Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 14°
10°
Xoves 14°
11°
Venres 13°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. A agrupación de voluntarios de Protección Civil de Malpica recibirá nove Condecoracións da Asociación nacional de Voluntarios de Protección Civil

22Abr 2022

A agrupación de voluntarios de Protección Civil de Malpica recibirá nove Condecoracións da Asociación nacional de Voluntarios de Protección Civil

As distincións serán entregadas na cerimonia que se celebrará o vindeiro 7 de maio na Academia Galega de Seguridade Pública

A agrupación de voluntarios de Protección Civil de Malpica recibirá nove condecoracións concedidas pola Asociación Nacional de Voluntarios de Protección Civil. Ditos recoñecementos serán serán entregadas o vindeiro 7 de maio, nun acto que se celebrará na Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada.

Serán recoñecidos con medallas de Mérito e Recoñecemento á Antigüidade e a Constancia nas categorías de Bronce, Prata e Ouro. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, sinalou: “É un recoñemento ao traballo e o esforzo de todos e todas as persoas que colaboran como voluntarias e que mostran o seu compromiso diariamente. Grazas a todos os que veñen de ser recoñecidos e ao conxunto de voluntario de Protección Civil de Malpica”.

Na categoría de Bronce con distintivo branco será recoñecido David Varela Abelenda; e con distintivo laranxa Carlos Antonio Formoso Canto e Marco Antonio Ures García.

Na categoría de Prata con distintivo vermello a medalla será entregada a Eduardo Rubén Díaz García e Iván Lema Botana.

Na categoría de Ouro recibirán medallas distintintivas Emilio Sayans Bonachera, Daniel Vázquez Añón, José Antonio Alfeirán Regueira e Adrián Verdes Suárez.

Trátase duns distintivos que recoñecen o esforzó e compromiso dos voluntarios e do Concello de Malpica a prol da seguridade e a asistencia en urxencias. A Asociación Nacional Nacional de Agrupacións de Voluntarios Protección Civil (ANAV) concede estes galardóns como recoñecemento e agradecemento público polas accións, dedicación e apoio dos voluntarios, agrupacións, servizos, entidades e administracións públicas e privadas e empresas e corpos relativos á seguridade, emerxencias e a Defensa Nacional.