O vindeiro 18 de marzo, ás 18.00 hora, o salón de actos do CAT (antigo Centro Comarcal) acollerá a presentación do proxecto dos novos traballos arqueolóxicos na Croa do Castro. No evento intervirá Antón Fernandez Malde, director científico da colección do Castro das Travesas e o alcalde de Malpica, Eduardo Parga. Unha actividade organizada pola concellería de Patrimonio do Concello de Malpica.
A fisioterapeuta Inés López Simón e María Bardanca profundizaron na importancia do deporte nas persoas que padecen cancro e persoas maiores
Unhas 70 persoas acudiron á conferencia sobre a importancia da actividade física nos nos maiores e nos enfermos de cancro celebrado hoxe na Confradía de Malpica. A concelleira de deportes, Noelia Freijerio, abriu o acto explicando, “a actividade de hoxe está directamente relacionada co programa anual “Malpica Actívate”. Sempre crin que o Concello ten que ir da man das asociacións locais para que as cousas saian ben. Por iso quero darlle as grazas á Confraría, ao Fogar dos Pensionistas, ás Amas de Casa de Malpica e sobre todo á Asociación Española Contra o Cancro, por acoller esta iniciativa que lle fixemos desde o Concello con moita ilusión. Tamén quero agradecer á Inés López, por prestase a axudarnos a levar a cabo a actividade, e por suposto, a nosa María Bardanca, técnica de deportes, por ser unha gran profesional.” Inés López, fisioterapeuta especializada en exercicio terapéutico oncolóxico, explicou os tipos e cancro, e cales son os deportes ou actividades físicas máis recomendadas en cada caso. A importancia que ten manterse activo e evitar o sedentarismo. María Bardanca, pola súa banda, licenciada en ciencias e actividade física e o deporte, explicou as actividades que se poden realizar en instalacións do Concello e tamén recalcou a importancia de facer sempre exercicio en medida das posibilidades de cada un. O alcalde, Eduardo Parga, agradeceu a asistencia a todas as persoas e entregoulle un agasallo da olería de buño ás poñentes.
É unha experiencia que poderás gozar de forma individual ou en familia, permitirá os/as asistentes coñecer e gozar da nosa cerámica de primeira man.A actividade será levada a cabo os días: 31 de Marzo, 1 de Abril e 2 de AbrilOs horarios serán: Mañás de: 11:00 a 13:30 Tardes de: 16:30 a 19:00Constará de dúas partes:1. Visita guiada polo museo da olaría de Buño, onde poderán coñecer como foron os inicios, desde as pezas feitas polos antigos mestres artesáns, ata as súas utilidades, tipo de decoración e materiais e ferramentas utilizadas para a súa elaboración. Nesta visita tamén poderán ver pezas actuais e as diferentes decoracións e materiais utilizados na actualidade.2. A actividade continuará cunha xornada de portas abertas no taller que alberga a Casa do Oleiro de Buño, onde poderán gozar dunha experiencia ao torno, elaboración dunha pezas mediante moldes ou ferros e a decoración da mesma, esta actividade será guiada en todo momento por monitores/as da Asociación Oleira de Buño. – Os/as participantes poderán escoller unha das pezas elaboradas por eles/as mesmos/as durante a devandita xornada para ser cocida no forno do taller, transcorrido o tempo necesario, ditas pezas poderán ser recollidas en Buño nos diferentes puntos a elixir polo seu dono, ou na súa falta se a distancia entre o/a participante e Buño é superior a de 60km, dita peza sería enviada á dirección proporcionada polo/a participante a condición de que sexa dentro do ámbito nacional.* Para poder formar parte de “Un paseo pola olería de Buño” hai que mandar un correo oleriadebunoasociacion@gmail.com cos seguintes datos:
Unha ampla comitiva desfilou polas rúas de Malpica ao son da Charanga NBA
As rúas de Malpica protagonizaron un fermoso entroido que contaxiaba ledicia e divertimento cuns entroideiros e entroideiras que amosaban os seus mellores disfraces durante o desfile amenizado pola Charanga NBA.
Despois do desfile tocou a quenda das piñatas onde os máis pequenos gozaron competindo por ser os mellores.
Estes foron os gañadores dos premios en vales para mercar nos establecementos do Concello de Malpica:
1° premio 200,00 € Os flamenquiños
2° premio 100,00 € Chupipandi
3° premio 50,00 € Parella de Unicornios
Todas/as as/os participantes de ata 12 anos recibiron un agasallo por participar.
Os gañadores do concurso de piñatas con premios en vales para mercar nos establecementos do Concello de Malpica foros os seguintes:
1° premio 100,00 € para “Faro Nariga” da AC Malante
2° premio 50,00 € para “Velúa” do Club Patín Velúa
O premio infantil foi para o grupo “Somos Pescas e Chonis”
A vindeira cita será mañá luns 20 de febreiro, coa festa infantil con inchables dene as 17.00 ás 20.00 horas no pavillón polideportivo do CEIP Joaquín Rodríguez Otero coa colaboración da ANPA Xaviña do centro escolar.
O vindeiro venres 10 de febreiro, ás 20.30 horas presentarase o novo libro de Paco de Tano “RUEIRO”. O evento levarase a cabo no Cornecho de Tano e conta coa colaboración da Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes do Concello de Malpica, que dirixe Noelia Freijeiro.
Dende o 11 de febreiro ata o 26 de febreiro haberá desfiles, festas infantiles, e varios entrerros
O Concello de Malpica presentou o cartel coa programación de “Entroido Malpica 2023”. Malpica afronta 10 días cheos de actividades en colaboración coas diversas asociación do Concello de Malpica farán as delicias de todos. Sen dúbida, Malpica xa é a capital do entroido por referencia na comarca.
Desglose do programa: O Concello de Malpica presenta o cartel do Entroido 2023 con actividades para todas as idades. Toma boa nota e non te perdas nada: 11 FEBREIRO En Malpica- Representación do espectáculo CUBO da compañía Elefante Elegante, ás 20.30, no Auditorio do Centro Cívico Xénero: Infantil | Público recomendado familiar a partir de 5 anos | Duración: 45 minutos 16 FEBREIRO | Xoves de entroido En Malpica Representación do espectáculo Entroidanzas da compañía Pesdelán. Espectáculo para alumnado do CEIP Milladoiro, ás 12.00, no Auditorio do Centro Cívico. Organizo: CEIP Milladoiro 17 FEBREIRO | Venres de entroido En Malpica – Pasarruas do CEIP Milladoiro, a partir das 11.00 Organiza: CEIP Milladoiro En Buño – Pasarrúas do CEIP Joaquín Rodríguez Otero, a partir das 11.00 Organiza CEIP JRO BUÑO
•Concurso de disfraces sobre rodas con animación infantil e merenda, das 18.00 as 20.30, no Pavillón Polideportivo de Malpica. Desfile ás 19.00 •Obrigado participar sobre rodas (calquera tipo de rodas) • Poderase participar en grupo ou individualmente • Premios para os mellores disfraces individuais e colectivos información e inscricións: no whatssap 630 367 783 Organiza: Club Patín Velúa e Concello de Malpica de Bergantiños. 18 FEBREIRO | Sábado de entroido En Cerqueda Festa infantil, das 11.00 as 13.30, no Centro Sociocultural das Pozacas. Organiza: AC Raigañas En Malpica a partir das 13.00 horas, sesión vermú con Judith Cundíns, cocido de entroido e percorrido musical con DJ Roy e DJ Grobas. Organiza: AC Malante e ACD Mallas de Area 19 FEBREIRO | Domingo de entroido En Malpica actuación da Charanga NBA polas rúas da vila, a partir das 17.00 horas desfile de disfraces infantil que percorrerá a vila saíndo do Centro Cívico de Malpica ás 17.00 e rematando na rúa Eduardo Vila Fano. Organiza: AC Malante (en caso de choiva trasladarase ao Pavillón Polideportivo de Malpica) • Encontro de comparsas e disfraces de entroido polas principais rúas da vila de Malpica a partir das 17.30horas. Premios para as mellores comparsas. Entrega de premios a partir das 19.00 horas na rúa Eduardo Vila Fano. (en caso de choiva trasladarase ao pavillón Polideportivo Municipal) Categorías: Xeral (a partir de 13 anos) “Premios en vales paro mercar nos establecementos do Concello de Malpica. 1° premio 200,00 € 2° premio 100,00 € 3° premio 50,00 € Infantil (de 0 a 12 anos) Todas/as as/os participantes recibirán un agasallo e haberá un premio para o disfrace gañador. Concurso de piñatas do entroido, na rúa Eduardo Vila Fano, a partir das 17.30. Entrega de premios ás 19.00 (en caso de choiva trasladarase ó Pavillón Polideportivo Municipal) Colaboran AC Malante e Club Patín Velúa Premios en vales para mercar nos establecementos do Concello de Malpica: 1° premio 100,00 € 2° premio 50,00 € 20 – 21 – 22 FEBREIRO
En Seaia Xornadas de Entroido, das 9.00 ás 14.00, na Casa da Cultura de Seaia. Para rapazada a partir de 4 anos. Inscricións: 657 919 272. Prezo: Socias/os 30,00€ | Non socias/os 40,00€ Organiza ACD Carcaxía 20 FEBREIRO | Luns de entroido En Buño Festa de disfraces infantil con inchables e merenda das 17.00 ás 20.00 no pavillón polideportivo do CEIP Joaquín Rodríguez Otero. Colabora: ANPA Xaviña do CEIP Joaquín Rodríguez Otero. 21 FEBREIRO | Martes de entroido En Malpica festa de disfraces infantil con inchables (rapazas/ces ata 14 anos), no Pavillón Polideportivo de Malpica das 17.00 ás 20.00 Colabora: ANPA Ventorrillo 25 FEBREIRO | Sábado de piñata En Buño Sesión vermú da Mikaela no campo da Festa das 13.00 ás 15.00 horas. Ás 16.00 saída da Mikaela de Canta la Rana percorrendo todos os bares e tabernas de Buño. A partir das 18.00, Misa Cantada por Lito da Panorama, no cruce de Xornes. Paradas na igrexa de Buño, no Empalme e remate no Campo da Festa coa queima da Mikaela e verbena con La Cuarentena e DJ’s. Organiza: Asociación de Amijos da Mikaela 26 FEBREIRO | Domingo de piñata En Cerqueda Percorrido dos Madamitos e Ghuardineros pola parroquia de Cerqueda, a partir das 15.30 horas. Organiza: AC Raigañas En Vilanova Festa de disfraces infantil e degustación de doces do Entroido, a partir das 16.30, no Centro Sociocultural de Beo. Colabora: AVCS O Brizo En Malpica Actuación da Charanga DGT polas rúas de Seaia e Malpica a partir das 16.30horas Enterro do Faustino, que sairá do Centro Cívico ás 17.30 horas para percorrer as rúas da vila ata o porto. Organiza: Redeiras Mar da illa En Seaia Enterro do Farruco, que sairá do Restaurante O Esqueiro a partir das 16.30 para percorrer os rúas da vila. Organiza ACD San Xulián
O alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, asinou o acto de replánteo de varias obras que se van a executar no Concello financiadas co remanente de tesourería. Mellorarase a capa de rodadura nos camiños no lugar LUG- Pedreiriña cun investimento de 32.500 euros. Tamén se realizarán obras na parroquia de Leiloio que consisten na mellora da pavimentación da Predrosa á A Trémoa e a ampliación do saneamento no Vilar, por un costo de 42.600 euros. O Camiño de Pernes será mellorado cunha capa de rodadura, por un importe de 43.600 euros. Tamén se mellorarán os camiños en Bicerrán, na parroquia de Cerqueda, cun investimento de 48.000 euros.Todas as obras, que ascenden a un importe total de 166.700 euros, foron asignadas a Dámaso Ferreiro e Hijos.
A Concellería de Igualdade do Concello de Malpica organiza un curso de “AUTO DEFENSA PARA MULLERES ANTE SITUACIÓNS VIOLENTAS”, que se desenvolverá os días 31 de xaneiro e 2 de febreiro, no Centro Cívico. Os especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado serán os encargados en impartilo.
O curso realizarase de entre ás 16:30 a 20:30 horas ambas xornadas. As persoas interesadas en realizar estas actividade poden inscribirse no departamento de Servizos Sociais ou chamando ao 981720280
O evento levarase a cabo do vindeiro 14 de xaneiro ás 19.30 horas
O Concello de Malpica conta con tres itinerarios dos camiños de Santiago desde os portos da comarca de Bergantiños: o que parte desde a propia vila de Malpica en dirección a Buño; o que parte de Caión confluíndo co anterior en Buño; e o que parte de Barizo confluíndo en Ponte Dona cos dous anteriores, continuando por Castriz e Carboeiro ata Portomouro e Santiago. Para por en valor o rico acervo histórico que representan estes camiños así como as súas potencialidades para a integración e desenvolvemento da economía municipal, a Concellería de Patrimonio que dirixe Noelia Freijeiro, organiza a presentación de “Os Camiños de Santiago no Concello de Malpica, que se levará a cabo o vindeiro sábado 14 de xaneiro, ás 19.30 horas no Centro Cívico de Malpica.
O Concello de Malpica segue a apostar pola cultura e prepara a presentación do libro “Misterios e encantos de Bergantiños” de Juan Félix Neira Pérez, que se levará a cabo do vindeiro 7 de xaneiro ás 19.00 horas, na igrexa de Santiago de Mens.
No acto intervirá o autor do libro, Juan Félix Neira Pérez; Ana María Romero Masiá, arqueóloga e investigadora; Eduardo J. Parga Veiga, alcalde de Malpica; Noelia Freijeiro, concelleira de Cultura, Patrimonio e Deportes e Xosé Manuel Varela, director da colección “Costa da Morte”.
A demais os asistentes poderán gozar da visita guiada polo interior da igrexa románica de Santiago de Mens.
Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario - Ocultar detalles
• Social media Facebook, Twitter e outras Redes Sociais precisan utilizar cookies para recoñecerte.
• Analytics Os datos recollidos polas cookies de Google Analytics son anónimos e só se usan para valorar a experiencia do usuario no nosa web.
• Anuncios Este sitio pode albergar publicidade propia, de afiliados, ou de redes publicitarias.
• Cookies propias Este sitio utiliza cookies propias para facilitar o acceso e mellorar a navegación e experiencia ao usuario Aviso Legal ACEPTOLeer más