gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
10°
Martes 14°
Mércores 14°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. LUGARES PARA VISITAR
  3. Igrexa de Santiago de Mens

Igrexa de Santiago de Mens

Igrexa de Santiago de Mens

Ultimate Responsive Image Slider Plugin Powered By Weblizar

Moi preto das Torres atopamos a igrexa de Santiago de Mens (s. XII), declarada Conxunto Histórico Artístico. Nela observarás pegadas das súas tres fases de construción. Da primeira, prerrománica, consérvanse as tres naves. Da época románica mantéñense as ábsidas e, da última fase, de estilo barroco, é a remodelación da fachada principal.

Fíxate nas ábsidas. Nelas hai unha interesante colección de figuras humanas e de animais. Chamarán a túa atención os acróbatas e as bailarinas talladas na pedra.

Xa no interior, destacan as pinturas e os capiteis decorados, a imaxe de Santiago peregrino en madeira e unha ara precristiá no altar da ábsida sur.

¿Sabes que a lenda di que estaba comunicada coas Torres de Mens por un pasadizo secreto? Incluso os veciños dicían que a terra que cubría o túnel non era fértil e todo o que se sementaba nela medraba menos que no resto dos terreos.