Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 19°
16°
Luns 18°
15°
Martes 19°
15°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Malpica Nun Mar de Letras volve con múltiples eventos

30Abr 2024

Malpica Nun Mar de Letras volve con múltiples eventos

A Concellería de Cultura presentou unha extensa programación para o período do 3 ao 31 de maio baixo o título “Malpica Nun Mar de Letras”. A continuación, detallamos as actividades planificadas:

Do venres 3 de maio ás 19.00 levarase a cabo a presentación da Exposición Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872). Facer no século da Fundación Juana de Vega – Espazo Expositivo do Centro Cívico.

O sábado 4 de maio ás 18.00 Presentación dos resultados do xeorradar e novos traballos na Croa do Castro co arqueólogo Antón Fernández Malde – Salón de Actos do CAT (Buño).

O luns 6 de maio ás 11.00 Representación escolar para o alumnado de primaria do espectáculo Lingoreteira de Xarope Tulú – Auditorio do Centro Cívico.

Do martes 7 ao venres 31 de maio: Exposición Luisa Villalta – Biblioteca Municipal Eduardo Blanco Amor, no Centro Cívico de Malpica.

O venres 10 de maio ás 18.00 Recital Poético con Emma Pedreira. Colabora: Biblioteca Manuel María do IES Urbano Lugrís – Biblioteca Municial Eduardo Blanco Amor, no Centro Cívico de Malpica.

O sábado, 11 de maio ás 19.00 Presentación da obra gañadora do XVIII Certame de Poesía Erótica “Illas Sisargas”: Masaxe con argán mal pronunciada de Clara Vidal López. Organiza A.C. Caldeirón – 1º andar da Casa do Pescador.

O mércores 14 de maio ás 11.30 Presentación do libro As crebas da memoria de Olga Rodríguez – CEIP Joaquín Rodríguez Otero.

Os venres 16, 30 de maio e 13 de xuño: Das 11.30 ás 12.30 Visita teatralizada ao Ecomuseo do Forno do Forte. Das 12.30 ás 13.00 Charla-coloquio con actrices/actores da treatralización e o persoal técnico do Ecomuseo do Forno do Forte.

O sábado 17 de maio: A partir das 20.30 II Ruada nun mar de letras. Actuacións de A.C.D. Carcaxía, A.C. Raigañas e Xisco Feijóo: Traede Ferrallada. No Parque Luciano García Alén. Colabora: Asociación de Veciños Socio-cultural O Quinteiro de Buño.

Habera cantina con servizo de comida. En caso de mal tempo trasladarase a ruada ao Salón de Actos do CAT.

O domingo 18 de maio ás 17.30 Representación do espectáculo Moby Dick de Pedras de Cartón – Área Recreativa de Río de Vaa. Ás 18.30 h Ruta guiada polos muíños do Río de Vaa.

O mércores 21 de maio ás 11.00 Presentación do libro As crebas da memoria de Olga Rodríguez – IES Urbano Lugrís.

O sábado 24 de maio ás 19.00 Presentación do livro Médicos e medicina rural na Costa da Morte” de Braulio Pérez Astray – Salón de actos da Confraría de Pescadores de Malpica.

O domingo 25 de maio ás 18.00 Presentación do libro Os peidos máxicos de Sultán de Marta Villar – Biblioteca Eduardo Blanco Amor, no Centro Cívico de Malpica. Haberá zurullos para todas/os e sortearanse exemplares entre os asistentes.

O venres 31 de maio ás 12.00 Presentación das bases e convocatoria do XIX Certame de Poesía Erótica “Illas Sisargas”. Organiza A.C. Caldeirón. O acto será no salón de Plenos do Concello de Malpica.

O sábado 1 de xuño: I Foro do Mar. Presentación de Corpos no Mar de Héctor Pose. Mesa redonda relacionada co mar e as súas xentes. Organiza: ACD Mallas de Area e Cofradía de Pescadores de Malpica.