Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 12°
10°
Sábado 13°
Domingo 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas

Novas

12Set 2022

Amadeo Abal e Carolina Laurentiu, foron os gañadores da V Carreira Pedestre de Malpica

A V edición da Carreira Pedestre Concello de Malpica celebrada o sábado pola tarde tivo moi boa acollida. 158 persoas déronse cita en Malpica para participar nesta carreira que tamén é solidaria.

Todos os asistentes puideron gozar dun fermoso percorrido cun ambiente espectacular, acompañados polo bo tempo.

Eduardo Parga, alcalde de Malpica, e Noelia Freijeiro, concelleira de Deportes, entregaron un cheque, a Carmen Teresa Blanco, presidenta do Cancro de Malpica, cos fondos recadados da proba.

Aquí vos deixamos os resultados :

Sénior feminino

Carolina Laurentiu Granja

Carlota Pazos Suena

Banesa Atán Rodríguez

Sénior masculino

Amadeo Abal Chaves

Martín Regueira Rellán

Cristian Muiño Varela

Veteranos 40 feminino

Raquel Ramos Suárez

Olga Pose Chouciño

Veteranos 40 masculino

Carlos Eliseo Añón Cean

David Landeira Castro

Marcos Antonio Couto Costa

Veteranos 50 feminino

Lurdes Martínez Mosquera

María Inmaculada Cobo Martínez

Marina Rodríguez Caride

Veteranos 50 masculino

Benigno Pose Novo

Ramón Antonio Varela Míguez

Antonio Barreiro Cordeiro

Dende o Concello de Malpica queremos agradecer a colaboración do técnico de Deportes, Pablo, a todas as entidades colaboradoras, ós voluntarios, a Protección Civil, a Policia Local, ós traballadores do concello e tamén a todos os veciños e veciñas da nosa vila.

Lembrade que todos os que desexen participar no concurso de fotrografía, cas imaxes realizadas durante o evento, poden facelo ata o 16 de setembro.

Bases: https://www.concellomalpica.com/…/bases-do-1o…/…

Gracias a tod@s os participantes por asistir a esta fermosa proba, vémonos na vindeira edición.

12Set 2022

Gran éxito da primeira edición do BALEAFEST


O evento comezou onte ás 21.00 horas e prolongouse ven entrada a madrugada.

O rocanrol volveu a facer vibrar Malpica na primeira edición do Baleafest da man da Asociación Campal e a concellería de Festexos que dirixe Alfredo Cañizo.
A rúa Emilio González encheuse onte de numeroso público ávido de gozar do evento, que non deixou indiferente a ninguén. Os grupos Ambigüo e The Jokers animaron a noite, na que o tempo acompañou. Antes, actuou a asociación local de música tradicional Malante.

9Set 2022

Campaña de concienciación para reforzo da seguridade nas zonas costeiras de baño co ánimo de minimizar os riscos para a seguridade das persoas.

Rematou a tempada máis alta do verán pero hai que recordar que a costa ten unhas normas que se deben cumprir para garantizar a seguridade de todos e de todas.

Nas praias balizadas, está prohibido entrar cos barcos nos tramos marcados. E na canle de acceso das #embarcacións, estas deben de ir a unha velocidade máxima de 3 nós. Ademais, nesta zona está prohibido bañarse!
Nos areias sen balizar, as naves deben manterse a 200 metros da costa e cunha velocidade máxima de 3 nós.
Tamén deben saír entrar ou saír das praias en perpendicular á costa (90°), coa mesma velocidade antes indicada.
Noutras zonas de #costa, deben manterse a 50 metros, co mesmo ritmo sinalado.
Os 3 nós de máxima seguen sendo obrigatorios en zonas portuarias.
Lembra que nos #portos non te podes bañar nin tirarte dende os guindastres.

9Set 2022

Presentado en Malpica a I edición do BALEAFEST

O centro de Malpica acollerá o 10 de setembro este festival de música

O concelleiro de Turismo e tenente alcalde de Malpica, Alfredo Cañizo e a A.C. Campal presentaron esta mañá, xunto a estatua “Balea”, a primeira edición do BALEAFEST, un festival que nace en Malpica e que se vai celebrar mañá 10 de setembro.

O I BALEAFEST será gratuíto. A Asociación Cultural Malante abrirá a quenda de actuacións, ás 21.00h. Logo, actuarán Ambigüo, ás 22.00h e, finalmente,  The Jokers, ás 23.30h.No evento tamén colabora a Confraría de Pescadores de Malpica.

Desde A.C. Campal convidaron a todo o mundo a acudir ó evento e gozar da boa música.

2Set 2022

BANDO MUNICIPAL

BANDO MUNICIPAL

Á veciñanza, que segundo as analíticas realizadas confírmase a ausencia de trihalometanos e o cumprimento dos parámetros establecidos pola Consellería de Sanidade na agua de consumo da Rede Municipal, polo que é apta para o consumo humano na distribución que afecta ao depósito das Papeiras que dá servizo ás zonas seguintes:

Filgueira, Pasacondía, Aldeola, Os Barreiros, O Ceán Fonte dos Bois, Taraio, Piñeiros, Vilarnovo, Seixas, Santiso

1Set 2022

O Concello de Malpica acolle o taller de prevención de riscos laborais en tarefas de axuda a domicilio e atención á dependencia

As clases comezan a finais deste mes e rematan a mediados de outubro

O ISSGA da concellería de Malpica organiza o Taller de Prevención de Riscos Laborais en Tarefas a Domicilio e Atención á Dependencia. As clases Terán lugar no O Centro de Artesanía e Tradición de Buño os días 24 de setembro e 1,8 e 15 de outubro en horario de 10.00h a 14.00h.
Os interesados e interesadas xa poden inscribirse chamando ao 981 720 280. As prazas son limitadas e terán preferencia aquelas persoas que están en activo como auxiliar a domicilio e tamén a xente do concello. O prazo para apuntarse remata o vindeiro 15 de setembro.

1Set 2022

O Concello de Malpica oferta un obradoiro para aprender a manexar dispositivos dixitais

As clases impartiranse no mes de outubro tanto en Buño como en Malpica

O uso das novas tecnoloxías está a orde do día e por iso o Concello de Malpica organiza un obradoiro para que todo o mundo poida gozar das vantaxes que nos ofrecen os dispositivos dixitais (móbiles, ordenadores, tabletas…) como facer xestións administrativas en liña ou navegar pola rede.

O taller terá lugar os días 13, 18, 20, 25 e 27 de outubro e vaise impartir en dúas quendas: a primeira será de 9.30h a 11.15h na aula de música do Centro Cívico de Malpica e a segunda, de 11.30h a 13.15h en Buño, na aula de informática na Casa do Oleiro.

Os interesados e interesadas nesta actividade poden reservar praza no departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 720 280. As prazas serán adxudicadas por orde de inscrición.

1Set 2022

O Obradoiro de Risoterapia chega este mes a Malpica

É de balde e terá lugar no Auditorio do Centro Cívico en horario de tarde

A concellería de Asuntos Sociais do Concello de Malpica organiza un Obradoiro de Risoterapia para axudarlle á cidadanía a xestionar a dor, o estrés e os sentimentos negativos a través da risa e o humor.
As clases son gratuítas e serán os días 13, 15, 20 e 22 de setembro no Auditorio do Centro Cívico de Malpica en horario de tarde (De 18.00h a 20.15h).
Os interesados en participar nesta iniciativa, na que se farán xogos e exercicios de risa, entre outras actividades, xa poden reservar a súa praza acudindo ao departamento de Servizos Sociais de Malpica ou chamando ao teléfono 981 720 280. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición.

31Ago 2022

O Concello de Malpica organiza “Gran Paellada Popular”

A Concellaría de Igualdade de Malpica prepara para este sábado, día 3 de setembro, unha gran paella popular de balde.
Será a partir das 13.00 horas no pavillón do CEIP Xoaquín Rodríguez Otero de Buño e contará con música en directo coas actuacións da Charanga de Carmiña e o DJ Frank Stone.
É unha cita a favor da igualdade, a unidade veciñal e en contra da violencia de xénero.
As bebidas non estarán incluídas e haberá servizo de catering a parte, baixo previo pago, para as persoas que non queiran paella.
A empresa encargada da comida será Integra, de Carballo, un centro ocupacional de emprego que lles dá unha oportunidade de traballo á xente con minusvalía.
Os e as interesados/as poden anotarse no teléfono 981 72 02 80 ata o venres ás 13.00. As prazas son limitadas.

.

Página 18 de 149« Primera...10...1617181920...304050...Última »