gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
10°
Martes 14°
Mércores 14°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. LUGARES PARA VISITAR
  3. Torres de Mens

Torres de Mens

Torres de Mens

Ultimate Responsive Image Slider Plugin Powered By Weblizar

A historia e a importancia de Malpica no territorio de Bergantiños queda patente na fortaleza das Torres de Mens (S.XV), situadas na parroquia malpicá da que toman o nome. Rodeado por un recinto amurallado, o conxunto está formado pola vivenda e tres torres de planta cadrada. No último piso dunha delas sobresae un balcón corrido de madeira, apoiado sobre ménsulas de pedra.

Este conxunto pertenceu aos Condes de Altamira e foi derruída en 1467 durante a revolta Irmandiña. O actual propietario, Agustín Ordóñez, rehabilitou as torres en 1988, encargándolle a tarefa ao arquitecto Manuel Gallego Jorreto. Esta exemplar e coidadosa rehabilitación recibiu o premio Europa Nostra en 1993. O edificio tamén está catalogado como Ben de Interese Cultural (BIC).

As Torres, de propiedade privada, non se poden visitar. Aínda así, é unha marabilla observalas desde fóra.

Conta a lenda que había un paso secreto entre as Torres e a igrexa de Santiago de Mens.