gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 13°
Venres 16°
10°
Sábado 16°
14°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. A VILA
  3. PERSOEIROS MALPICÁNS

PERSOEIROS MALPICÁNS

PERSOEIROS MALPICÁNS

brigadier-varela-limia
  • Malpica de Bergantiños, 1796 – Madrid, 1853

    Manuel Varela Limia

    Foi un enxeñeiro militar que impulsou a primeira rede nacional de telegrafía óptica de España. Na rúa Emilio González atoparás a Horta de Don Pepito, propiedade dos descendentes deste brigadier.

  •  
    san-francisco-asis-horizontal
  • Seaia, 1738 – ?

    Pedro Cambón

    Na parroquia de Seaia naceu en 1738 o franciscano Pedro Cambón. Este misioneiro foi un dos cofundadores (1776) da Misión San Francisco de Asís, xermolo da cosmopolita cidade de San Francisco (Estados Unidos). Outro franciscano malpicán que chegou ao Novo Mundo foi Juan Riobó; quen predicou na Antiga e Nova California e foi capelán nunha exploración pola costa de Alaska.

  •  
    urbano-lugris
  • A Coruña, 1908 – Vigo, 1973

    Urbano Lugrís

    Urbano Lugrís foi un pintor surrealista que traballou diferentes técnicas: murais, serigrafía, colaxes, óleo… obras con claras referencias ao mundo mariño. Aínda que oriúndo da Coruña, Lugrís estableceu unha especial relación con Malpica, na que deixou unha pegada persoal e pictórica inesquecible. Na Casa do Pescador poderás ver unha ampla mostra da súa obra. Coñece máis sobre o artista facendo a ruta Tras os pasos de Lugrís.

  •  
    anselmo-villar-amigo
  • Malpica de Bergantiños, 1851 – Bos Aires, 1918

    Anselmo Villar Amigo

    Finalmente, non podemos esquecer a Anselmo Villar Amigo, malpicán que fixo fortuna en Bos Aires e que custeou obras tan importantes para o municipio como o varadoiro e o murallón da rampla do antigo porto, as escolas e a antiga praza de abastos (actual Concello).