gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
10°
Martes 14°
Mércores 14°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. PRAIAS
  3. Area Maior

Area Maior

Praia de Area Maior

 

Area Maior é a praia principal da vila de Malpica. Enmarcada na zona urbana, é un espazo de lecer moi concorrido durante todo o verán á parte de estar sempre rodeada dun grande ambiente por atoparse a carón do paseo marítimo e preto de restaurantes e terrazas.

Ademais de malpicáns e visitantes que acoden a Area Maior a gozar dos días de calor, outros habituais son os surfistas atraídos polas súas boas ondas, sobre todo nos meses de inverno. De feito, Area Maior é un referente internacional para a práctica do surf. No verán son habituais os cursiños para nenos e principiantes.

A zona de area vese moi reducida cando hai marea alta, pero multiplica o seu encanto en baixamar. Recomendámosche dar un paseo ata o final da praia e chegar á zona de Canido, deleitándote con este anaco de litoral da Costa da Morte, sempre coa vista posta nas illas Sisargas.

Fóra da época de baño, este é tamén un espazo de ocio para a pesca con rapeta, caña, liña ao vareo ou postiña para o polbo e a barbada.

A praia de Area Maior conta con todos os servizos: salvamento, duchas, rampla de acceso para persoas con discapacidade funcional, e moitos outros ingredientes para pasar un completo día de ocio en Malpica.

  • Servizos: Socorrismo, duchas, fonte, rampla adaptada
  • Acceso: Autobús interurbano e coche pola estrada Carballo – Malpica (AC-414)