Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 18°
14°
Martes 21°
14°
Mércores 20°
17°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas

Novas

19Feb 2023

Malpica vibrou ao ritmo do entroido

Unha ampla comitiva desfilou polas rúas de Malpica ao son da Charanga NBA

As rúas de Malpica protagonizaron un fermoso entroido que contaxiaba ledicia e divertimento cuns entroideiros e entroideiras que amosaban os seus mellores disfraces durante o desfile amenizado  pola Charanga NBA.

Despois do desfile tocou a quenda das piñatas onde os máis pequenos gozaron competindo por ser os mellores.

Estes foron os gañadores dos  premios en vales para mercar nos establecementos do Concello de Malpica:

1° premio 200,00 €  Os flamenquiños

2° premio 100,00 €  Chupipandi

3° premio 50,00 €    Parella de Unicornios

Todas/as as/os participantes de ata 12 anos recibiron un agasallo por participar.

Os gañadores do concurso de piñatas con premios  en vales para mercar nos establecementos do Concello de Malpica foros os seguintes:

1° premio 100,00 € para “Faro Nariga” da AC Malante

2° premio 50,00 € para “Velúa” do Club Patín Velúa

O premio infantil foi para o grupo “Somos Pescas e Chonis”

A vindeira cita será mañá luns 20 de febreiro, coa festa infantil con inchables dene as 17.00 ás 20.00 horas no pavillón polideportivo do CEIP Joaquín Rodríguez Otero coa colaboración da ANPA Xaviña do centro escolar.

5Feb 2023

Malpica converterase na capital do entroido con dez días de actividades


Dende o 11 de febreiro ata o 26 de febreiro haberá desfiles, festas infantiles, e varios entrerros


O Concello de Malpica presentou o cartel coa programación de “Entroido
Malpica 2023”. Malpica afronta 10 días cheos de actividades en colaboración coas diversas
asociación do Concello de Malpica farán as delicias de todos. Sen dúbida,
Malpica xa é a capital do entroido por referencia na comarca.

Desglose do programa:
O Concello de Malpica presenta o cartel do Entroido 2023 con actividades
para todas as idades.
Toma boa nota e non te perdas nada:
11 FEBREIRO
En Malpica- Representación do espectáculo CUBO da compañía Elefante
Elegante, ás 20.30, no Auditorio do Centro Cívico
Xénero: Infantil | Público recomendado familiar a partir de 5 anos |
Duración: 45 minutos
16 FEBREIRO | Xoves de entroido
En Malpica Representación do espectáculo Entroidanzas da compañía
Pesdelán.
Espectáculo para alumnado do CEIP Milladoiro, ás 12.00, no Auditorio do
Centro Cívico.
Organizo: CEIP Milladoiro
17 FEBREIRO | Venres de entroido
En Malpica – Pasarruas do CEIP Milladoiro, a partir das 11.00 Organiza:
CEIP Milladoiro
En Buño – Pasarrúas do CEIP Joaquín Rodríguez Otero, a partir das 11.00
Organiza CEIP JRO BUÑO

•Concurso de disfraces sobre rodas con animación infantil e merenda, das
18.00 as 20.30, no Pavillón Polideportivo de Malpica. Desfile ás 19.00
•Obrigado participar sobre rodas (calquera tipo de rodas)
• Poderase participar en grupo ou individualmente
• Premios para os mellores disfraces individuais e colectivos
información e inscricións: no whatssap 630 367 783
Organiza: Club Patín Velúa e Concello de Malpica de Bergantiños.
18 FEBREIRO | Sábado de entroido
En Cerqueda Festa infantil, das 11.00 as 13.30, no Centro Sociocultural das
Pozacas.
Organiza: AC Raigañas
En Malpica a partir das 13.00 horas, sesión vermú con Judith Cundíns,
cocido de entroido e percorrido musical con DJ Roy e DJ Grobas.
Organiza: AC Malante e ACD Mallas de Area
 19 FEBREIRO | Domingo de entroido
En Malpica actuación da Charanga NBA polas rúas da vila, a partir das
17.00 horas desfile de disfraces infantil que percorrerá a vila saíndo do
Centro Cívico de Malpica ás 17.00 e rematando na rúa Eduardo Vila Fano.
Organiza: AC Malante
(en caso de choiva trasladarase ao Pavillón Polideportivo de Malpica)
• Encontro de comparsas e disfraces de entroido polas principais rúas da
vila de Malpica a partir das 17.30horas.
Premios para as mellores comparsas.
Entrega de premios a partir das 19.00 horas na rúa Eduardo Vila Fano.
(en caso de choiva trasladarase ao pavillón Polideportivo Municipal)
Categorías:
Xeral (a partir de 13 anos)
“Premios en vales paro mercar nos establecementos do Concello de
Malpica.
1° premio 200,00 €
2° premio 100,00 €
3° premio 50,00 €
Infantil (de 0 a 12 anos)
Todas/as as/os participantes recibirán un agasallo e haberá un premio para
o disfrace gañador.
Concurso de piñatas do entroido, na rúa Eduardo Vila Fano,
a partir das 17.30. Entrega de premios ás 19.00 (en caso de choiva
trasladarase ó Pavillón Polideportivo Municipal)
Colaboran AC Malante e Club Patín Velúa
Premios en vales para mercar nos establecementos do Concello de Malpica:
1° premio 100,00 €
2° premio 50,00 €
20 – 21 – 22 FEBREIRO

En Seaia Xornadas de Entroido, das 9.00 ás 14.00, na Casa da Cultura de
Seaia.
Para rapazada a partir de 4 anos. Inscricións: 657 919 272.
Prezo: Socias/os 30,00€ | Non socias/os 40,00€
Organiza ACD Carcaxía
20 FEBREIRO | Luns de entroido
En Buño Festa de disfraces infantil con inchables e merenda das 17.00 ás
20.00 no pavillón polideportivo do CEIP Joaquín Rodríguez Otero.
Colabora: ANPA Xaviña do CEIP Joaquín Rodríguez Otero.
21 FEBREIRO | Martes de entroido
En Malpica festa de disfraces infantil con inchables (rapazas/ces ata 14
anos), no Pavillón Polideportivo de Malpica das 17.00 ás 20.00
Colabora: ANPA Ventorrillo
25 FEBREIRO | Sábado de piñata
En Buño Sesión vermú da Mikaela no campo da Festa das 13.00 ás 15.00
horas.
Ás 16.00 saída da Mikaela de Canta la Rana percorrendo todos os bares e
tabernas de Buño.
A partir das 18.00, Misa Cantada por Lito da Panorama, no cruce de
Xornes. Paradas na igrexa de Buño, no Empalme e remate no Campo da
Festa coa queima da Mikaela e verbena con La Cuarentena e DJ’s.
Organiza: Asociación de Amijos da Mikaela
26 FEBREIRO | Domingo de piñata
En Cerqueda Percorrido dos Madamitos e Ghuardineros pola parroquia de
Cerqueda, a partir das 15.30 horas.
Organiza: AC Raigañas
En Vilanova Festa de disfraces infantil e degustación de doces do Entroido,
a partir das 16.30, no Centro Sociocultural de Beo.
Colabora: AVCS O Brizo
En Malpica Actuación da Charanga DGT polas rúas de Seaia e Malpica a
partir das 16.30horas Enterro do Faustino, que sairá do Centro Cívico ás
17.30 horas para percorrer as rúas da vila ata o porto.
Organiza: Redeiras Mar da illa
En Seaia Enterro do Farruco, que sairá do Restaurante O Esqueiro a partir
das 16.30 para percorrer os rúas da vila.
Organiza ACD San Xulián

5Feb 2023

O Concello de Malpica inicia melloras en diversas parroquias da vila

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, asinou o acto de replánteo de varias obras que se van a executar no Concello financiadas co remanente de tesourería. Mellorarase a capa de rodadura nos camiños no lugar LUG- Pedreiriña cun investimento de 32.500 euros. Tamén se realizarán obras na parroquia de Leiloio que consisten na mellora da pavimentación da Predrosa á A Trémoa e a ampliación do saneamento no Vilar, por un costo de 42.600 euros. O Camiño de Pernes será mellorado cunha capa de rodadura, por un importe de 43.600 euros. Tamén se mellorarán os camiños en Bicerrán, na parroquia de Cerqueda, cun investimento de 48.000 euros.Todas as obras, que ascenden a un importe total de 166.700 euros, foron asignadas a Dámaso Ferreiro e Hijos.

13Xan 2023

O Centro Cívico de Malpica acollerá un curso de autodefensa para mulleres en situacións violentas

A Concellería de Igualdade do Concello de Malpica organiza un curso de “AUTO DEFENSA PARA MULLERES ANTE SITUACIÓNS VIOLENTAS”, que se desenvolverá os días 31 de xaneiro e 2 de febreiro, no Centro Cívico. Os especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado serán os encargados en impartilo.

O curso realizarase de entre ás 16:30 a 20:30 horas ambas xornadas. As persoas interesadas en realizar estas actividade poden inscribirse no departamento de Servizos Sociais ou chamando ao 981720280

9Xan 2023

O Centro Cívico de Malpica acollerá a presentación de Os Camiños de Santiago no Concello de Malpica.

O evento levarase a cabo do vindeiro 14 de xaneiro ás 19.30 horas

O Concello de Malpica conta con tres itinerarios dos camiños de Santiago desde os portos da comarca de Bergantiños: o que parte desde a propia vila de Malpica en dirección a Buño; o que parte de Caión confluíndo co anterior en Buño; e o que parte de Barizo confluíndo en Ponte Dona cos dous anteriores, continuando por Castriz e Carboeiro ata Portomouro e Santiago. Para por en valor o rico acervo histórico que representan estes camiños así como as súas potencialidades para a integración e desenvolvemento da economía municipal, a Concellería de Patrimonio que dirixe Noelia Freijeiro, organiza a presentación de “Os Camiños de Santiago no Concello de Malpica, que se levará a cabo o vindeiro sábado 14 de xaneiro, ás 19.30 horas no Centro Cívico de Malpica.

3Xan 2023

A igrexa de Santiago de Mens acollerá a presentación do libro “Misterios e encantos de Bergantiños”

O Concello de Malpica segue a apostar pola cultura e prepara a presentación do libro “Misterios e encantos de Bergantiños” de Juan Félix Neira Pérez, que se levará a cabo do vindeiro 7 de xaneiro ás 19.00 horas, na igrexa de Santiago de Mens.

No acto intervirá o autor do libro, Juan Félix Neira Pérez; Ana María Romero Masiá, arqueóloga e investigadora; Eduardo J. Parga Veiga, alcalde de Malpica; Noelia Freijeiro, concelleira de Cultura, Patrimonio e Deportes e Xosé Manuel Varela, director da colección “Costa da Morte”.

A demais os asistentes poderán gozar da visita guiada polo interior da igrexa románica de Santiago de Mens.

3Xan 2023

Inaugurada a exposición das imaxes gañadoras do “I Certame RIMARTES de FotoSub en Pecios”

A mostra poderase visitar no Centro Cívico de Malpica ata o vindeiro 15

de xaneiro

A exposición “I Certame RIMARTES de FotoSub en Pecios” xa se pode
visitar logo de que esta tarde quedase inaugurada.
No acto estivo presente o Alcalde Malpica, Eduardo Parga Veiga, Noelia
Freijeiro, concelleira de Cultura, Miguel Ángel Fernández, concelleiro de
Obras e o promotor da exposición Pedro Tasende. Eduardo Parga
agradeceu a xentileza do autor “por achegarnos esta exposición que é
unha das múltiples actividades que se veñen desenvolvendo dende o
proxecto Rimartes co obxecto de promover o turismo sostible e poñer
en valor o enorme patrimonio subacuático da Costa Galega dende
Bergondo ata a Ría de Muros-Noia”.
A exposición, conformada por 20 obras, son unha selección de imaxes
que nos lembran o vínculo dos naufraxios con enclaves naturais,
construcións civís, áncoras ou faros; unha exposición que pon en valor o
enorme patrimonio subacuático da nosa costa e que se poderá ver ata o
15 de xaneiro.

29Dec 2022

O Concello de Malpica renova o convenio de xestión do Ecomuseo Forno do Forte


Hoxe 29 de decembro celebrouse na Deputación da Coruña a sinatura da renovación do convenio de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Malpica para a xestión integral do Ecomuseo Forno do Forte en Buño cuxa vixencia entrará en vigor dende o 1 de xaneiro do 2023 ata o 31 de marzo do 2024 por un importe de 70.000€
O convenio foi asinado polo alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o deputado Patrimonio Provincial e Equipamento, Xosé Luís Penas.

Página 3 de 13912345...102030...Última »