A bandeira azul volverá ondear na praia de Area Maior, en Malpica de Bergantiños
O areal recupera este galardón, que é concedido pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) e recoñece a súa calidade ambientalA bandeira azul volverá ondear este ano na praia de Area Maior, en Malpica de Bergantiños. O distintivo é concedido pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) e recoñece a calidade ambiental deste areal, que recupera a súa posición entre os areais galegos galardoados.Entre os criterios establecidos pola entidade están a calidade da auga, a seguridade e accesibilidade, a dotación de servizos e a xestión ambiental e de sustentabilidade.
O alcalde, Eduardo Parga, subliñou que é “todo un orgullo ver como a bandeira azul volve ondear nesta praia, xa que é un distintivo moi importante que pon en valor a calidade do areal e un gran atractivo turístico”.Ademais, o rexedor destacou “o traballo realizado ao longo de todo o ano para recuperar este distintivo e volver estar entre os galardoados pola ADEAC”.
Cabe destacar o traballo realizado durante todo o ano pola Concellería de Medioambiente que dirixe Roi Rodrígo Mato. Por último, Parga convidou “a todos e todas a gozar das nosas praias, que son dunha beleza única e excepcional”.