Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 12°
10°
Sábado 13°
Domingo 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas

Novas

27Abr 2022

Novo sorteo da Concellaría de Olaría de Malpica para a promoción da tradición de Buño

As persoas que desexen participar no sorteo deste mes poderán fácelo a través do Facebook ata o este venres 29 de abril, incluído

A Concellaría de Olaría de Malpica ten en marcha un novo sorteo da alfarería de Buño. Todas aquelas persoas que desexen participar, nesta terceira convocatoria, poderán facelo ata este venres, 29 de abril, incluído a través do perfil de Facebook do Concello.

Nesta ocasión os participantes optaran a dous cuncos feitos a mal e exclusivos que teñen a dualidade de ser tan decorativos como prácticos. Todos aqueles e aquelas interesados deben deixar un comentario na publicación sobre quen é o seu autor ou autora, ou adiviñando a que tenda ou obradoiro corresponde.

A persoa acertante que resulte gañadora, a través dun sorteo aleatorio, recibirá un vale con todos os datos da creación para pasar a recollelo. Dende o departamento lémbrase que non se realizarán envíos.

Con este novo sorteo continúase promocionando e fomentando a tradición artística e tradicional da vila, tal e como reza o lema desta campaña: “Goza da arte de Buño, participa e que a sorte te acompañe!”.

27Abr 2022

A primeira fase de patinaxe artística reúne en Malpica a máis de 100 deportistas dos niveis 4 a 10

O Pavillón do Concello acolleu o sábado a competición, organizada polo Club Patín Velúa

O Concello de Malpica colaborou este fin de semana na organización da competición da primeira fase de niveis de patinaxe artística do 4 ao 10 Coruña Norte. Unha actividade deportiva organizado polo Club Patín Velúa e que reuniu a máis dun centenar de deportistas.

Na competición, desenvolvida ao longo do sábado, participaron patinadores e patinadoras dos clubs Patiart, As Pontes, Oleiros, Maxia, Conxuro, Escola Lubians, Inercia e Lenda e Buxaina, Alquimia, Costa da Morte, Aura, Compañía de María, Axel e Velúa.

Unha xornada na que os espectadores gozaron cun gran espectáculo deportivo e artístico na que participou a Federación Galega de Patinaxe.

A clasificación íntegra pode ser consultada na FGP.

25Abr 2022

A andaina solidaria “En marcha contra o cancro” organizada polo Concello de Malpica reúne a 350 participantes

O compromiso do Concello coa causa foi recoñecido pola Asociación Española contra o Cancro cun diploma

O Concello de Malpica, xunto coa Asociación Española contra o Cancro, organizaron este domingo a andaina solidaria “En marcha contra o cancro”, que reuniu a 350 participantes, dos que 20 foron nenos e nenas e o resto adultos.

O Concello tamén doou 200 chapas artesáns realizadas polo oleiro Antonio Pereira “O rulo”. Uns accesorios elaboradas en barro e nas que o lazo verde distintivo está pintado a man serán vendidos por 10 euros pola asociación, quen recadara integramente o importe das ventas que realice.

Una achega que Carmen Teresa Blanco, presidenta do cancro de Malpica, agradeceu do mesmo xeito que destacou “a implicación e compromiso mostrado por todo o Concello e representado polo alcalde, Eduardo Parga, as concelleira Noeila Freijeiro e Marisol, así como os voluntarios de Protección Civil, e todas as persoas que colaboraron para que todo saíra ben, especialmente á técnica de deportes, María Bardanca. Sen todos eles non sería posible a realización de esta andaina”.

Unha colaboración recoñecida a través de Carmen Teresa Blanco, que entregou ao goberno municipal o diploma outorgado pola Asociación Española contra o Cancro á asociación en recoñemento aos 20 anos de traballo.

Recadación

A presidenta da entidade tamén destacou que da venta de camisetas, chaquetas e bolsas na xornada de onte recadáronse 600 euros. Unha contía que xunto coa das inscricións e a da venta das chapas irá destinada ás actividades da asociación e á investigación. 

Todos eles realizaron o percorrido de cinco quilómetros de que partiu, ás 10:30 horas, da Fonte de Villar Amigo e logo camiñaron entre San Antonio, Castelo Seixas, Ardeleiro, Lapachan, e remataron de novo na Fonte de Villar Amigo. A actividade foi presentada pola xornalista malpicán Selina Otero.

Ataviados coa pañoleta verde distintiva gozaron dunha xornada diferente cun fin solidario na que a climatoloxía acompañou deixando para a lembranza un día de colaboración e compromiso coa investigación e o tratamento da enfermidade.

22Abr 2022

A agrupación de voluntarios de Protección Civil de Malpica recibirá nove Condecoracións da Asociación nacional de Voluntarios de Protección Civil

As distincións serán entregadas na cerimonia que se celebrará o vindeiro 7 de maio na Academia Galega de Seguridade Pública

A agrupación de voluntarios de Protección Civil de Malpica recibirá nove condecoracións concedidas pola Asociación Nacional de Voluntarios de Protección Civil. Ditos recoñecementos serán serán entregadas o vindeiro 7 de maio, nun acto que se celebrará na Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada.

Serán recoñecidos con medallas de Mérito e Recoñecemento á Antigüidade e a Constancia nas categorías de Bronce, Prata e Ouro. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, sinalou: “É un recoñemento ao traballo e o esforzo de todos e todas as persoas que colaboran como voluntarias e que mostran o seu compromiso diariamente. Grazas a todos os que veñen de ser recoñecidos e ao conxunto de voluntario de Protección Civil de Malpica”.

Na categoría de Bronce con distintivo branco será recoñecido David Varela Abelenda; e con distintivo laranxa Carlos Antonio Formoso Canto e Marco Antonio Ures García.

Na categoría de Prata con distintivo vermello a medalla será entregada a Eduardo Rubén Díaz García e Iván Lema Botana.

Na categoría de Ouro recibirán medallas distintintivas Emilio Sayans Bonachera, Daniel Vázquez Añón, José Antonio Alfeirán Regueira e Adrián Verdes Suárez.

Trátase duns distintivos que recoñecen o esforzó e compromiso dos voluntarios e do Concello de Malpica a prol da seguridade e a asistencia en urxencias. A Asociación Nacional Nacional de Agrupacións de Voluntarios Protección Civil (ANAV) concede estes galardóns como recoñecemento e agradecemento público polas accións, dedicación e apoio dos voluntarios, agrupacións, servizos, entidades e administracións públicas e privadas e empresas e corpos relativos á seguridade, emerxencias e a Defensa Nacional.

20Abr 2022

O alumnado do CEIP Joaquín Rodríguez Otero xa conta coa nova zona de xogos desenvolvida polo Concello

A obra foi entregada hoxe ao director do centro educativo

O alcalde do Concello de Malpica, Eduardo Parga, entregou hoxe a obra do novo espazo de xogos infantís do centro CEIP Joaquín Rodríguez Otero ao director do mesmo.

Estiveron presentes o concelleiro Miguel Fernández e a concelleira de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, Noelia Freijeiro, así como o representante da empresa encargada da execución da obra: Damaso Ferreiro.

O renovado espazo infantil conta cunha zona de céspede natural así como outra de xogos asentados sobre un piso adecuado os máis pequenos. Os cativos e cativas teñen un novo tobogán, bambán e zona de escada así como outros elementos cos que gozar ao tempo que melloran a súa psicomotricidade.

19Abr 2022

O Concello de Malpica participa na organización da andaina “En marcha contra o cancro” este domingo, 24 de abril

Os interesados aínda poden inscribirse e colaborar con esta actividade organizada conxuntamente coa Asociación Española contra o Cancro

O Concello de Malpica, xunto coa Asociación Española contra o Cancro, organizan a andaina solidaria “En marcha contra o cancro”, que se desenvolverá este domingo 24 de abril.

Unha acción conxunta e solidaria para a que está aberto o prazo de inscrición e que partirá ás 10.30 horas da Fonte de Villar Amigo para logo realizar o percorrido entre San Antonio, Castelo Seixas, Ardeleiro, Lapachan, e rematar onde comeza, na Fonte De Villar Amigo.

Unha convocatoria aberta para todas as idades, na que os nenos e nenas de ata 12 anos pagarán 3 euros e os maiores 5 euros. Ademais, unha vez formalizada a inscrición, os participantes recibirán unha pañoleta.

Inscricións

As persoas interesadas en participar e colaborar con esta causa poderán apuntarse a través da seguinte ligazón RockTheSport (contraelcancer.es) ou nos seguintes puntos presenciais:

  • Leiloio: Mª Carmen do Vilar
  • Buño: Casa de Lexi do Correo.
  • Cambre: Rosa María.
  • Cerqueda: U.D. Cerqueda.
  • Malpica: Jofra- Peluquería Ana Ures e Peluquería Cristal.

Ademais poden contactar telefonicamente co Concello no 981.720.001; con Carmen Teresa no 625.117.730; con Mª José Veiga no 628.094.299, e con Mª José Prieto no 686983670.

19Abr 2022

Malpica acollerá a primeira fase de niveis de patinaxe artística do 4 ao 10 Coruña Norte

O Pavillón do Concello será a sede da competición, o vindeiro 23 de abril, organizada polo Club Patín Velúa

O pavillón de Malpica acollerá o vinderio 23 de abril a primeira fase de niveis de patinaxe artística do 4 ao 10 Coruña Norte. Un encontro deportivo organizado polo Club Patín Velúa coa colaboración activa do Concello de Malpica de Bergantiños.

A competición comezará este sábado coa participación dos clubs Patiart, As Pontes, Oleiros, Maxia, Conxuro, Escola Lubians, Inercia e Lenda. Os horarios de participación serán:

  • De 10.30 horas a 12.30 horas: Nivel 4.
  • De 12.30 horas a 13.00 horas: Nivel 5.
  • De 13.00 horas a 13.30 horas: Nivel 5.

Pola tarde participarán deportistas dos clubs Buxaina, Alquimia, Costa da Morte, Aura, Compañía de María, Axel e Velúa, que competirán co seguinte horario:

  • De 16.00 horas a 16.45 horas: Nivel 4.
  • De 16.45 horas a 17.35 horas: Nivel 5.
  • De 17.35 horas a 18.10 horas: Nivel 6.
  • De 18.10 horas a 18.40 horas: Nivel 7.
  • De 18.40 horas a 18.55 horas: Nivel 8.
  • De 18.55 horas a 19.00 horas: Nivel 9.
13Abr 2022

Andaina Solidaria MALPICA DE BERGANTIÑOS EN MARCHA CONTRA O CANCRO

Unha actividade organizada pola Asociación Española contra o Cancro e o Concello de Malpica.

O vindeiro 24 de abril temos unha andaina con fins solidarios no noso concello.

A saía da mesma será ás 10:30h da mañá dende a praza de Villar Amigo e farase un percorrido por San Antonio, Castelao, Seixas, Ardelerio, Lapachan e o punto final de encontro e na mesma praza do inicio da andaina.

Os camiñantes que desexen participar deben aboar, ao inscribirse, 5€ por adultos, 3€ por nena/o de ata 12 anos. Coa inscricións levas de recordo unha práctica pañoleta.

Os lugares para apuntarse son os seguintes:  LEILOIO: Mª Carmen do Vilar, BUÑO: Casa de Lexi do Correo, CAMBRE: Rosa María, CERQUEDA: U.D. Cerqueda, MALPICA: Jofra- Perruquería Ana Ures y Perruquería Cristal Teléfonos de contacto: Concello (981.720.001), Carmen Teresa (625.117.730) Mª José Veiga (628.094.299) e Mª José Prieto (686983670)

E tamén podes inscribirte na web na seguinte ligazón:  https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/malpica-de-bergantinos-en-marcha-contra-o-cancro?fbclid=IwAR0UAtDGHSzfawlhtmpKssTjdEN3-KqGkF8FPiZHpu4wzZkpHzdUdN1wjzg

11Abr 2022

O Concello celebrará a VI edición de “Malpica sabe a mar” no mes de maio

O encontro volverá, tras dous anos parada por mor da pandemia, cun récord de participación

O Concello de Malpica xa está traballando na sexta edición de “Malpica sabe a mar”, que os últimos anos non puido celebrarse por mor da pandemia.

A concellaría de Promoción Económica xa mantivo unha reunión cos hostaleiros do concello para poñer en funcionamento esta nova convocatoria, que será a de maior participación de locais.

Está previsto que se desenvolva no mes de maio, e dada a boa resposta de todos os participantes estase a traballar na sétima edición para o mes de outubro.

“Malpica sabe a mar” e unha ruta de tapas elaboradas con produtos do mar que se celebra desde 2016, con excepción dos anos da pandemia. A Concellería de Promoción Económica e o sector hostaleiro de Malpica unen esforzos para desenvolver unha iniciativa conxunta que enlaza tres sectores fundamentais da economía local: a pesca, a hostalaría e a olaría. Unha acción na que os locais participantes trataran de sorprender á clientela a través exquisitas elaboracións.

Por outra banda, a concellaría de Promoción Económica tamén traballa nunha nova campaña co sector da alimentación, para o impulso do comercio en todas as súas vertentes.

11Abr 2022

O Fogar dos pensionistas de Malpica acolle unha mostra de maquetas de barcos

Os interesados poderán achegarse ata final de mes a visitar as obras asinadas por José Blanco Novo

O local social “Fogar dos pensionistas. Casa do pescador de Malpica” acolle una mostra de maquetas de barcos ata final de mes. Unha mostra desenvolvida grazas a colaboración da Concellaría de Cultura e a Confraría de Pescadores de Malpica.

Os interesados en visitar esta exposición con obras asinadas polo autodidacta malpicán José Blanco Novo, José de Magío, poderán facelo entre as 10.00 horas e as 13.00 horas e as 17.00 horas e as 20.00 horas.

Página 25 de 149« Primera...1020...2324252627...304050...Última »