gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 13°
Mércores 14°
10°
Xoves 15°
12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. FESTAS
  3. Festas do Mar

Festas do Mar

Festas do Mar

 
 
Ultimate Responsive Image Slider Plugin Powered By Weblizar

Unha vila mariñeira como a de Malpica de Bergantiños destaca pola súa devoción á Virxe do Carme. A xente do mar, as súas familias e, en xeral todo o municipio, celebran unha das festas con máis sona do verano en Bergantiños: as Festas do Mar. Trátase dunha celebración que atrae a milleiros de persoas que aproveitan os últimos días do mes de agosto para gozar dunha Malpica que acolle aos forasteiros cos brazos abertos e que comparte nas súas rúas a ledicia, a amizade, o encontro coa xente querida e un ambiente festivo intenso de día e de noite. As Festas do Mar destacan pola súa xuventude. É unha cita imprescindible na axenda festiva da mocidade galega, con música, marcha nocturna e moita diversión.

O domingo da festa ten lugar a procesión marítima. Un dos barcos da flota de Malpica ocúpase de levar a bordo a imaxe da Virxe do Carme, a patroa da xente do mar, e outra embarcación porta o pendón. Tras eles discorren en procesión todas as embarcacións da vila con centenares de romeiros e romeiras que, en ton festivo, gozan dunha xira náutica que, se o tempo o permite, chega incluso ás inmediacións das illas Sisargas.

As festas rematan esa noite cunha espectacular sesión de fogos de artificio. As cores en Area Maior mestúranse coa luz do faro das Sisargas e o anhelo de volver a Malpica nas seguintes Festas do Mar.