Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 16°
12°
Martes 15°
11°
Mércores 15°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas

Novas

14Out 2024

Malpica celebra o 91 aniversario das Misións Pedagóxicas cunha programación especial

O Concello de Malpica de Bergantiños conmemorará o 91 aniversario das Misións Pedagóxicas, un proxecto cultural e educativo que levou o teatro, a música e o coñecemento por toda España. No ano 1933, Malpica foi testemuña dun deses espectáculos, coa estrea do Retablo de fantoches, unha das primeiras representacións de monicreques organizadas no marco das misións, grazas ao traballo de José Val del Omar, Ramón Naya, Fernández Mazas, Miguel Prieteo e Urbano Lugrís xunto con Rafael Dieste.

Con este motivo, o concello organiza unha serie de actos que se desenvolverán entre o 16 e o 30 de outubro, entre os que destaca unha mostra fotográfica no Fondo Lugrís do Centro Cívico de Malpica. A exposición leva por título As Misións Pedagóxicas en Malpica e estará dispoñible para o público durante dúas semanas.

A data máis sinalada será o 20 de outubro coa celebración dunha tarde especial de actividades na Praza Anselmo Villar Amigo. Ás 17:00 horas, comezará o espectáculo de monicreques Coa música a outra parte, a cargo da compañía Trécola Producións. A obra, cunha duración de 60 minutos, está recomendada para maiores de 6 anos e conta con música en directo.

Ás 18:00 horas, terá lugar o tradicional magosto popular, onde os asistentes poderán degustar castañas asadas, acompañadas dunha chocolatada, mentres gozan da música do grupo Tren da Unha.

En caso de mal tempo, as actividades trasladaranse ao Auditorio do Centro Cívico.

A iniciativa, que conta co apoio da Deputación da Coruña a través da súa Rede Cultural 2024, busca manter viva a memoria deste importante episodio da historia cultural do país.

14Out 2024

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores visitará Malpica de Bergantiños o 23 de outubro

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores estará dispoñible en Malpica de Bergantiños o vindeiro 23 de outubro de 2024 para facilitar aos veciños a revisión obrigatoria dos seus ciclomotores. A localización da unidade será no Campo da Festa.

Os horarios de atención serán os seguintes:

  • Mañá: de 9:00 a 13:30
  • Tarde: de 15:15 a 18:00

Para realizar a inspección, é imprescindible solicitar cita previa, que pode ser xestionada chamando ao 981 92 80 80 ou a través da páxina web oficial: www.sycitv.com.

29Set 2024

Éxito de participación e solidariedade na VII Carreira Pedestre Concello de Malpica

O pasado domingo celebrouse a sétima edición da Carreira Pedestre Concello de Malpica, que comezou cun emotivo xesto solidario. Os 258 corredores inscritos contribuíron cun euro por persoa, recadando fondos para a Asociación Española contra o Cancro (AECC). O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o tenente de alcalde, Miguel Ángel Mirás Fernández, fixeron entrega dun cheque a Carmen Teresa, representante da xunta local da AECC, quen agradeceu o apoio da comunidade.

A competición deu comezo despois deste acto solidario, desenvolvéndose nun clima favorable, aínda que marcado por algunhas pingas de choiva.

Na proba 10k, Antón Gómez López, do Club Atletismo Santiago, destacou como o gran vencedor ao cruzar a meta en 35 minutos e 9 segundos, acadando o mellor tempo da xornada. Na categoría feminina, Olalla Saborido impúxose cun tempo de 45 minutos e 28 segundos. Tamén houbo triunfos locais, con David Pérez Pose e Melania Benavente como os mellores malpicáns na distancia de 10K.

Na categoría de 2K, os gañadores foron Javier Paradela Martico e Olga Pose Chouciño.

A entrega de premios estivo a cargo do alcalde Eduardo Parga e do tenente de alcalde Miguel Ángel Mirás Fernández, que felicitaron aos gañadores e gañadoras polo seu esforzo e rendemento.

Podes consultar os resultados na seguinte ligazón: Champion Chip Norte (ccnorte.com)

18Set 2024

A Concellería de Servizos Sociais organiza a II Xuntanza de Maiores en Seaia

O Concello de Malpica vén de anunciar a celebración da segunda edición da Xuntanza de Maiores, un evento que terá lugar o vindeiro 12 de outubro no Campo da Festa de Seaia. A cita está organizada pola Concellería de Servizos Sociais e contará cunha comida acompañada da música en directo do Trío Rosel, que será o encargado de amenizar a xornada.

O prazo para inscribirse no evento estará aberto entre o 23 de setembro e o 4 de outubro, ou ata completar aforo. Os veciños e veciñas interesados poderán anotarse a partir das 9.00 horas no Centro Cívico ou chamar ao número de teléfono 981 720 280.

13Set 2024

Malpica aposta polo envellecemento activo co novo Taller de Memoria 2024/2025

O Concello de Malpica de Bergantiños, a través da Concellería de Servizos Sociais e coa colaboración da Deputación da Coruña, puxo en marcha unha nova edición do Taller de Memoria para o curso 2024/2025, unha iniciativa que busca mellorar o exercicio cognitivo e a calidade de vida da veciñanza.

As sesións desenvolveranse en dúas localizacións:

  • En Malpica, os luns, en horario de 10.30 a 12.00 horas, a partir do 14 de outubro na Aula de Lecer do Centro Cívico.
  • En Buño, os venres, de 10.30 a 12.00 horas, comezando o 18 de outubro, no CAT (antigo Centro Comarcal).

O prazo de inscrición estará aberto entre o 16 e o 30 de setembro. As persoas interesadas poderán formalizar a súa participación acudindo ao Departamento de Servizos Sociais ou chamando ao teléfono 981 720 280.

O Taller de Memoria é unha das apostas do Concello de Malpica para fomentar o envellecemento activo a través de actividades que axudan a manter a mente activa e previr o deterioro cognitivo.

13Set 2024

O Concello de Malpica abre o prazo de inscrición para o Taller de Manualidades o 16 de setembro

O Concello de Malpica de Bergantiños, a través da Concellería de Servizos Sociais e en colaboración coa Deputación da Coruña, vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición para o Taller de Manualidades 2024/2025, que se impartirá tanto en Malpica como en Buño. Esta iniciativa está dirixida a fomentar a creatividade e o desenvolvemento persoal da veciñanza de Malpica a través de actividades manuais, favorecendo así espazos de aprendizaxe e socialización.

As sesións terán lugar os martes e xoves a partir do 1 de outubro e desenvolveranse en dous puntos do municipio:

  • En Buño, o taller celebrarase na Casa do Oleiro en horario de 15:45 a 17:45 horas.
  • En Malpica, as sesións serán na Aula de Lecer do Centro Cívico, de 18:00 a 20:00 horas.

O prazo de inscrición estará aberto do 16 ao 30 de setembro. As persoas interesadas poderán formalizar a súa participación acudindo ao Departamento de Servizos Sociais do Concello ou chamando ao teléfono 981 720 280.

Para poder levar a cabo a actividade, será preciso contar cun mínimo de oito participantes por grupo.

12Set 2024

Nova entrega de composteiros para o compostaxe doméstico no Concello de Malpica

O Concello de Malpica, a través da súa Concellería de Medioambiente, pon en marcha unha nova entrega de composteiros para fomentar o compostaxe doméstico entre os veciños. A partir de mañá, todas aquelas persoas interesadas poderán apuntarse chamando ao número de teléfono 981 720 318, ata esgotar existencias.
O Concello de Malpica continúa apostando pola reciclaxe e anima a todos os cidadáns de Malpica, que o desexen, a unirse a esta campaña.
Ademais, ao entregar os composteiros explicarase o seu uso correcto, co obxectivo de facilitar a correcta xestión dos residuos orgánicos e contribuír ao coidado do medio ambiente.

11Set 2024

O Concello de Malpica presenta as actividades das Escolas Deportivas do curso 2024/2025

Esta mañá,  Noelia Freijeiro, concelleria de Cultura e Deportes do Concello de Malpica presentou as actividades das Escolas Deportivas para o curso 2024/2025 tanto para nenos coma para adultos.

Actividades Deportivas no Pavillón Municipal:

Patinaxe: Grupo I: Xoves de 18:15 a 19:10 (nenos/as nados entre 2016 e 2019). Grupo II: Xoves de 19:15 a 20:10 (nenos/as nados entre 2010 e 2015).

Ximnasia Rítmica: Mércores de 16:00 a 16:55 (nenos/as nados entre 2013 e 2019).

Voleibol: Martes e venres de 17:00 a 17:55 (nenos/as nados entre 2008 e 2012).

Atletismo: Martes de 16:00 a 16:55 e venres de 18:00 a 18:55 (nenos/as nados entre 2012 e 2018).

Multideporte: Venres de 16:00 a 16:55 (nenos/as nados entre 2013 e 2019).

Judo: Grupo I: Xoves de 16:15 a 17:10 (nenos/as nados entre 2018 e 2021). Grupo II: Xoves de 17:15 a 18:10 (nenos/as nados entre 2013 e 2017).

Actividades Deportivas no CEIP Joaquín Rodríguez Otero:

Patinaxe: Xoves de 17:00 a 17:55 (nenos/as nados entre 2013 e 2019).

Para os adultos, as Escolas Deportivas contan cunha ampla oferta que inclúe ximnasia terapéutica, ioga, pilates e zumba, con prezos mensuais de 10,85 euros. Estas actividades buscan promover o benestar físico e mental, e terán lugar no Pavillón de Malpica e na Casa do Oleiro de Buño.

Escolas Deportivas para Adultos/as do curso 2024/2025, a partir do 1 de outubro. 

Estas actividades están deseñadas para promover o benestar físico e mental da poboación adulta, ofrecendo opcións para maiores de 16 e 18 anos en disciplinas que abranguen desde ximnasia terapéutica ata ioga e zumba.

Actividades Deportivas: 

Ximnasia Terapéutica (+50 anos, 10,85 €/mes) 

– Buño (Casa do Oleiro): Martes e xoves de 10.30 a 11.15 horas 

– Malpica (Pavillón): Martes e xoves de 11.30 a 12.15 horas 

Ioga (+18 anos, 10,85 €/mes) 

– Buño (Casa do Oleiro): Mércores de 11.30 a 12.30 horas 

– Malpica (Centro Cívico): Luns de 11.30 a 12.30 horas 

Pilates (+18 anos, 10,85 €/mes) 

– Buño (Casa do Oleiro): Martes e xoves de 18.10 a 19.05 horas 

– Malpica (Centro Cívico): 

  – Grupo I: Martes e xoves de 19.20 a 20.15 horas 

  – Grupo II: Martes e xoves de 20.20 a 21.15 horas 

Zumba (+16 anos, 10,85 €/mes) 

– Buño (Casa do Oleiro): Luns e mércores de 18.15 a 19.10 horas 

– Malpica (Centro Cívico): Luns e mércores de 19.30 a 20.25 horas 

Información e inscricións: 

Departamento de Deportes: 

– Teléfono: 981720001 

– Horario: 9:00 a 14:00, a partir do 23 de setembro 

Normas de participación: 

O número de participantes en cada escola será determinado polo protocolo específico. No caso de non chegar ao mínimo establecido, as actividades poderán ser suspendidas. 

11Set 2024

A Concellería de Cultura de Malpica presenta as Escolas Culturais para o curso 2024/2025

A Concellería de Cultura do Concello de Malpica vén de lanzar a súa nova programación de Escolas Culturais para o curso 2024/2025, co obxectivo de ofrecer unha ampla gama de actividades formativas e lúdicas para nenos, mozos e adultos. Estas actividades buscan fomentar o desenvolvemento artístico, tecnolóxico e cultural da veciñanza, con opcións para todas as idades e intereses. A programación desenvolverase ao longo do curso ata maio de 2025, agás o Campamento Dixital, que se prolongará durante dous meses.

Duración das actividades

As actividades das Escolas Culturais prolongaranse ata a última semana de maio de 2025, cunha media de 4 horas por semana. No caso do Campamento Dixital, o total de horas lectivas será de 30, repartidas en 4 horas semanais durante uns dous meses.

Prazos de inscrición

  • Inicio das inscricións: 12 de setembro de 2024.
  • Remate: O prazo pecharase o xoves anterior ao inicio de cada actividade, agás o Campamento Dixital, cuxa inscrición se pechará 15 días antes do seu comezo.

Información e inscricións

  • Oficinas Xerais:
  • Teléfono: 981720001
  • Horario: 9:00 a 14:00.
  • Departamento de Educación e Cultura:
  • Teléfono: 981707104
  • Horario: 10:30 a 13:00.

Nota importante: Todas as actividades contarán cun máximo de 15 prazas e un mínimo de 10 por grupo, agás o Obradoiro de Coiro, que terá un máximo de 10 prazas e un mínimo de 8.

Actividades ofertadas

1. Obradoiro de Arte (12 €/mes)

  • Malpica (Centro Cívico): Inicio o 1 de outubro.
  • Grupo I (3 a 6 anos): Martes de 16:00 a 17:00.
  • Grupo II (7 a 12 anos): Martes de 17:00 a 18:00.
  • Grupo III (+13 anos): Martes de 18:00 a 19:00. Inicio o 14 de xaneiro.
  • Buño (CEIP J.R.O.): Inicio o 7 de outubro.
  • Grupo IV (3 a 6 anos): Luns de 16:00 a 17:00.
  • Grupo V (7 a 12 anos): Luns de 17:00 a 18:00.

2. Animación Teatral (15 €/mes)

  • Malpica (Centro Cívico): Inicio o 3 de outubro para os grupos I e II.
  • Grupo I (4 a 8 anos): Xoves de 17:30 a 18:30.
  • Grupo II (9 a 12 anos): Xoves de 18:30 a 19:30.
  • Grupo III (+13 anos): Xoves de 19:30 a 20:30. Inicio o 9 de xaneiro.
  • Buño (CEIP J.R.O.): Inicio o 3 de outubro.
  • Grupo IV (6 a 12 anos): Xoves de 16:00 a 17:00.

3. Robótica (15 €/mes)

  • Malpica (Centro Cívico): Inicio o 2 de outubro.
  • Grupo I (4 a 12 anos): Mércores de 18:00 a 19:00.
  • Buño (CEIP J.R.O.): Inicio o 2 de outubro.
  • Grupo II (4 a 12 anos): Mércores de 16:30 a 17:30.

4. Obradoiro de Barro

  • Casa do Oleiro (Buño):
  • Grupo I Modelado (6 a 12 anos): Mércores de 16:00 a 17:00. Inicio o 8 de xaneiro (12 €/mes).
  • Grupo II Torno e Modelado (Adultos e maiores de 12 anos): Sábados de 10:00 a 11:30. Inicio o 11 de xaneiro (15 €/mes).

5. Obradoiro de Coiro

  • Casa da Cultura de Seaia:
  • Grupo I Iniciación (+18 anos): Xoves de 16:30 a 18:00. Inicio o 9 de xaneiro (15 €/mes).
  • Grupo II Avanzado (+18 anos): Xoves de 18:00 a 20:00. Inicio o 3 de outubro (18 €/mes).

6. Campamento Dixital (de balde)

  • Aula de Informática da Casa do Oleiro (Buño): Inicio o 16 de xaneiro.
  • Grupo I (9 a 13 anos): Xoves e venres de 16:00 a 18:00.
  • Grupo II (15 a 17 anos): Xoves e venres de 18:00 a 20:00.

Neste campamento abordaranse temas coma a busca de información de valor, creación de contidos dixitais, contrasinais seguras, protección de datos e hábitos saudables no uso de internet, entre outros.