gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 13°
Mércores 14°
10°
Xoves 15°
12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. LUGARES PARA VISITAR
  3. Muíños da Ribeira

Muíños da Ribeira

Muíños da Ribeira

Ultimate Responsive Image Slider Plugin Powered By Weblizar

Nun lugar de gran beleza, os muíños da Ribeira (tamén coñecidos como muíños de Ardeleiro, pois sitúanse na parroquia do mesmo nome) distribúense ás dúas beiras do Rego dos Muíños e moi preto da acantilada costa.

O conxunto etnográfico está formado por 5 muíños, que se usaban para aproveitar o pequeno caudal do rego antes de que este caera no mar. Todos son construcións cuadrangulares de fábrica de cachotería de lousa e contan cun único pé. Dependendo da situación da estrutura, varía a solución dada para que a auga baixe con forza cara ao rodicio, e atopamos muíños de canle e de cubo.

Antes de baixar ata o val onde están os muíños, verás unha cruz de pedra que recorda o naufraxio da lancha “David” (8 de xullo de 1899). Nel afogaron o patrón da lancha e os seus tres fillos. [Fonte: Xelucho Abella Chouciño]. Aínda que esta é a máis estendida, hai outras versións que explican a presenza desta cruz no lugar.

Por aquí pasa a ruta dos Pinos no Mar, un sendeiro co que gozar da natureza máis salvaxe do litoral malpicán.

No municipio hai outro conxunto etnográfico, composto por tres muíños. Sitúase no curso medio do río Vaa.