gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
10°
Martes 14°
Mércores 14°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. FESTAS
  3. Mostra da Olería

Mostra da Olería

Mostra da Olería

 
 

A Mostra da Olería de Buño é un evento que permite coñecer de preto un dos oficios con máis personalidade de Galicia, froito dunha tradición ancestral e unha sabedoría transmitida de xeración en xeración. Este ano celébrase do 4 ao 7 de agosto. Consulta o programa aquí.

Os visitantes atoparán un recinto onde se exhiben as últimas creacións artísticas dos oleiros da vila, con postos de venda e exposición, así como a presenza destes artesáns facendo demostracións en vivo no torno no que se lle da forma ao barro. Tamén se celebran obradoiros onde os visitantes poden converterse por uns intres en oleiros poñéndose mans á obra no torno dun destes profesionais.

Aínda que poida non parecer una festa propiamente dita, a Mostra da Olería conta cunha ampla programación de actividades lúdicas e culturais que aportan momentos de lecer que supoñen toda unha experiencia que non debes perder. Así, Buño ofrece roteiros guiados, actuacións folclóricas, eventos gastronómicos, concertos e todo tipo de demostracións relacionadas coa artesanía que dá forma ao barro das terras de Buño.

Non debes perder a oportunidade de visitar o Ecomuseo do Forno do Forte, para coñecer como era a vida dos oleiros nunha vivenda e un obradoiro orixinal, ou de presenciar a Cocedura Tradicional, onde se enfornan as pezas feitas a man nun forno artesán elaborado para a ocasión seguindo as pautas que marca a tradición.