.55
Volei – Inicio 3 de outubro
Nados entre 2009 e 2013: martes e venres de 17.00 a 17.55
Multideporte (nados 2014-2020)
Buño: xoves de 16.00 a 16.55 – inicio 2 de outubro
Malpica: venres de 18.00 a 18.55 – inicio 3 de outubro
Judo – Inicio 6 de outubro
Grupo I (nados 2019-2022): luns de 16.30 a 17.25
Grupo II (nados 2014-2018): luns de 17.30 a 18.25
Grupo III (nados 2009-2013): luns de 18.30 a 20.25
Cota: 17,36 €/actividade Información e inscricións: Departamento de Deportes – Tel. 981 720 001 Horario: 9.00 a 14.00 – A partir do 8 de setembro Todas as actividades serán no Pavillón Municipal de Malpica, agás Multideporte dos xoves (CEIP Joaquín Rodríguez Otero).
Nota importante: Os horarios poderán ser modificados en función das persoas inscritas.
O Concello de Malpica vén de anunciar a posta en marcha dun programa de actividades dirixidas ás persoas maiores do municipio, co obxectivo de fomentar o seu benestar, estimular as súas capacidades e ofrecer espazos de encontro e lecer.
As propostas inclúen talleres de manualidades, memoria e ortografía, con horarios adaptados e localizacións tanto en Malpica como en Buño.
Os talleres son os seguintes:
Taller de Manualidades
Buño · Martes e xoves, de 15:45 a 17:45 h, na Casa do Oleiro
Malpica · Martes e xoves, de 18:00 a 20:00 h, no Centro Cívico
Comezo: 3 de outubro
Taller de Memoria
Buño · Venres, de 10:30 a 12:00 h, no CAT (antigo Centro Comarcal) · Comezo: 26 de setembro
Malpica · Martes, de 10:30 a 12:00 h, no Centro Cívico · Comezo: 30 de setembro
Taller de Ortografía
Buño · Mércores, de 10:30 a 12:00 h, no CAT (antigo Centro Comarcal)
Comezo: 1 de outubro
As persoas interesadas poderán inscribirse a partir do 8 de setembro, chamando ao teléfono 981 720 280 ou acudindo directamente ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Malpica.
Con esta iniciativa, o Concello reafirma o seu compromiso co envellecemento activo, ofrecendo actividades que favorecen a creatividade, a aprendizaxe e a socialización.
Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario - Ocultar detalles
• Social media Facebook, Twitter e outras Redes Sociais precisan utilizar cookies para recoñecerte.
• Analytics Os datos recollidos polas cookies de Google Analytics son anónimos e só se usan para valorar a experiencia do usuario no nosa web.
• Anuncios Este sitio pode albergar publicidade propia, de afiliados, ou de redes publicitarias.
• Cookies propias Este sitio utiliza cookies propias para facilitar o acceso e mellorar a navegación e experiencia ao usuario Aviso Legal ACEPTOLeer más