gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 13°
10°
Luns 13°
10°
Martes 13°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. RUTAS
  3. Ruta desde Malpica a Santo Hadrián

Ruta desde Malpica a Santo Hadrián

Ruta desde Malpica a Santo Hadrián

Vista do paseo marítimo coas praias de Canido e Area Maior

Atoparás o areal de Seaia antes de chegar ao miradoiro de Santo Hadrián

Camiñando ata Santo Hadrián podes ver as illas Sisargas de preto

Ultimate Responsive Image Slider Plugin Powered By Weblizar

Aínda que cada 16 de xuño os romeiros peregrinan a Santo Hadrián, este non é o único día que os malpicáns percorren o sendeiro que une a ermida e o paseo marítimo. É moi habitual ver xente paseando por este litoral, por ser unha ruta curta á vez que atractiva pola paisaxe.

Podes comezar este camiño no paseo marítimo, desde as praias de Area Maior e Canido. Unha vez aquí, o camiño guiarate por esta costa e terás unhas bonitas vistas da vila que vas deixando atrás. Enfronte, a Atalaia. O sendeiro levarate, tras pasar o areal de Seaia, ata un miradoiro irrepetible, xusto en liña coas illas Sisargas. Continuarás moi preto ao mar ata chegar á ermida de Santo Hadrián. Sen dúbida, esta é unha ruta moi recomendable para aqueles que queiran desconectar e gozar da paisaxe pero sen camiñar moitos quilómetros.

Punto de inicio

Praia de Canido: 43.323223, -8.817525

Punto final

Ermida de Santo Hadrián: 43.339391, -8.831528

Dificultade

Fácil

Distancia

3,5 km

Tempo

50 min (a pé, paso moderado)