Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 12°
10°
Sábado 13°
Domingo 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE

ACTUALIDADE

15Abr 2016

O Concello convoca o proceso de selección de dous auxiliares de policía local

Convocatoria proceso de selección de dous auxiliares de policía local para o Concello de Malpica de Bergantiños durante a época estival.

Mediante resolución de alcaldía nº 141/2016 de data de 14 de abril de 2016 se procedeu á aprobación das Bases para a selección de dous Auxiliar da Policía Local, en réxime de contratación laboral temporal, que desenvolverá o seu traballo no Servizo da Policía Local de acordo coas necesidades do servizo.

Duración contrato: dous meses (tempada estival ano 2016)

O prazo de presentación de instancias: 10 días naturais contados dende o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Diario La Voz de Galicia, todo isto de conformidade co establecido no punto terceiro (presentación de instancias) das bases que rexen a convocatoria.

As bases da convocatoria atópanse nas oficinas xerais do concello de Malpica (teléfono: 981-720001).

O alcalde,

Eduardo José Parga Veiga

15Abr 2016

O Concello convoca o proceso para a contratación laboral temporal de seis socorristas

Convocatoria proceso para a contratación laboral temporal de seis socorristas para a unidade de socorrismo acuático que prestará o servizo de socorrismo en praias a realizar na praia Area Maior do Concello de Malpica de Bergantiños durante a época estival.

Mediante resolución de alcaldía nº 143/2016 de data de 14 de abril de 2016 se procedeu á aprobación das Bases contratación laboral temporal de seis socorristas para a unidade de socorrismo acuático que prestará o servizo de socorrismo en praias a realizar na praia Area Maior do Concello de Malpica de Bergantiños durante a época estival.

Duración contrato: dous meses e medio dende a formalización do contrato.

O prazo de presentación de instancias: 15 días naturais dende o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario de Bergantinos , conforme ao recollido no punto 4º das bases que rexen selección.

As bases da convocatoria atópanse nas oficinas xerais do concello de Malpica (teléfono: 981 720 001).

O alcalde,

Asdo. Eduardo José Parga Veiga

8Abr 2016

Malpica acollerá o día 15 de abril un obradoiro sobre “Manexo do estrés e a ansiedade” aberto a toda a cidadanía

As persoas interesadas poden inscribirse no Departamento de Servizos Sociais ata completar as 50 prazas dispoñibles

CARTEL XORNADA 15 ABRILO Concello de Malpica, en colaboración co Plan de Inclusión Social, organiza para o día 15 deste mes un obradoiro sobre “Manexo do estrés e a ansiedade”, que será impartido por unha docente do SERGAS e que está dirixido a pacientes, familiares e poboación en xeral. O obradoiro terá lugar no salón de actos do Centro Cívico, de 16.30 a 20.30 horas. Segundo informou a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Marisol Blanco Gorín, o aforo está limitado a 50 persoas, polo que as interesadas deben inscribirse no Departamento de Servizos Sociais ou chamando ao 981 720 280.

Os obxectivos do obradoiro son aprender a xestionar as emocións, conseguir un manexo axeitado do estrés e da ansiedade e lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/ou transición vital: xubilación, enfermidade, dolo, etc…

23Mar 2016

O Concello de Malpica súmase á convocatoria da FEMP e chama a gardar un minuto de silencio en repulsa dos atentandos de Bruxelas

O Concello de Malpica de Bergantiños fai un chamamento aos veciños e veciñas para que se concentren hoxe, mércores 23, ás 12.00h, ás portas do Concello de Malpica en sinal de condea e repulsa a estes actos de barbarie.

O Concello de Malpica únese á dor das víctimas, ás súas familias e aos cidadáns de Bruxelas e manifesta o seu máis contundente rexeitamento e condea dos feitos acontecidos. O Concello de Mapica de Bergantiños reafirmase no compromiso inquebrantable coa vida, a  paz, a liberdade e a dignidade de todos os seres humanos.

18Mar 2016

A corporación municipal de Malpica aprobou o Plan de Aforro e Investimento (PAI 2016) por 170.150,18 euros

O Concello investirá os fondos na mellora do alumeado de Barizo, Malpica, Mens e Vilanova, así como na marquesiña do Milladoiro

A corporación municipal de Malpica aprobou no pleno do xoves o Plan de Aforro e Investimento 2016 por un total de 170.150,18 euros. Todos os grupos, agás AIM, votaron a favor da proposta presentada polo goberno municipal. O Concello de Malpica destinará 46.409,77 euros á redución da débeda, e o resto, a infraestruturas. En concreto, cos fondos do PAI acometerase a segunda fase da marquesiña do Milladoiro, por 31.222,25 euros, e o proxecto de mellora do alumeado público de Barizo, Malpica, Mens e Vilanova, por 92.518,16 euros.

18Mar 2016

A Concellería de Servizos Sociais de Malpica organiza unha excursión a Salamanca para as persoas maiores

O prazo de inscrición está aberto ata o 15 de abril ou ata completar as 104 prazas dispoñibles           

A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Malpica organiza, como todos os anos, unha excursión para as persoas maiores. A viaxe levarase a cabo do 2 ao 6 de maio e nesta ocasión o destino será a provincia de Salamanca. Os participantes viaxarán acompañados polo alcalde, Eduardo Parga, e pola concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco.

O prazo de inscrición está aberto ata o 15 de abril ou ata completar as 104 prazas dispoñibles. O prezo da viaxe é de 240 euros por persoa, que inclúe pensión completa agás o almorzo do día de partida e a cea do día de chegada. Os participantes na viaxe deben incluír nas súas equipaxes traxe de baño, gorro e chanclas, xa que o programa inclúe unha sesión de spa.

A empresa Autocares Pedro Pombo encargarase do transporte. A saída farase dende Buño ás 07.00 horas. Os horarios de recollida polas distintas parroquias darase a coñecer nos días previos á viaxe. O programa inclúe visitas a Salamanca, Ciudad Rodrigo, Peña de Francia, Alberca, Béjar, Candelario, o parque natural das Batuecas, San Martín do Castañar e Mogarraz. Neste cartel tedes máis detalles.

18Mar 2016

O alcalde de Malpica asinou o contrato de mantemento do alumeado público coa empresa adxudicataria

A UTE formada por Ifedic Pereira SL e Tecnored SA encargarase do servizo durante dous anos, cun custo total de 133.184 euros

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, asinou hoxe o contrato de mantemento do alumeado público coa Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por Ifedic Pereira SL e Tecnored SA. O contrato ten unha duración de dous anos, prorrogables por un ano máis, e un prezo total de 133.184 euros.

Segundo consta no contrato, a UTE encargarase do servizo de conservación e mantemento do alumeado público no municipio de Malpica de Bergantiños, así como do subministro e instalación de arcos luminosos festivos e grupo electróxeno para festas.

 

17Mar 2016

A entrega dos títulos da concentración parcelaria de Cerqueda levarase a cabo antes do verán

As técnicas de Medio Rural desprazadas a Malpica para recoller a documentación dos titulares das parcelas atenderon a 400 persoas

PARCELARIA---DITO-1-web

Os titulares das parcelas resultantes do proceso de concentración parcelaria na parroquia de Cerqueda disporán dos seus títulos de propiedade antes do verán. Unha vez rematado o proceso de recompilación de documentación que se levou a cabo ao longo desta semana, o acto oficial de entrega dos títulos podería realizarse xa no mes de abril en Malpica.

Técnicas da Consellería de Medio Rural atenderon aos veciños e veciñas no Centro Cívico dende o luns ata hoxe, en horario de 10.00 a 13.30. Nestes catro días pasaron polo edificio case 400 persoas, a maioría en representación de varios titulares. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, que tamén acudiu hoxe para interesarse polo desenvolvemento do proceso, informou de que aquelas persoas que por calquera motivo non puideron desprazarse a Malpica esta semana poderán recoller igualmente o seu título de propiedade na Xefatura Territorial de Medio Rural, na Coruña, previa identificación co carné de identidade.

O proceso de concentración parcelaria na parroquia de Cerqueda iniciouse no ano 1992 e afectou a unha superficie de 793 hectáreas. Das 4.585 parcelas iniciais pasouse ás 1.849 actuais, que teñen unha superficie media de 3.700 metros cadrados. A Consellería de Medio Rural investiu preto de 1,8 millóns de euros para a asistencia técnica e as obras, que consistiron, por unha banda, na realización dos servizos técnicos para a investigación da propiedade, levantamentos topográficos e confección de planos parcelarios, clasificación de terras e acondicionamento de fincas e, por outra, no deseño e creación dunha rede axeitada de camiños principais e secundarios que permiten o acceso ás novas fincas e o tránsito de máquinas agrícolas.

A regulación e ordenamento do novo deseño das fincas permite acadar unha mellor capacidade de aproveitamento da terra e supón un mecanismo dinamizador para a economía local.

Página 93 de 149« Primera...102030...9192939495...100110120...Última »