gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 13°
10°
Luns 13°
10°
Martes 13°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. A VILA
  3. PORTO

PORTO

PORTO

O porto de Malpica é un dos portos de pesca de baixura máis importantes de Galicia. É un porto vivo, tanto polo feito de contar con modernas infraestruturas que van resolvendo as novas necesidades, como por ser testemuña de importantes momentos históricos. Desde aquí escaparon represaliados do Franquismo cara á Francia. Algúns acabaron loitando na II Guerra Mundial e en campos de concentración, outros asentáronse na cidade peruana de Chimbote onde axudaron a construír o “primeiro porto pesqueiro do mundo”.

Atoparaste con dous peiraos: o norte e o sur. No Peirao Norte encontrarás as casetas dos profesionais do mar, a fábrica de xeo, o dique de abrigo e a lonxa. Nesta, a venda de peixe do día é de luns a venres ás 17:00 horas e ao acabar, sobre as sete, comeza a do percebe. Nela podes entrar, pero sen estorbar a vendedores, comercializadores e compradoras, coñecidas como “pescas”. No Peirao Sur teñen a súa sede as dúas asociacións de redeiras de Malpica: Mar da Illa e O Feital. Elas arman, reparan e confeccionan redes de cerco e artes menores para os barcos locais. A Asociación de Redeiras O Fieital organiza visitas guiadas, que podes concertar no correo redeirasdofieital@yahoo.es ou no teléfono 617 695 230.

Ultimate Responsive Image Slider Plugin Powered By Weblizar