gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
10°
Martes 14°
Mércores 14°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. A VILA
  3. CASA DO PESCADOR

CASA DO PESCADOR

CASA DO PESCADOR

Actual sede da Confraría de Pescadores de Malpica, o edificio da Casa do Pescador inaugurouse en 1956 e a súa decoración encargouse a Urbano Lugrís. As súas obras, que o pintor dedicou aos pescadores de Malpica, podes visitalas gratuitamente a diario de 9:00 a 14:30 horas. Pola tarde, está aberta a sala do 1º andar.

No primeiro andar, o actual Fogar dos Pensionistas, agárdante cinco murais que representan o imaxinario mariño. Cada un é unha fiestra a unha parte da tradición malpicá, coroada dunha dedicatoria aos pescadores.

Na segunda planta do edificio hai un reloxo de madeira gravado por Lugrís xunto ao que se atopan dous trípticos. Un mostra os santos locais San Xulián, a Virxe do Carmen e Santo Hadrián, e o outro aos santos mariñeiros San Telmo, Santa Exeria e San Brandán.

No bar O Pescador, situado no mesmo edificio, verás a rosa dos ventos que leva máis de medio século indicando aos mariñeiros os sopros favorables, ou non, para emprender as súas singraduras.

Foto antiga da Casa do Pescador

Unha das obras de Urbano Lugrís na Casa do Pescador

Ultimate Responsive Image Slider Plugin Powered By Weblizar