gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 13°
10°
Luns 13°
10°
Martes 13°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. LUGARES PARA VISITAR
  3. Miradoiro de Santo Hadrián

Miradoiro de Santo Hadrián

Miradoiro de Santo Hadrián

Ultimate Responsive Image Slider Plugin Powered By Weblizar

O miradoiro do cabo de Santo Hadrián sitúase preto da ermida do mesmo nome. Desde aquí terás unha fermosa panorámica do horizonte e o mar rompendo nos acantilados, da vila de Malpica e da costa de Razo e Baldaio (Carballo) que se estende despois dela.

Ademais, terás aos teus pés as Sisargas. O lugar convértese tamén nun lugar privilexiado para o avistamento de aves. Cuns prismáticos contemplarás a riqueza da fauna (gaivotas, corvos mariños…) e a flora (líquenes, matogueiras, mofos, pequenos arbustos…) das tres illas.

Ata a ermida peregrinan os veciños e visitantes na romaría de Santo Hadrián e tamén é moi habitual facer a ruta para gozar da natureza e practicar deporte.