Consulta o programa completo dende o 31 de xullo ata o 9 de agosto
A XXXII Mostra da Olería de Buño bota a andar este venres 31 coa presenza do conselleiro de Economía de Industria, Francisco Conde López; o presidente da Deputación Provincial da Coruña, Valentín González Formoso; a delegada provincial da Xunta, Belén do Campo; a xerente da Fundación da Artesanía, Elena Fabeiro; o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e outras autoridades locais e comarcais.
Comezan 10 días dedicados por enteiro á promoción da nosa olería, cun completo programa de actividades que detallamos de seguido.
ACTIVIDADES PERMANENTES XXXII MOSTRA DA OLERÍA
Parque Luciano García Alén: Casetas de venda
Todos os días de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h.
Ecomuseo do Forno do Forte, Forno Novo, s/n – Buño (Malpica)
Todos os días de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h.
- Exhibicións dun oleiro no torno, todos os días de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h.
- Obradoiro de barro para nenos, todos os días de 11.30 h. a 13.30 h. 17:30 h. a 20:30 h.
- Exposición dos/as Oleiros/as de Buño, todos os días de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h.
PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES PARALELAS XXXII MOSTRA DA OLERÍA
Venres 31 de xullo de 2015 (Parque Luciano García Alén)
17.30 h. Actuación das Cantareiras da A.C. Raigañas
18.00 h. Acto oficial de inauguración
18.30 h. Visita ás dependencias da Mostra da Olería
Sábado 1 de agosto de 2015: COCEDURA TRADICIONAL
COCEDURA TRADICIONAL no FORNO DO FORTE
11.00 h. Carga do forno (Ecomuseo Forno do Forte)
11.30 h. Roteiro fotográfico
16.00 h. Prendido do forno (Ecomuseo Forno do Forte)
17.30 h. Roteiro fotográfico
21.00 h. Festa da Carroa e actuación De Fol de Veneno (Ecomuseo Forno do Forte)
Tren Turístico MALPICA – A CROA- Buño (DÍA 1 AGOSTO)
As saídas de Malpica das 11.00 h. e as 18.00 h. incluirán unha visita guiada á Croa do Castro.
Mañá:
Saídas de Malpica 11.00 h. e 12.30 h. (Bar Panchito)
Saídas de Buño 12.00 h. e 13.30 h. (Parque Luciano García Alén)
Tarde:
Saídas de Malpica 18.00 h. e 19.30 h. (Bar Panchito)
Domingo 2 de agosto de 2015
11.00 h. Descarga do forno
19.30 h. Exhibición de música e danza tradicional da A. C. Carcaxía
Parque García Alén
Luns 3 de agosto de 2015
11.30 h. Roteiro fotográfico
17.30 h. Roteiro fotográfico
Martes 4 de agosto de 2015
O Día do Neno (Parque Luciano García Alén)
17.00 h. Xogos populares para nenos/as.
Mércores 5 de agosto de 2015
11.00 h. Visita da Ludoteca Infantil ó Ecomuseo ?Forno do Forte?.
11.30 h. Visita da Ludoteca Infantil á Mostra da Olería
11.30 h. Roteiro fotográfico
17.30 h. Roteiro fotográfico
Xoves 6 de agosto de 2015
17:30 h. Concurso de modelado en barro para nenos/as no Ecomuseo do Forno do Forte (con premios).
Venres, 7 de agosto de 2015 (Parque Luciano García Alén)
11.00 h. Mostra doutras artesanías: Exhibicións do Obradoiro Nebra de instrumentos musicais galegos. Lutier: José Piñeiro Pérez.
Sábado 8 de agosto de 2015
Gran Queimada Tradicional no Parque Luciano García Alén
23.30 h. Concerto: Surf&Sun e Miguel de la Rosa
Domingo 9 de agosto de 2015: Xornada de Clausura
Trofeo Mostra Olería de Futbol (Campo Fútbol de Xaviña – Buño)
Triangular Malpica S.C.D. – C.D.U.D. Cerqueda – Buño, S.D.
18:00 horas
19.00 h. Proxecto Barro – Espectáculo multidisciplinar (Poesía, teatro, música, fotografía, etc.): Rosalía Fernández Rial, Paco Souto, Peter Sheneider, Músicos: Carlos Barcia, Ismael, Fran Trashorras … (Os asistentes agasallarase cun DVD do espectáculo).
20.00 h. Acto de clausura da XXXII Mostra da Olería de Buño – Parque Luciano García Alén.